17 DE MAIO 2017 – CRÓNICA DUNHA GRAN DESFEITA

17 DE MAIO 2017 –  CRÓNICA DUNHA GRAN DESFEITA

 

Paseo polas rúas da miña vila, auto-pensándome, tropezándome con placas que portan os nomes e apelidos de escritores casteláns, de fama, que ningún veciño coñece, ninguén escudriñou nas entrañas das súas obras literarias – xa totalmente esquecidas – (para a maioría). E saúdanme descoñecidos, que creen coñecerme, e asinto coa cabeza, con aceno sorrinte, amablemente, coma sempre. ¿E qué ninguén ollou algún poema meu? Dígovo-lo eu…. ninguén. Porque a profesión de escritor que é en si u nha forma de ser e de política vital, pero (por desgraza) xa só é un hobbie, unha paixón peculiar, un entretemento, pouco máis. E cando traducimos as nosas loucuras escritas a idiomas estranxeiros, si, castelán incluido, ocorre ese excelso sentimento encontrado, o recoñecimento, a admiración, ou o premio e/ou o éxito. Encontrado, encontrado si, encontrado porque causa en nós fonda tristeza, a tristura amarga de atopar admiración lonxe porque non xorde, para nada, preto da casa. E rodeados de tanta xente… sentímonos sós. Na soidade silandeira dos rumoros piñeiros ou coma aquel cisne na ribeira cantándolle coas letras a patos que non tiñan escolas. E no medio e medio desta desfeita xigante, que alguén chama País, nós, os poetas vivos, festexámo-lo día das letras galegas, asi, escribindo tonterias que a nadie lle importa. E os concellos, fundacións e outras entidades contratan paiasos, actores e músicos para festexar outro día sen nós. As letras sen os escritores vivos. E exiliados na nosa propia terra, os poetas, os eternos descoñecidos “facedores” de novas palabras xuntámo-nos nun bar, de cando en cando, para recitar o que nos sobra e, para percatar-nos, de novo, do que en verdade somos. Si, témo-la necesidade vital de “des-parrulizar-nos” e, por eso se nos da por argallar esas xuntanzas de cisnes, as que asisten os catro lectores da vila e os dous despistados que apareceron aquel día polo local con cara de estar presenciando un avistamento ovni. E na mesma semana das letras galegas paralízase o planeta porque esta xogando o Real Madrid ao balompé. E as pequenas esmolas do alto mando para os actos culturais do 17 de maio ata se gastan en contratar a orquestra Capitol e a dous fulanos barbudos que tocan unha guitarra. E os alcóholicos irrecuperables da cantina do lado páganlle os viños ao concelleiro de turno, que non sacou o certificado de estudos primarios, por motivos que non veñen o caso, e apuran as arrancadeiras interminables discutindo de cousas sen lóxica. Sen lóxica, coma case todo o que acontece por aqui… normalmente.

E no medio e medio desta desfeita xigante, que alguén chama País, nós, os poetas vivos, festexámo-lo día das letras galegas, asi, escribindo tonterias que a nadie lle importa.

 

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto

Profesión : poeta galego

 

 

Enlace de interese:

http://www.diariodeferrol.com/opinion/blanca-vilela/poden-convivir-mortos-cos-vivos/20170513223216189520.html

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario

UN JABALÍ DEBULLA, EL SOLO, UNA LEIRA DE MAIZ EN CANDUAS

A noticia do século prodúcese o xoves 27 de Abril pola repercusión mediática que supuxo o chiste, pésimo e maléfico, de Wyoming, no seu programa da sexta, meténdose con “LA VOZ DE GALICIA” por poñer esa noticia do porco bravo paseándose, todo pancho, pola cidade de Ourense.

Mala chispa o coma !!!

 

E que estes pseudo-xornalistas da sexta igual pensan verdadeiramente que están facendo ben o seu traballo… pero engánanse por completo. A prensa ademáis de entreter e de informar, (cada un a su manera), tamén deben seguir unha liña editorial e darlle ao seu público exactamente o que eles queren. E a xente quere: Tonechos, José Mota, Belén Estebán, Sálvame Deluxe, Gran Hermano, Master Cheff e, sobre todo, queremos saber todo sobre Porki. Si, si, somos cuzos, cotillas, morremos de ganas por saber de onde viña e a onde se dirixía ese marrano en cuestión. A sellar a primitiva non foi, eso seguro, pero para nós é imprescindible para estar o tanto nas conversas da rúa este mes e poder participar da história de moda de estes días, polo cual, queremos seguir informados, al detalle, das aventuras noctámbulas do porco máis famoso deste século… O PORCO PORKI. E esas noticias de Wyoming sobre fiscales amigos de non sei quén, corruptos, paraisos fiscais, …, etc, etc, etc, ….. pero que lle importará a xente todo eso ??? Nada, absolutamente nada. Se hai eleccións este domingo empatan outra vez. Porque a xente vai votar en automático. A xente vai sempre o mesmo bar ainda que nunca che poñan un pincho, ainda que o dono lle chame borrachín, ainda que te expulsen dous millóns de veces (por cansino), ainda que te mulan a paus….. volves, volves, volves o mesmo tuburio de sempre,… porque a xente é de costumes fixas en automático. E como por aqui, o que máis e o que menos, dun xeito ou doutro, somos fans do xabari club. Si, si, si, siiii !!!!!! O que diga que planta patatas, millo ou chícharos para comelos él ou a súa familia…. mínteche descaradamente. Plantamos para que veña o porco bravo e a familia do porco e os seus parientes lejanos e nos deixen a horta retrobada e fresada. E xa temos de que falar e de que queixarnos efusivamente na taberna inmunda na que paramos tódolos días da vida (pase o que pase). Polo tanto a resposta axeitada a esta crítica do famoso bufón da tele debería ser un titular de portada para o noso emblema nacional, o porco bravo.

O noso benquerido porco PORKI e as súas aventuras pola cidade de Ourense !!!!

 

 

Redacta: Óscar de Souto

 

 

Laxe, 27/04/2017

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario

TERRITORIO HOSTÍL

Senlleiras sectas de subscriptores suntuosos sementan poemarios que galardonan os xurados dese mesmo clube que o ensalzan con loubanzas fastuosas para que algún lector despistado merque un caderniño de prosa partida, de título suxerente, máis, meu pobre, na páxina dous xa un esta demasiado farto de poemas xeroglíficos en galego normativo, sen alma nin mensaxe, porque por ser… nin poesía é.

 Esta desafección aguda que sufre en silencio a nosa lingüa vella ten moitos culpables e cecáis, demasiados enemigos, por iso, os bos e xenerosos temos que facer horas extra, tódolos día do ano, para explicarlles as altas copas que neste territorio hostíl vai ser a nosa voz unánime a que pregoe, sen máis botóns que play e pause, para que ese apartheid ortográfico e moral estoupe igual que o volcán Cracatoa. E agardo, eso si, que ninguén me compare con Kumta Kinte por erguerme ceibe e sen dono, re-afirmando o que Teresa Moure, Mario Valeiro, e outros moitos escritores galegos, escribiron en plan artigo ou en plan manifesto, máis sei que son maioría os que o pensan e só o confirman en petit comité e en voz baixiña. Pero xa os tempos son chegados para que estas guerras entre as tribus deixen de conxurarse contra compañeiras por ser mulleres, contra aquel por ser lusista, contra estoutros por ter algo redactado en castelán, contra todo aquel que non sexa do clube dos que discriminan utilizando calquera desculpa para contaxiar coa súa leismaniosis mental a calquer miñaxoia que queira apuntarse na súa pequena tribu ou facerse subscriptor dalgún clube de poetas en paro para editar copliñas para que che veña o sono ou haikus con malaria, ou as dichosas prosas cansinas en galego celga dezanove. E ogallá vexan os meus ollos algún día, se a vida mo permite, que todo amigo da lectura, dos idiomas, da Terra, do Pobo e da poesía limpa e ceibe, que nos xuntemos para a foto sen que a ninguén lle entre cagalera ese día.

 

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto

aprendiz de varias cousas e experto en nada

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

OS FAMOSOS ESCRITORES ANÓNIMOS

OS FAMOSOS ESCRITORES ANÓNIMOS

                          Actores, directores, editores, músicos e, tamén escritores, ademáis de toda raza de famosos varios, descoñecidos para moitos de nós, visitan a nosa terra cada verán (e sen ser polo verán tamén) eso é algo que todos temos asumido pois é vox pòpuli que purrulan de cote pola nosa zona; máis descoñecemos a eses pintores de palabras con segundas residencias entre nós procurando inspiracións de fin de semana, ó longo de todo o ano, neste verxel de paz e calma, entre mar e area, asediados de verdescentes vales con ese millón e medio de carreiros enredândoo todo.

E falarei de Claudia, apelidareina Castro, por exemplo, para que ninguén coñeza a verdadeira identidade da protagonista desta historia, ainda que dándolle nome e apelido real tampouco saberiâdes de quén se trata. Claudia debulla adagios para viaxes silentes cecáis inspirándose nalgunha vila mariñeira desta costeira pondaliana onde os literatos galegos e nacionais poden pasear pola rúa sen que ningún lector lle espete: – Hola Claudia, encantoume o teu último libro !!!. Nones, nin de coña pasará tal cousa, porque por estes lares a lectura é algo ferinte que sucedeu no colexio, causa de cefalea profunda e pánico atemorizante, enfermidade que deixaron no pasado e ninguén se plantexa retomar… polo menos nesta vida. Si, queridos lectores, o que lle acontece a Claudia é algo moi fermoso e ademáis digno dunha novela desas que tanto se venden e ninguén chega a rematar endexamáis. Gran historia, real ou ficticia, a desta veciña, sen padrón, que nos saúda cun sorriso afable ollando incrédula como se detivo o tempo neste fin da terra onde amosar un libro aberto e pronunciar a palabra LEE pode causar amago de infarto ou algunha contestación amplia (que sería viral se a colgarâmos en youtube). Camuflada, Claudia, ingresará corais en psiquiátricos e seguirá exercendo a súa condición de existente*, pero, eso si, de forma anónima, por suposto. Festa, encherolas, teatro e gaita, moita gaita. Só triunfa a foliada poque a ignorancia supina aniñou na beira do mar.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

aprendiz de grumete na goleta da escrita

Laxe, 4 de marzo de 2017

*estes dous pequenos versos son de Claudia Castro

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A NOSA SANGUE CELESTE

En tempos de Sir William Wallace aconteceu que o derradeiro Rei Gaélico Sir Robert de Bruce consegue unificar as nacións celtas das illas británicas cunha carta de invocación á Raza Celta que cumpliría lexítimamente as profecías do famoso mago Merlín.

Merlín, aquel druída alquimista que, influenciado cecáis polas súas pócimas alucinóxenas, (ou a saber que fumaría), advertirá da futura chegada dun gran monarca que unificaría as tribus gaélicas baixo un gran único exército. E asi foi, no ano 1375 os seis mil soldados escoceses e irlandeses seguindo ó Rei Robert de Bruce derrotaron heróicamente os doce mil soldados do Imperio Anglo-normando de Eduardo I (“o cabroncete”). Mais a pesares de vencer naquela sanguenta contenda, o certo é que, foron os ingleses os que se impuxeron finalmente como caudillos daquelas terras do norte que colonizaron os celtas castrexos da marca Breogán, posiblemente, dende a Costa Ártrabra do Prior ferrolán. Coma sempre o mito e a realidade dánse a man grazas a ciencia moderna que, mediante probas de ADN, confirman que a expansión dos celtas en Europa foi de Sur a Norte e ademáis por mar, pois partiu inicialmente dalgún punto da costeira noroeste da galia dos Kallaicoi, e dicir, dende o noroeste de Galicia chegaron a Inglaterra e despois a Francia Bretona. Unha costa a nosa que hoxe en día está uns doce kilómetros terra adentro grazas a acción do mar e dos ventos (erosión) e a constante subida do nivel mariño. Mais ollando ó Norte dende as Illas Sisargas (Malpica) ainda se pode divisar, hoxe en día, unha terra ó outro lado do mar, en días claros, si, a terra que ollou Ith (o fillo de Breogán) era, por suposto, con total exactitude o Prior ferrolán. Mais dende as correntes da Costa Ártrabra poideron aproveitar o fluxo cántabro para acadar o paraiso dos celtas que estivo sempre alén do mar, asi o contan as lendas e asi o confirman os científicos, arqueólogos e antropólogos modernos. As Illas británicas que outrora foron dominio de bárbaros, elfos, xigantes, monstruos e tamén dos nosos benqueridos parentes, os celtas, que forxaron unha cultura e unhas tradicións que seguen ainda vivas tanto en Irlanda, Escocia como tamén na costa da Bretaña francesa, o segundo finisterrae da vella Europa. Ademáis das cores azul e verde, a gaita, os follados e as crepes, feiras, rapas e curros, cruceiros e meigas, berros secos e pandereitas, pero tamén exportamos a nosa tradición milenaria de atracar hortas e saquear cuadras para aumentar o número de bestas para pagar dotes as máis fermosas mozas da volta. E xa sen o noso idioma común, o gaélico, seguimos con somellanzas na música e nas tradicións, unidos forever por lazos de sangue das nacións do mar, atlántes arios celtas, que practicamos, ainda hoxe, as nosas particulares guerras de guerrillas e seguimos divididos en pequenas tribus agardando sempre por ese gran caudillo máxico que unifique a raza máis dividida da historia da humanidade para que un día a bretaña dos galos, a berganta galaica e a gran bretaña dos galeses sexamos aquela única “b” que roubaba bestas para mercar belezas e aquela única G de Galia deses galos que sempre procuramos paraísos alén do mar.

 

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

 

 

Vila de Laxe, 14 de febreiro de 2017
Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario

O FEUDALISMO TALIBÁN NA POESÍA GALEGA

O arredismo nacionalista autóctono de nova creación tomou por asalto o eido da poesía copiando dos métodos máis repugnantes da ultradeireita máis despreciable para vetar e amolar a compañeiros, non só por motivos lingüísticos (lusofonía e castelán), senón que tamén entre os galegos “non confesos” nesa nova relixión mafiosa.

Unha forma de pensar e de actuar (propia da camorra siciliana) de afastamento premeditado e boicot a aqueles autores apolíticos e/ou accesibles que deciden ir por libre en recitais, congresos, publicacións, grupos e actos. Este ataque a cultura galega non é algo recente pois xa se practica dende fai décadas e algúns compañeiros do verso xa me latricaban sobre as zancadillas que de cote xurdían neste duro camiño da escrita. E nesta espesa separación tribal é o idioma galego, a literatura, a cultura e a idiosincrasia galaica os grandes prexudicados nesta loita pola exclusividade nos xornais, premios, actos e escolmas. Unha loita pola fama que tamén é unha loita polas esmolas míseras que se reparten os boitres do caché e dos premios amañados. Pero a diversidade literaria emerxe polos seus canles naturais como unha xigantesta fervenza de voces e de nomes imposibles de calar. E co inimigo aqui, na nosa propia casa, e coas camisolas da misma cor celeste, nós seguiremos tercamente recitándolle ao noso pobo en tódalas lingüas que poidan entender conscientes de que nin sequera a morte pode calar a un poeta. E xa sen premios na maleta emigraremos o mundo dos aplausos de verdade coa esperanza chea de versos e a nosa Patria de emigrantes e viaxeiros sempre preto dos nosos pensamentos que, de cote, soñan con ser ceibes nesta Europa das liberdades onde aniñou o espiritu das censuras máis modernas que nunca ninguén imaxinou que puxese ovos. Pero venceremos, porque preponderarán as palabras, elas son as que sempre vencen. Porque elas son eternas.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

aprendiz de poeta
Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

DISECCINANDO BATALLÓNS

DISECCINANDO  BATALLÓNS

Batallón: (de batalla) s. m. Unidade táctica de infantería que reúne distintas compañías.

Amparados baixo este singular e poético adxetivo xorde aquel famoso “batallón literario da Costa da Morte” que tivo o seu apoxeo na década pasada e repentinamente apagouse sen máis explicación.

É noite nos corazóns da xente nesta Costa da Vida que segue tremendo de pánico a esto da lectura, grave enfermidade sen vacina. Debendo exceptuar algún caso anecdótico deses eruditos que pasean cun libro tochísimo deses wetseller, en catelán mal traducido, cun título conocidísimo ainda que somella ningún valente chegou ata o desenlace final de tan adictiva prosa novelesca. Que chulería, eu leo, xa vou pola metade, eso si…. non me interrogues sobre os persoaxes ou sobre o contido do libro porque entón píllasme nun renuncio. E na rúa escoito a cotío castrapismos que os lareteiros de tódalas idades dominan con gran gallardía avivando este incendio magnánime dos prexuízos diglósicos que renuncian o galego pretendendo un ascenso social que perseguirán toda a súa vida, eso si, cun marcado acento de orixen e un consumado vocabulario hibrido indicador das amplias lecturas do elemento en cuestión. Máis é o dominio correcto dos dous idiomas o que fai resucitar os dous hemisferios cerebrais e permite chegar a poliglotía como verdadeira chave do noso ascenso persoal sempre entre lectura e lectura, sexa en portugués, galego-galego, castelán ou calquer`outro idioma similar. Pero mentras todas estas traxedias acontecen por toda Galicia, os poetas e poetisas da Terra, seguen divididos en múltiples grupos e grupúsculos ideolóxicos sexa por política ou por motivos varios. A resurrección da nosa idiosincrasia parece imposible que poida atopar unión nos nosos tempos. Un batallón ademáis de estar formado por varias compañías debería estar organizadas e ser abundosas en tropas e, para iso, precisan de xenerais, e eso si que escasea. Mais o que si abunda son eses filólogos militantes dalgún partido político con enchufe trifásico e premio con publicación e medalla ao valor incluida. Ao valor de presentarse e gañar cunha prosa cansina, ou verso partido, que só descifran os catedráticos con celga 17 que tiveron o placer de darlles ese premio para que fecunden as librarías galegas como decoración nesas vitrinas ateigadas de revistas do corazón, xornais monotemáticos, libros gordísimos (que tanto se venden) ainda que ninguén os leeu…., etc, etc… E dicir, resumindo, a cousa vai de putísima madre.

Ánimo rapaces !!!

 

Redacta: Óscar de Souto

aprendiz de poeta
Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario

CARNET POR PUNTOS NO MAR

  29/01/2017  
   
   
   
   
 
CARNET POR PUNTOS NO MAR

 

 Ainda que algúns patróns e armadores non están dacordo coas novas medidas europeas para o control do sector pesqueiro, a algúns galegos, parécennos medidas insuficientes totalmente

Que a piratería capitalista de saqueo e arrase está esterminando o mundo do mar é unha realidade máis que evidente, e moito mais naquelas rexións de Europa onde as normas están para ser incumplidas, onde non se respetan coutas, vedas, tallas mínimas, etc, etc… pois só importa vender fóra da lonxa e a factura con B de Bárcenas e carto fresco para o peto, e asi, claro, asi imos fatal.  
     
     
     
     
     
     
   

Óscar de Souto

                            Os descartes, ese gran dilema sen aperente solución, só é a punta do iceberg dunha política pesqueira (a española) desastrosamente torticera onde os grandes armadores fanse de ouro coas súas grandes flotas de arrastre e mentras a flota do cerco sae a pescar todo canto caia na rede para poder levar un cacho de pan a mesa. E xa non falemos da ausencia total de zonas protexidas no noso litoral para que nun futuro moi próximo exista algo que pescar, medidas urxentes que (por suposto) ninguén levará a cabo porque os mariñeiros xa son case todos africanos e filipinos (que me gustaría saber en que condicións viven e en que condicións faenan) e a gran flota pesqueira xa foi despedazada hai xa uns cuantos anos; ademáis os dirixentes españois miran só polos seus intereses. E dicir, a ninguén parece importarlle o máis mínimo o que pase na nosa costeira. O que si que podemos admitir e que os outros paises europeos toman todo tipo de medidas para que os seus litorales teñan recursos suficientes. Francia é un exemplo de unión da súa flota pesqueira e un exemplo tamén de cómo se deberían facer as cousas; os pescadores deportivos teñen que marcar as súas capturas inmediatamente o que impide que rematen no plato dalgún restaurante, existen zonas protexidas onde ningún aparello pode estar na auga, o turismo da pesca deportiva tamén ten un gran peso na economía local dos pobos da costa (especialmente na Finisterre bretona), respetanse tallas e cuotas polo ben dos bancos pesqueiros e pola gran eficacia das inspeccións cotiás que fan o seu labor axeitadamente. E namentres aqui seguimos rasgándonos as vestimentas polas sancións e polo famoso carnet por puntos para os piratas irrecuperables, e aqui seguimos con botaduras de novos barcos e seguimos ollando nasas ilegais e redes de malla fina e pulpo a tres euros o kilo fóra da lonxa (bebés de pulpo) e, claro, todo con b de bárcenas, por suposto. O que está claro e que este País bananero cheo de saqueadores do mar non precisará un brexit para sair da C. E. E. porque se os europeos son algo espabilados o que deberían facer e expulsarnos definitivamente desta sociedade de nacións por piratas e por trapalleiros. O mar xa  non é de todos, o mar xa fai algún anos que é de catro armadores que soñan con ser os máis ricos do cemiterio. Sen medidas e sen goberno… non agardedes a que esto acabe ben.

 

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

O NEANDERTAL GALEGO

Os últimos achádegos na cova de Eirós confirman a presenza dos homo neandertal en Galicia como derradeiro bastión da Europa atlántica onde este xigantesco monstruo ainda hoxe forma parte da nosa tradición oral onde os “cocóns” e os “homes do saco” causan verdadeiro terror aos meniños galaicos dez milenios despois da presunta desaparición desta lenda real, que é, o neanderthal galego.

 

Ante a fascinante proliferación de acéfalos tucerinos e túzaros irrecuperables un pode chegar a poñer en dúbida se este xigante cabezudo verdadeiramente se extinguiu ou se ainda camiña pola rúas das nosas vilas masticando un palillo e xogando o tute no bar tódolos domingos. ¿Será certo que o neanderthal desapareceu ou ainda queda algún purrulando por aqui? A ciencia moderna debería facerse eco deste artigo e urxe facer probas de ADN os homo acéfalo tucerino tabernícola galaicus que ainda malvive nos nosos eidos a día de hoxe. Posiblemente a hibridación teña diferentes porcentaxes dependendo das rexións do planeta onde máis tempo estiveron estes temidos colosos carnívoros porque está claro que os rasgos máis característicos destes homínidos atópanse moi marcados nesta parte de Europa. O homo neandertal vivía en pequenos grupos de catro ou cinco individuos e non era nada social, todo o contrario que o homo sapiens sapiens, tamén era destacado que consumía un 90 % de carne e era a súa fortaleza física o seu rasgo máis destacable. Pois tamén o homo acéfalo tucerino tabernícola galaicus é parco en palabras e a súa adicción pola carne de cocho bate tódolos records mundiais con absoluta rotundidade. Outro rasgo moi característico que pode diferenciar sustancialmente a sapiens e neanderthal sería a súa capacidade para dominar idiomas. Mentras o sapiens pode dominar varios idiomas o neanderthal apenas pode falar nun só idioma e (malamente). E aqui está a clave. Mentras o delfín común fala, xa de moi novo, catro dialectos,  e eso que é un animal, calquera africano moderno (por exemplo) pode chegar a dominar entre catro a seis idiomas e ata dez idiomas, aprox., contando francés, inglés, os dialectos da súa rexión e algúns idiomas como árabe que xa caen de caixón. Calquera europeo moderno fala, lee a cotío e escribe correctamente o seu idioma ou dialecto e, canto menos, tres ou catro idiomas máis. E aqui chegamos o desenlace deste artigo, ….. ¿cantos idiomas fala e lee e comprende ben o homo acéfalo tucerino tabernícola galaicus? apenas domina moi malamente un só idioma que chapurrea a duras penas e o de leer… nin apuntándolle cunha pistola . Polo tanto xa antes de que a ciencia dea conclusións en firme e se postule sobre este achádego tan increible permitídeme se-lo primeiro en bautizar a este mito viviente que ainda hoxe camiña polas rúas das nosas vilas masticando un palillo e xogando o tute no bar tódolos domingos. O derradeiro homo neandertal galego ainda non se extinguiu.

 

Óscar de Souto

Laxe, 14 de xaneiro do 2017

https://es.wikipedia.org/wiki/Homo_neanderthalensis

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario

OS TEMPOS SON CHEGADOS

A pandemia da figurapatía na literatura galega de hoxe emerxe poderosa como unha obsesión machacona que pretende solapar as letras dos autores vivos mentres aborrecen profundamente o pobre peduano con eventos constantes sobre esas figuras do pasado que xa apenas nada poden aportar e nada poden protestar sobre as evidentes inxustizas dos nosos tempos. Dentro deste novo método de anti-lectura mediante o afastamento perpétuo dos libros, por agobio soporífero insuperable, atopamos na figurapatía galega a autores devanceiros como Podal, Rosalía, Murguía ou Castelao eclipsando o panorama literario pasado, presente e futuro no maltreito eido da literatura galaica.

 

Xa que todos sabemos que a prensa oficialista tamén menciona a algúns autores vivos….. ¿qué autores, con qué obras e por qué? En realidade só nos debemos centrar nunha soa pregunta… ¿con qué obras? Pois, como xa mencionei en artigos recentes, son os contidos das obras o filtro natural para sair ou non nas follas dos xornais subvecionados onde a crítica, libertaria e transparente, non ten collida aqui, salvo nas esquelas, por suposto. Aclarado este punto centrareime neste curioso subtítulo para afiar un pouquiño máis os motivos de elixir a estes literatos e non outros para bombardear a poboación coa figuropatía como arma de destrucción masiva por aburrimento crónico profundo. Porque Pondal, o autor do himno nacional galego, para os represialados e emigrados na Habana, Cuba, para eles especialmente foi a súa represión na cárcere de Orán e non os seus inofensivos poemas a orixe evidente de escollelo a él como autor de tan significativo texto, elixido por presidentes asociativos e non por expertos en poesía ou en himnos, tamén se debe aclarar. Pero o cisne cantor non repousa na súa amadísima ribeira nin pode tampouco defendela coa súa pluma silenciada polo seu pasamento, xa secular. E os tempos ainda non son chegados porque os bardos das idades seguen sen poder alzar o seu rouco son grazas a esta puta censura dictatorial que veta a certos poetas pola súa voz crítica como aquela que levou outrora a Eduardo ata os calabozos de Orán. Desta volta, nos nosos días, ten moita máis voz o propio Pondal que calquera de nós, os poetas vivos. Vivos e calados. Se resucitase Eduardo estou ben seguro que o volverían a encadear ou non lle publicarían os seus artigos de opinión por rebelde e por protestón. Murguía e Rosalía coas súas obras light, sacando algún poemiña da padronesa, podémolos encadrar na cúspide máxima do castelanismo literario do século pasado, como iso, autores light, sen máis. Léase obras completas de ambos autores. Stop. E xa noutro rego diferente estaría o gran Castelao, emblema do ultra-nacionalismo talibán galaico, palabras maiores. Este último nin sequera era nacionalista, similar a Pondal ou a Murguía, só que era algo máis galeguista ca eles, eso si. Pondal era eidista, coma min, ou sexa bergantiñista, case Pontecesanista diria eu. Murguía e “Rosalía de Murguía” foron tamén defensores do estatuto para Galicia entendendo a Galiza como rexión diferente dentro dun País de nacións, eles afirmarían esto mesmo pero…. en castelán. Dona Emilia Pardo Bazán e outros castelán-falantes da cova céltica tiñan esta mesma perspectiva, mais era Castelao o que mantiña unha visión moito máis europeista, seguramente similar as novas ideas de Xosé Manuel Beiras. Polo que ese símbolo do nacionalismo galego se tivese ocasión de ollar as políticas de Merkel e do banco central europeo seguramente que se transformaría nun anti-troika confeso, coma moitos de nós. Resumindo, nunca tantos bardos tivemos, e nunca con tanta calidade, pero, os tempos ainda non son chegados porque, estes novos bardos das idades, seguen sen poder alzar o seu rouco son, e asi seguirá sendo… polos séculos dos séculos…..amén.

 

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

Aprendiz de poeta

 

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario

DESCENDE O PARO NA COSTA MORTA

Algúns titulares de prensa son dignos de marco  na parede do salón, pois, aproveitar o aumento de contratos basura para tentar vendernos esta moto e xa un pitorreo, porque aqui  nesta costa morta as vacas apastan nos polígonos desertos, e a xuventude xa fai anos que emigrou…. por motivos de forza maior.

 

Si, ainda que pareza de coña, algún xornalista de academia e diploma ocórrelle a xenial idea de publicar a gran nova do ano: “El paro desciende en la costa da morte”, e a poboación queda con cara de tres solitario o leer semellante artistada e, como non, en castellano, que va a empezar la fiesta porque ya está botando los fojhetes. O que queda xa totalmente claro e que eso de su bvencionar a parte da prensa escrita parece que se lles da moi ben a estes políticos que están nos cumios arpados por desexo maioritario de Susana Diaz e catro xestores. Si, unha dictadura que se autoproclama democracia e, ademáis, sistema do ben-estar, xa claro, porque Eles estar estan ben, moi ben, cada dia mellor, pero aqui, na nosa pequena galia do noroeste atlántico todo se está sostendo nas pensións e no millón e medio de bares que ainda temos, porque a flota marítima xa foi desgüazada e a ganaderia tocou fondo, e xa non falemos deses señores ancianos que fan de peóns albañileros facendo de artistas circencenses nos andamios neolíticos das derradeiras mini-constructoras que ainda ollamos polas nosas parroquias, os empresarios quitapieles, como os chaman algúns. Eso de querer chegar a pensión completa o final vaise quedar nun “case o consigues” porque o famoso fondo de pensións creo que xa o gastaron en meretrices e grandes xantares os das tarxetas black. E debo repetir que son as pensións as que están sostendo aqui, nos nosos eidos, esta crise artificial que se encamiña directa cara unha gran depresión económica onde os ricos gañan, a banca gana, como non, e os pobres seguiremos sendo pobres, cecais algo máis pobres que antes, eso si, pero cando a crise é un lucrativo negociazo  eso quere dicir que a cousa empeorará…. si ou si. E, como xa mencionei o ano pasado noutro artigo*, o retorno masivo dos nosos emigrantes pode acelerar o proceso dramáticamente porque o traballo do que falan os mentireiros nin está nin se lle espera.

 

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto

 

 

Laxe, 7 de xaneiro de 2017

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Os escritores que triunfan e os críticos que fracasan

Para o común dos mortais hai dúas clases de escritores: os que publican en papel e son recoñecidos e os escritores fracasados, asi de sinxelo, triunfadores e facasados.

 

Mais para os entendidos na materia son os propios textos os que confirman a valía destes escritores xa que nesta gran farsa que chamamos “nación” dentro dos galardóns máis coñecidos do mundo literario (especialmente os premios con agasallo económico) atopámonos con tremendos churros que algún xurado tivo a gran valentía de premiar, por motivos alleos a literatura, evidentemente, e deste (“ti dasme e eu douche”) aparece a diferenciación entre primeira e segunda división na literatura do presente. Os que teñen moitos premios no seu amplo curriculum e os que non se presentan a ningún premio por entender que están amañados. E cos xornais sucede algo similar. O control da información acadou máximos históricos na prensa escrita polo dilema das subvencións e polo achegamento estreitísimo entre xornais e política. Polo tanto, salvo contadas excepcións, son os escritores mansos os que se explaian falando nas columnas castradas que aparecen asinadas polos grandes literatos do noso tempo, únicos na súa especie. Namentres os críticos deben editar nos seus blogues ou nas redes sociais, e, con sorte, nalgún medio dixital que se atreve a soltar algunha verdade irrefutable neste océano de mentiras onde son reis os caraduras. Xa moito antes da famosa lei mordaza este control do que vos falo fixo posible que algúns escritores do noso eido non fosen endexamáis entrevistados nos xornais oficiais despois de longas carreiras na escrita de décadas de loita e sacrificio mentres ollamos incrédulos como a toda páxina aparecen persoeiros sen traxectoria nin experiencia contándonos a súa triste vida de literato manso e cómplice deste sistema que só diferencia os seus artistas deste xeito: críticos ou lacaios. Foi de aqui mesmo, desta historia que vos conto, de onde xurdiu a dantesca prosa poética en galego onde, filólogos disfrazados de poetas, editaron sendos poemarios, ata galardonados, e con tremendas paparruchadas dentro, imposibles de leer e totalmente neutras, por suposto. E por outra banda os verdadeiros poetas galegos editaron os seus traballos con verdadeira poesía dentro en autoedición (e as veces grapados) para agasallar a parentes e amizades.

 Manda carallo.

 

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto

Aprendiz de poeta
Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario

V ESCOITO CISNES 2016

Dibujo 48

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en V ESCOITO CISNES 2016

A CREATIVIDADE COSTEIRA… FLORECE NA PRIMAVEIRA

 

E anuncian xa os nosos trasnos e trasnas que a primaveira xa chegou: coas súas mochilas, biseras e bastóns, coma pelegríns apaixoados,  percorrendo esta terra meiga onde o mar conéctanos, de faro en faro, e a nosa terra verdescente estoupa en múltiples cores que as flores dos prados mollados, por estes orballos de abril, xa van prometendo un maio de música, festas e letras, poesías e novas aventuras.

 

12924550_1052723534766793_3969159844274795961_nNeste fin de semana, 16 e 17 de abril, o famoso camiño dos faros dos traskis, por fin, tomarán por asalto a ribeira do río Anllóns dende Portozás, a vila morena galega, Laxe, ata a vella Venecia pontecesán, tocando teito absoluto o domingo cando, dende o esteiro de Canduas, chegarán pola ruta dos muiños ata a mesmísima Cibdá castrexa de Borneiro, onde eu os ei agardarar sentado nunha pedra para contarlles algunha das miñas historias, endexamáis escritas, sobre os celtas e as nosas tradicións vivas que son evidencia do noso pasado. Aló no Dolmen de Dombate, xa no mediomedía, será Lito (o gardián da catedral do megalitismo) o que rache o silencio milenario do neolítico coas súas impresionantes letanías. As paraxes de Cabana de Bergantiños acollerán ese exército de sendeiristas que, coa súa gran laboura, dan a coñecer ao mundo enteiro esta selva virxinal do noroeste do mundo onde afoga o sol no atlántico….. cada día.

https://www.facebook.com/guiacostadamorte/posts/997103003709748:0

Xa no mes de maio o festiletras de O Couto (Ponteceso) vai vir preñado de grandes nomes, Uxía Senlle, Sés, Mini e Mero, Davide Salvado, Guadi Galego, Isabel Blanco, Carlos Nuñez, Fina Casalderrey, Xosé Luis Rabuñal, entre outros artistas e persoeiros, que fusionarán música, festa, poesía e cultura nunha semana de letras galegas que será dificil de esquencer, abofé.

https://www.facebook.com/Festiletras/?fref=ts

Parece ser que esta medra dos días e da luz vai revolucionar a sociedade e a cultura desta nosa costa dos solpores, cada vez máis emerxente, colectiva, e viva….viva grazas a todos estes  loitadores incansables, anónimos en moitos casos, que ante as tempestades de sal destes tempos tan grises apostan fortemente pola cultura e a dinamización pisando toxos e silvas para re-facer novos camiños que camiñar para re-conducir os acontecementos con esas pequenas batallas illadas que moven o noso mundo como unha soa re-evolución.12990904_1001325189951214_5354424105467365388_n

Medre a nosa costa !!!

Laxe, 15 de abril de 2016

redacta: Óscar de Souto

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A CREATIVIDADE COSTEIRA… FLORECE NA PRIMAVEIRA

MARES DE FÁBULA FALARÁN CO MAR NOS COÍDOS DE TOURIÑÁN

Mentras exércitos de sendeiristas, inventan carreiros, nesa maxia dos trasnos e trasnas, comunicando os faros da nova costa do solpor. Con este abrente reverdecido na primaveira renacida neste verxel atlántico ollando os finisterres virxinais por camiños, endexamáis pisados, pola costeira máis fermosa e paradísiaca do noroeste peninsular, tamén debemos anotar na nosa axenda unha nova data, máxica e imprescindible, para citarnos co mar, Mar de Fábula e outros voluntarios, que xa teñen planificado ese encontro para falarlle a este océano noso e despois limpalo de refugallos e plásticos aló por Touriñán.

3874108285_9b2bd0a331_z (1)Dependendo das condicións meteorolóxicas teñen provisionalmente establecida unha “quedada” para o sábado 9 de abril as 11:00 aló no Cabo Touriñán onde, convocados por Xose Manuel Barros e Mar de Fábula, entre outros grupos, contarán ali con Viki Rivadulla e un batallón de poetas e cidadáns que falarán co mar nese “Encontro co mar e limpeza do coído de Touriñán” onde despois de dialogar co gran lago salgado, terá lugar, se o tempo llo permite, repito, esa limpeza dos coídos a uns dos mil metros do faro, onde os amantes da nosa beiramar limparán as rodelas desta paraxe virxinal onde, esta nova cita, vai a servir de concienciación do dano que toda a humanidade lle fai, tódolos días da vida, os mares todos do planeta. Esa contaminación multinacional chega a nosa costeira flotando nas fortes correntes mariñas do oeste e do norte que, con cada marea, vai cuspindo plásticos, especialmente, e toda clase de basura, que proceden principalmente das nosas propias rias e rios, pero tamén do corredor marítimo de Fisterra…. con eses miles de buques de tódalas bandeiras mundiais pasando a 21 millas da nosa terra, e vai agasallando, por desgraza, as nosas beiras mariñas con bidóns tóxicos e toda clase de porquerías, tamén aparecen outros obxectos de lugares moi lonxanos a Galicia que, grazas as fortes correntes e as tempestades, chegan flotando ata as nosas praias e coídos, contándonos todo tipo de historias impresionantes coa súa mera presencia nestas areas.

Ata crocodilos aparecen !!!!!!12920954_1765352950366541_1186156790_n

E debo, desta volta, darlles os meus parabéns os trasnos e trasnas pola súa gran laboura que aposta forte por promocionar esta reconquistada terra antiga e feiticeira paraxe, que, con esas rutas a pé…. unindo faros, conecta os camiñantes coa paisaxe que pisan e vai quedar para sempre nos corazóns e nas memorias vitais de cada camiñante. Tamén lles envio aqui os meus parabéns a Mar de Fábula e a ese exército de coidadores da nosa costeira que confirma a importancia do noso patrimonio natural en cada rebelión ecoloxista que difunde a nosa rexión e as súas paraxes mentres se recollen eses vertidos que emponzoñan os nosos litorais que, dende Carnota ata Caión, rexurde como un ave fénix resucitando aquela costa da morte que hoxe, grazas a todos vós, está máis viva que nunca.

¡¡¡  Medre o mar e medre a nova Costa da Vida !!!!

396053_117969915014894_169574137_nRevolucionariamente,

Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO.

 

Vila de Laxe, 29 de marzo de 2016.

Enlaces de interese:

http://quepasanacosta.gal/chega-o-camino-dos-faros-virtual/

https://www.facebook.com/mardefabula/?fref=ts

https://www.facebook.com/guiacostadamorte/?pnref=lhc

http://www.nuevamentes.net/2013/11/hallada-muerta-en-la-costa-holandesa.html?utm_campaign=shareaholic&utm_medium=facebook&utm_source=socialnetwork&m=1

 

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en MARES DE FÁBULA FALARÁN CO MAR NOS COÍDOS DE TOURIÑÁN

LITERATURA E FÚTBOL EN CABANA E TAPAS E FESTA EN LAXE

No fin de semana do 18, 19 e 20 de marzo acumuláronse as opcións a elixir nunha axenda onde a poboación prefiriu fútbol, tapas e festa mentras en Cabana de Bergantiños poñiamos a primeira pedra con ese congreso internacional de escritores onde faltou a asistencia deste pobo que prefire foliada se lle dan a elixir. Sentencia indiscutible da necesidade deste tipo de actividades para fomentar a lectura nunha rexión onde o consumo de libros roza o cero absoluto.20160319_113025

Na inauguración en Borneiro, no berce do megalitismo galego, conxuráronse poesía e neolítico no primeiro congreso internacional “Dolmen de Dombate e río Anllóns, territorios literarios 2016” no que debo destacar a clara e rotunda intervención do bardo de Cambre, Ricardo Souto Morano e, tamén, como non, esa cómica crítica a copito de nieve dun poeta africano galego-falante que puxo unha simpática nota de cor, nunca mellor dito.  Xa nas mesas redondas da mañán do sábado notouse a ausencia total de público popular dentro deses actos que tocaron temas como o celtismo, a morte, a vida e o amor, entre outros. Ainda que podemos anotar que neste primeiro paso ainda hai moito camiño que andar e moito toxo que cortar, coma en tódalas batallas case imposibles onde a insistencia e a constancia teñen que ser bandeira e palio dese noso interese constante de activar as nosas bisbarras coa lectura como necesidade básica de progreso sostible para un futuro mellor no que os meniños non precisen emigrar para vivir nesta terra-deserto verdescente. Tamén o sábado Rabuñal Patiño amosounos, a pé de ribeira, ese mundo máxico que temos tan preto de nós no esteiro de Cabana, fauna e flora únicos e impresionantes. No gran recital colectivo da tarde do sábado, o meirande endexamáis concevido na Costa da Morte, desfrutamos de Serxio Moreira, o pianista cabanés e dos mellores autores galegos, nacionais e tamén extranxeiros, uns trinta no escenario e outros tantos de ointes, desta volta tamén sen público nativo, máis preocupados polo partido de fútbol, as tapas e a festa en Laxe e a foliada alcohólica crónica de tódolos sábados. Como representación cabanesa Serxio e máis eu, destacando a Miguel Mato Fondo a doble voz como único pontecesán no escenario e de únicos membros (non literatos) destacar a presencia de Xose Manuel Barros de Mar de Fábula e a súa dona como embaixadores das nosas comarca. Das notas máis destacables ese poema de Branca Vilela, organizadora deste gran evento, que recitou “os lobos” cun glamuroso vestido vermello, estilo caperuchiña vermella, que Serxio Moreira soupo interpretar, moi espectacularmente, como se estivese profundamente planeado, máis foi improvisado nun directo onde a xenialidade aflora sen máis. Este acto quedoulle moi grande a Cabana… pero, tempo o tempo, cecáis no futuro teñamos que usar o auditorio para estar menos apretados. Todo empeza por un primeiro intento onde nunca debemos desanimar. A festa, as tapas e o fútbol son máis populares que a literatura e a cultura pero todo debe coller nas nosas vidas polo ben dos meniños que son moi copións e fan sempre do que ben. Sen libros e sen cultura… ¿qué futuro nos espera?jpg

 

 

 

 

 

Enlace das imaxenes en prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/cabana-de-bergantinos/2016/03/19/explosion-literaria-dombate-anllons/01101458424895094595222.htm

Redacta:

Óscar de Souto.

Vila de Laxe, 20 de Marzo de 2016.

 

Publicado en Sen categorizar | 2 Comentarios

PORTOS DE GALICIA PECHA O PEIRAO DE LAXE

http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2014/08/Confraria-e-Grupos-municipais-por-unha-solucion-ao-Porto-de-Laxe.jpg

http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2014/08/Confraria-e-Grupos-municipais-por-unha-solucion-ao-Porto-de-Laxe.jpg

O domingo 13 de marzo de 2016 analizouse en “La Voz de Galicia, edición Carballo e Comarcas”, na páxina L3, esa crónica de Toni Longueira, case necrolóxica, do peche definitivo á cidadanía a parte menos operativa do peirao da nosa vila morena, Laxe. Antes de Abril será xa un feito. Seguro que foi moi criticado pola oposición, goberno e polo pobo, coñecedores da estupenda laboura de Portos de Galicia e do seu presidente, José Juan Durán Hermida, que paso a paso e mediada tras medida foron destrozando Portozás con ese dique deportivo, tan mal executado, que modificou as correntes mariñas ata que os máis de vinte metros de calado se convertiron nos escasos dez metros de hoxe en día, excelente profundidade para que este peirao sexa referente galego con categoria comercial, como moi ben se dixo, gran frase, moi cómica, abofé. O que si descoñecemos e se poderán acceder a esta nova fronteira metálica todos eses pequenos furgóns que desembarcan o 80 % do peixe e marisco que sae do mar, a cotío, sen dirección á lonxa, e con orixen, etiquetaxe, guia e destiño descoñecidos, como ocorre en case toda a costa galega. As vetas e nasas ilegais preto do peirao grazas a escasa ou nula vixiancia foron o enterrador do turismo xenerado pola pesca deportiva que finou en Laxe para trasladarse a Camariñas ou a Cabana de Bergantiños ante a ausencia total de capturas en toda a ría de Corme e Laxe. Os mariñeiros, os poucos que ainda existen, sobreviven ou malviven aturando trabas de todo tipo, cuotas e medidas europeas que despedazaron toda a nosa flota pesqueira e agora teñen que gastar pouco gasoil para descargar axiña as súas paupérrimas capturas de pura supervivencia básica. Esta derradeira estocada, antes do verán, agardemos que non teña nada que ver coa cor política do Concello de Laxe e ollemos con lupa as seguintes obras de mellora do peirao e do paseo marítimo nesta rexión da Costa Morta, moi morta, asasinada polos novos donos do mar que coas súas decisións, sempre xustificadas, priorizan moi intelixentemente, apostando por Europa e pechando Laxe a ter un futuro digno onde pesca deportiva, turismo, cerco e pobo poderían coexistir coma naqueles vellos tempos pasados onde non precisabamos poñerlle portas o mar, nin cuotas, nin cámaras de vixiancia para vixiar un peirao sen peixe, nin barcos, nin turistas. Se os atentados do 11-S en EEUU son a desculpa para tanta seguridade no deserto de salitre, o peirao de Laxe, tamén deberiamos protexer tódolos Concellos, bibliotecas, lonxas, plazas e parques en todo o Estado… ¿si ou non?….¿qué opinades?…..

 

12219426_10207780353249995_6675537333414213139_nRevolucionariamente,

Óscar de Souto.

Aprendiz de poeta.

 

Vila de Laxe, 13 de Marzo de 2016.

 

Enlace a nova na prensa de papel:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/laxe/2016/03/13/peirao-non-e-paseo-maritimo-nin-unha-escollera-e-zona-pesca/0003_201603C13C3991.htm

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en PORTOS DE GALICIA PECHA O PEIRAO DE LAXE

I Congreso Internacional de escritores “Anllóns e o Dolmen de Dombate: territorios literarios” 2016. Cabana de Bergantiños

I Congreso Internacional de escritores “Rio Anllóns e o Dolmen de Dombate: territorios literarios” 2016

Cabana de Bergantiños (A Coruña)

(18, 19 e 20 de marzo de 2016)

“Escritores como Óscar de Souto xa escriben inspirándose neste entorno, o Esteiro do Anllóns” di Jose Muiño, Alcalde de Cabana,  na rolda de prensa do venres día 11 de marzo, e añade que este congreso esta condenado a ser un éxito e falta só executalo.

PROGRAMA DO CONGRESO

VENRNES 18 DE MARZO DE 2016

foto de Quepasanacosta

foto de Quepasanacosta

POLA MAÑÁN

12.00 h.: Saida en autobús dende A Coruña.

Chegada de invitados, participantes e asistentes aos hoteis.

14:30 h.: Comida.

POLA TARDE

Dolmen de Dombate

18.00 h.: Inauguración do Congreso a cargo de José Muiño Domínguez, alcalde de Cabana de Bergantiños, Xesús Soto, diputado de Patrimonio, (Basilio Rodríguez Cañada, co-director do congreso, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión e presidente do Pen Club de España) e Branca Vilela.

18.30 h.: I Recital poético (en galego) Presentadora: Branca Vilela.

Poetas: Ricardo Souto Morano, Yolanda Castaño, Rosa Méndez…

19.30 h.: II Recital poético (en castellano). Presentadora: Ángeles Castillo. Poetas: Manuel Athané, Pepa Nieto, Alfredo Puy, Julia Núñez…

POLA NOITE

21.30 h.: Cea.

SÁBADO 19 DE MARZO DE 2016

POLA MAÑÁN

12822037_1755486588019844_1468112213_nAuditorio de Neaño

10.30 h.: I Mesa redonda sobre “Influencias celtas na literatura”. Poñentes: Miguel Vázquez Freire, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo….

11.30 h.: II Mesa redonda sobre “Los grandes temas de la literatura: el amor, el viaje y la muerte”.

Dolmen de Dombate

12.30 h.: Taller de Contos para a memoria, a cargo de Yolanda Castaño.

POLA TARDE

Auditorio de Neaño

16.30 h.: III Mesa redonda sobre “Literatura galega do novo milenio”.

Dolmen de Dombate

17.30 h.: II Taller de Contos para a memoria, a cargo de María Canosa.

Observatorio de aves

17.30 h.: Visita guiada o Observatorio de aves de Cabana de Bergantiños, a cargo de José Luis Rabuñal Patiño.

Auditorio de Neaño

18.30 h.: III Recital poético (en distintas lenguas). Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Serxio Moreira (pianista Cabanés), Rosalía Fernández Rial, Elena Vázquez Galván, Olga Patiño, Miguel Melero, Claudia Castro, Marilar Aleixandre, Estevo Creus Andrade, Suso Bahamonde, Chisco Naval, Maribel Longueira, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Xosé Iglésias, M.-ª José Fernández…

20.30 h.: Espectáculo poético-musical a cargo de Martín Vázquez Lendoiro.

POLA NOITE

21.30 h.: Cea.

DOMINGO 20 DE MARZO DE 2016

Dolmen de Dombate

11.00 h.: IV Mesa redonda sobre “Muller e literatura”.

Esteiro do Anllóns. foto de XENTE DE BERGANTIÑOS, grupo de facebook

Esteiro do Anllóns. foto de XENTE DE BERGANTIÑOS, grupo de facebook

12.00 h.: Clausura do Congreso, entrega de diplomas a cargo de José Muiño Domínguez, alcalde de Cabana de Bergantiños, José María Varela, Asesor de Cultura de Cabana, o presidente del Grupo Editorial Sial Pigmalión e presidente del Pen Club de España Basilio Rodríguez Cañada, editor e escritor e tamén Branca Vilela, poeta e xestora cultural.

14.00 h.: Comida.

Saida dos ponentes.

16.00 h.: Salida do autobús desde Cabana de Bergantiños a A Coruña.

 

Tamén asistirán Lidia García de Nicaragua e un autor de Senegal, entre outros moitos.

Arquivo de audio da rolda de prensa en Cabana o día 11 de Marzo 2016 (as 13 h) :

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en I Congreso Internacional de escritores “Anllóns e o Dolmen de Dombate: territorios literarios” 2016. Cabana de Bergantiños

OS VERDADEIROS DONOS DA CASA REPUBLICANA DE CABANA

fotonoticia_20150214140840_644En breve desataremos a bomba informativa cos testimonios vivos que relatan a verdadeira historia deste patrimonio historico cabanés agora en mans privadas. 

12782354_10201579837615933_1521976871_nQue un patrimonio histórico sexa agora legalmente privado ante a falta de alegacións nese mes de prazo en exposición pública da famosa licencia, ademáis da misteriosa ausencia de documentos que acrediten a procedencia exacta dos donos dese antigo concello, non ten nada que ver cos testimonios dos republicanos cabaneses que rumorean (con ou sen razón) que ese concello republicano foi mercado no seu momento por veciños e veciñas que puxeron diñeiro dos seus petos (nunha caixa común) para acabar na tumba sen ver restaurada a memoria historia e o patrimonio republicano cabanés. ¿quén din a verdade? Todo se acaba sabendo…. tarde ou cedo. Nunha guerra, coma sempre, perdemos todos e todas. Máis para poder recompoñer un futuro común digno e pacífico a historia do noso pasado debe ter en conta as partes todas dun conflicto que mediante a comunicación veraz debe posicionarse, como non, de parte de todas as partes. Que sexan ambas versión editadas no papel….ou na internet, polo menos, as que expoñar os seus relatos do sucedido. De momento existen varias testemuñas que opinan sobre este concello privatizado e cada parte da unha explicación totalmente oposta unha e as outras todas. O actual propietario relata unha propiedade mercada e agora legal e os demáis veciños e veciñas falan doutra realidade moito máis fermosa. ¿Poñerán na prensa oficialista as dúas versións e os demáis testemuños ou editarán só a do bando máis rico? ¿qué opinades?

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

 

Enlace da trola:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cabana-de-bergantinos/2016/03/04/rehabilitan-cubierta-iba-sede-concello-cabanes-durante-republica/0003_201603C4C2994.htm

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en OS VERDADEIROS DONOS DA CASA REPUBLICANA DE CABANA

ALERTA ZIKA. O MOSQUITO TIGRE EN GALICIA

ALERTA ZIKA:

O MOSQUITO TIGRE EN GALICIA

Esta demasiado de moda a política do medo inventando toda clase de perigos “a la carta” con solucións patentadas e graves efectos secundarios. As multinacionais xogan a este novo e vello xogo de problemas de película cada mes e solucións “a la venta” para maior lucro dos vendedores de remedios.

A RODA DO CARRO DAS TRAXEDIAS EXPRESS

 

250px-Aedes_Albopictus (1)A pesares do silenzo informativo xa son demasiadas as fontes que afirman e confirman a expansión do mosquito tigre en Galicia, eu xa capturei algúns exemplares aqui en Laxe, e ademáis, o mosquito tigre síntese moi cómodo aqui nestes lares tan acolledores ante esta pasividade absoluta das autoridades e a gran cantidade de augas paradas onde poñer millóns de ovos que eclosionarán nos vindeiros meses como xa aconteceu noutros paises máis o sur. Cataluña xa tomou medidas urxentes para fumigar camposantos e zonas onde estes insectos adoitan reproducirse, e dicir, pozas e estanques. E deso temos aqui dabondo. A plaga do mosquito tigre no noroeste peninsular xa esta en marcha. Será a fumigación masiva con productos nocivos a única solución posible, eso si, os efectos secundarios desa fumigación serán moitos peores que o propio virus zika.

A organización mundial da saúde (O. M. S) agora esta no seu fantástico proceso de privatización onde grandes compañías farmacéuticas e multinacionais financiarana, a OMS, para que a roda deste carro siga xirando mentres os fariñeiros da saúde e do medo muxen a caixa dos cartos grazas a estes problemas de película con solucións aparentemente “buenas, bonitas e baratas”.

incendios_forestales_mexico350Xa fai anos que a fumigación masiva dos montes galegos con productos desta clase foron a xenial idea da Xunta para manter a raia a plaga dese gorgojo do eucalipto e, de paso, tamén eliminan animais como a salamandra e insectos varios, abortos, etc… e dicir, contaminación das fontes e acuíferos das áreas fumigadas. Este producto tóxico e canceríxeno, o flufenoxurom, foi o ás para matar o tres, abofé. Xenial Feijoó !!!

E por todo o citado anteriormente a fumigación masiva para eliminar o mosquito tigre será posiblemente antes do verán 2016 e a microcefália e os efectos secundarios da fumigación chegarán despois das novas eleccións e despois das festas veraniegas, desta volta, sen tanta xente nas comisións de festa.

Polo menos, xa que non hai brotes verdes……pois hai mosquitos, plagas, virus e avionetas no ceo. Xa se dipuxeron cen millóns de euros para ese aeroporto galego con drons para “controlar” incendios forestais, problemas varios e, como non, seguro que se poderán utilizar para loitar contra ese tigre tan perigoso.

E, xa sabedes, seguídelle votando….. que non vai moi ben.

Revolucionariamente:

Óscar de Souto.

Laxe, 29/02/2016

 

Enlaces de interese:

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/mais-20-colectivos-ambientalistas-unense-na-campana-stop-eucalipto-avante-carballo/20160205141918044663.html

http://www.higiaiberica.com/noticias/galicia-se-dispone-a-fumigar-las-plagas-de-gorgojo-del-eucalipto-con-productos-altamente-toxicos.html

http://www.migueljara.com/2016/02/15/medicos-apuntan-al-uso-de-insecticidas-contra-el-zika-como-posible-causa-de-microcefalias/

 

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ALERTA ZIKA. O MOSQUITO TIGRE EN GALICIA

BUSCANDO TESOUROS NA PRAIA

Na mañán do martes 23 de febreiro de 2016 atopámonos coa sorprendente imaxen dun buscador de tesouros que, cun detector de metais e unha pala, pescudou na praia de Laxe na busca dalgún tesouro oculto debaixo da area. A gran cantidade de naufraxios na nosa costa, como ben nos informará Fernado Patricio Cortizo no seu próximo traballo de investigación, que pronto será publicado, abre a posibilidade de que os múltiples temporais deste inverno, removeran os fondos mariños con brava intensidade, e poidesen traer algún agasallo as beiras da nosa costeira verdescente.

video buscador de tesouros na plaia de Laxe

12767319_1749385225296647_1216613320_n

Non só poden ser interesantes os nosos areais para estes buscadores de ouro e prata senón que o noso patrimonio tamén abarca eidos como os nosos innumerables castros onde todas esas terras en barbeito conteñen toda clase de artiluxios decorativos ancestrais que, unha vez retirados da terra e fundidos, pasan a ser propiedade destes saqueadores do mar e da terra. A imposibilidade de vixiar noite e día todas estas areas e terreos vai facer posible o saqueo absoluto destes pecios e castros que ademáis do seu importante valor histórico tamén teñen ese valor sentimental añadido dos numerosos amantes do noso importantísimo patrimonio mariño e castrexo, e aqui inclúome, por suposto. Unha parte da nosa idiosincrasia nacional reside precisamente neses doblóns de ouro perdidos en calquera plaia ou eses colares castrexos de ouro  tallado que no pasado decoraron o pescozo dalgún samurai galego…. como Artaigo, Viriato ou Breogán. Unha parte da nosa historia e do noso pasado repousa baixo a terra de calquera monte ou en calquer recuncho da nosa costa, e ali debería seguir durmindo ata que Galicia teña museos de calidade onde protexer dignamente estes obxetos pero nunha vitrina de cristal onde tódolos galegos e visitantes poidamos ollar este tesouro máxico que nos fala da nosa propia existencia como Pobo e como Nación. Este é un tesouro propiedade de toda a humanidade e, con máis agarimo, de nós, os herdeiros directos desta historia soterrada no mar e na terra.

12767274_1749386058629897_1843987351_nEsa mesma mañán de febreiro tamén ollabamos varios álcidos mortos na rodela da praia da vila morena galega, a praia de Laxe, o mítico Portozás, onde a máis  viva das mareas deste mes de febreiro trouxo os cadáveres inertes destas fermosas aves oceánicas, os famosos pingüinos do norte, que sen alimento nas nosas augas e, empuxados polos temporais a ribeiras e peiraos, remataron falecendo por inanición incapaces de atopoar o seu alimento natural, pequenos peixes, que con tanta auga doce e alodada, escura, apenas sería visibles, de existiren, porque o mar está permanentemente asediados por redes, nasas e palangres que peneiran as augas noite e día ata que só queda …..esto, a morte por inanición dun emblema mariño, o álcido oceánico. Triste imaxen que se repite en toda a nosa costa.

Redacta: 

Óscar de Souto.

APRENDIZ DE GRUMETE NESTO DA ESCRITA

Laxe, 23 de febreiro de 2016

Outro enlace de interese:

http://elnidodelxuan.blogspot.com.es/2014/03/los-alcidos.html

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en BUSCANDO TESOUROS NA PRAIA

A MORTE DA COSTA DA MORTE

AS CASUALIDADES NON EXISTEN, COMO BEN NOS DICÍA “JEANNE PICARD”, XA QUE NAS NOSAS ESTRADAS OS ACCIDENTES MORTAIS SEMPRE COINCIDEN NOS MESMOS PUNTOS NEGROS DE TODA A VIDA.  ESTA LONGA LETANÍA DE ESQUELAS NAS MESMAS CUNETAS DE SEMPRE. PORQUE O 90 % DESTAS MORTES SON EVITABLES, CLARO QUE SI, PERO O ALTO MANDO XA O SABE, XA FAI VINTE ANOS QUE O SABE.

http://quepasanacosta.gal/stop-accidentes-no-90-dos-casos-o-conductor-e-o-unico-responsable-do-seu-comportamento/

Un dos grandes problemas que existe e persiste na nosa Costa da Morte e a falta incomprensible de medios básicos para o rescate dun ferido grave, posto que nunha zona moi extensa como son as nosas comarcas, Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra, non temos ainda (nin sequera) unha ambulancia medicalizada, instrumento imprescindible para o rescate digno dun infartado ou dun destes frecuentes feridos en accidentes de tráfico, constante cotiá nas nosas sinuosas e maltreitas estradas. Son máis de 115.000 habitantes sen unha ambulancia medicalizada. Unha convinación perfecta para que alguén faleza no traslado dende Baio (por exemplo) ata o enlace máis próximo a autopista, e de ali ata A Coruña (sen pagar peaxe), porque se o ferido vai moi grave ….. xa non fai falta pagalo…. nin tampouco ir axiña, por desgraza.

http://quepasanacosta.gal/unha-colleita-de-sinaturas-online-por-unha-ambulancia-medicalizada-na-costa-da-morte/

 http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2016/02/Imaxe-do-accidente-entre-Carballo-e-Malpica-Foto-Oscar-de-Souto.jpg


http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2016/02/Imaxe-do-accidente-entre-Carballo-e-Malpica-Foto-Oscar-de-Souto.jpg

O deseñador de vias rápidas, con carril adicional e ceda el paso perante un cambio de rasante incuido, nunha estrada esbaradiza e mollada, coma a que aparece na imaxen, a ese deseñador ou deseñadores de puntos negros predeseñados, deberiamos aplicarlles a pena de morte por xenocidio e ademáis por burros. Porque xa hai que ser zascandíl e tordo, entre outros adxetivos descalificativos, construir esta xigante trampa para ratos nunha das estradas onde (dende a súa inauguración) faleceron xa tantos veciños e veciñas, algúns coñecidos meus, que ademáis do sinistro tamén tiveron que soportar o traslado ó Hospital de A Coruña sen que os ocupantes da ambulancia (non medicalizada) poidan asistir dignamente o ferido, sen palas para reanimalo, ou transfusión, ou un médico, sen esperanza posible, mortos vivos de camiño a morgue da planta baixa, destiño tradicional nestes casos. Esta inmensa traxedia con puntos negros marcados na nosa memoria colectiva dun Pobo que morre en silencio, sen facer moito ruido.

http://quepasanacosta.gal/catro-persoas-resultaron-feridas-en-senllos-accidentes-rexistrados-en-dumbria-e-malpica/

Accidentes 2016-2015

 

Nesta última década fomos testemuños do desmantelamento premeditado da nosa flota pesqueira, principal motor da economía das nosas vilas mariñeiras, mentres esganan a gandeiría que hoxe vende a trinta céntimos o litro de leite por non pechar as derradeiras granxas da nosa costa verdescente, antigamente gandeira e campesiña. Coa nosa mocidade nas cidades e en paises estranxeiros convertéronnos na meirande Palestina do planeta e, hoxe, Galiza enteira esta xa espallada por todo o globo terráqueo, sen intención de voltar, de momento, a este xeriatrico xigante, eso si, sen ambulancia medicalizada.

 

http://quepasanacosta.gal/a-poboacion-da-costa-da-morte-maior-de-85-anos-supera-a-infantil/

 

 

Redacta:

Óscar de Souto

APRENDIZ DE GRUMETE NO BARCO DA ESCRITA.
a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A MORTE DA COSTA DA MORTE

TODOS FOMOS ESE NENO LABREGO DE NEIRA VILAS

imagesCando facer o amor era un ritual, cada mañán, mentres o merlo era o despertador desta terra verdescente, labrega e gandeira, mariñeira  e amante do fol e da gaita, amante do tambor e do bombo, da muiñeira e, como non, desas nosas grandes feiras…. Lembrando o noso pasado próximo… ¿quén non foi ese neno/a  labrego/a de Neira Vilas?

12665782_1741141796120990_1864662764_nCon mares de ardora no alento redactamos poemas salgados e pintamos verdes e prados e lares, endexamáis pintados…. como derradeiros gladiadores do verso…… con ese toque excelso, axeitado para especialistas no manexo experto da lingua, poemas exactos e perfectos, para esas élites da escrita,….. pétrea noite. Mais foi xente moi humilde, como Neira Vilas ou Manuel María, escritores e tropos que procuraron atopar ese respeto popular ardendo como un sol de verán. Cando a linguaxe é aquela carta redactada, no abecedario de tódolos días, onde a nosa xente atopa respostas entre as liñas, ou novas preguntas, camiños de toxos e silvas que pisan mentras descubren novos montes entre as letras. Esa foi a sinxela clave de obras inmortais para iniciar a ese lector que desbroza unha nova selva inóspita, onde algúns, quedamos xa a vivir …..para sempre.

12650501_1741141659454337_1424224195_nE lembrando hoxe, domingo 31 de xaneiro de 2016, ese nacemento de Castelao, tamén queremos honrar na Casa da Cultura do Concello de Ponteceso, como pequena despedida o narrador pontevedrés Xosé Neira Vilas, nun día marcado sempre pola medra da luz e dos días neste novo ciclo solar recén nacido que resucita en novas voces e novas letras por estes montes ateigados de leña e fouciño e novas terras en barbeito que debemos plantar e retrobar para que todo viva alén da morte, como se este soño e este conto fosen xa un conto e un soño de todos e cada un de nós.

Deica sempre, socio !!!

Medre a nosa lingua vella e que medre ceibe e libertada.

Redacta,  

Óscar de Souto.

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO.

 

12659764_1741142229454280_852087675_n

….

Oficialmente o Centro Cultural de Ponteceso pasa a nomearse CENTRO CULTURAL NEIRA VILAS, na honra do narrador pontevedrés.

….

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2016/01/31/menhir-balbino/0003_201601C31C7992.htm

Xosé Neira Vilas (Gres, Villa de Cruces, Pontevedra, 3 de noviembre de 1928-Gres, 27 de noviembre de 2015).

12650611_1741142256120944_1653572636_n

homenaxe no Centro Cultural do Concello de Ponteceso ó narrador pontevedrés Xosé Neira Vilas.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en TODOS FOMOS ESE NENO LABREGO DE NEIRA VILAS

A GRAN RAMERA

Este novo mundo sufrirá unha door moi superior a dun moi mal parto, todo apunta cara ese desenlace cociñado nas altas esferas que manexan os fios deste teatro planetario que dominan cen fillos da gran ramera que xogan coas nosas vidas na comodidade do eterno anonimato e os famosos paraisos fiscais.

 

                       20804_957861037600098_8526806525723853757_n                                      Foi John Keynes un dos formuladores desa teoría dun capitalismo planetario fundamentado no famoso libre mercado, pero non se aplicou tal e como deseñaron despois dese primeiro crack das bolsas que novamente acontecerá en breve.

https://gl.wikipedia.org/wiki/John_Maynard_Keynes

Foi coma facer unha casa e cementala fundación con materiais defectuosos e sobre un pantano de fango e auga, o normal vai ser que se afunda todo, de súpeto, tarde ou cedo. Esa liberdade do mercado capitalista esta hoxe en mans das grandes mafias internacionais e dos lobies sionistas que dominan o ouro, o petroleo e as bolsas mundiais. Presidentes, prensa, xustiza e poderes de tódolos estados “democráticos” do planeta. Un xogo de títeres onde os pobres sufren e os ricos gañan sempre.

Esas grandes fortunas queren máis poder e máis fortuna e sabendo que o sol esta en record histórico de actividade e os recursos pretolíferos remataron as súas existencias agora invirten o seu diñeiro nesta crise mundial artificial e nas colleitas, (alimentación)…., agardando que as plagas e o caos sexan o gran impago das débedas deses puntos estratéxicos por onde trescentos millóns de inmigrantes ilegais só terán ollos e pés para alcanzar desesperadamente ese norte coas portas pechadas por orde ministerial.

Coma se ese apocalipsis bíblico fose o seu guión nesta pelicula de terror onde a vacina para salvar este planeta esixe “asasinar os donos dese puto libre mercado” onde o noventa por cen esta nas mans de cen multimillonarios con moi pouco de humáns e cos petos demasiado cheos de avaricia.

fotonoticia_20150214140840_644A gran nova Babel, esa gran ramera, caera sen mans, de fuciños, inundada por este oceano que medra e medra mentres o sur emigra cara este norte rodeado de alambradas con coitelas afiadas e arame de espiño.

Se aquel minúsculo virus que atoparon, en datas recentes, resucitou desconxelado despois de trescentos millóns de anos en stand by…. esto quere dicir que do ártico e da antártida estoupará a caixa de pandora vírica e novamente a Nai Natureza tomará o control dun planeta que Deus nos prestou e nós ……non soupemos coidar decentemente del.

303761_168953846526039_2093486359_nAs grandes masas de auga doce dos desconxelados océanos do norte obrigan os animais mariños a emigrar cara o sur e a gran mancha de auga quente nos océanos do sur obrigan os animais do sur a dirixirse cara o norte, o mesmo que os seres humáns buscarán desesperadamente esa quimera que os donos do mundo pecharon con fronteiras onde a esperanza última do noso mundo, esta estátua da liberdade caendo sen mans, tropezará con cancelas de fume onde todo arderá para volver a replantar este novo xardín do Edén despois da morte deste Sistema por un gran colapso xeneral inevitable.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO.

Vila de Laxe, 29 de xaneiro de 2016.

 

http://noticias.lainformacion.com/economia-negocios-y-finanzas/macroeconomia/el-poder-de-los-lobbies-al-descubierto_Gb99W24CFQTSDVd6VWkY36/

El Foro de Davos se prepara para el colapso: el «Informe global de riesgos» 2016

 

http://www.weforum.org/reports/the-global-risks-report-2016

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A GRAN RAMERA

O ÉXITO DA NOVA PRAZA DA FEIRA DE LAXE

“A Coz de Malicia” puxo, novamente, o carro antes cos bois, pero este venres na segunda edición da NOVA FEIRA DE LAXE non collia un alfiler nesa nova praza laxense, moi axeitada, para o gran rexurdimento das nosas feiras comarcais.

https://www.facebook.com/concellodelaxe/?fref=photo

https://www.facebook.com/concellodelaxe/?fref=photo

Mentres os gandeiros galegos agasallan o seu leite a trinta céntimos o litro e os nosos mariñeiros do cerco abandonan San Caetano, en Laxe, ese novo emplazamento da feira dos venres pola mañan deixou moi claro que o pequeno comercio local e mais a a feira encaixan perfectamente como anel no dedo.

Na primeira edición da feira na plaza central de Laxe foi moi criticada a doble páxina pola maliciosa prensa subvencionada que ataca con firmeza os concellos onde non gobernan as gaivotas, mais nesta ocasión, foi ese diluvio universal caendo sobre Portozás o causante do fracaso do seu estreno pasado por auga.

O solazo deste venres pola mañán, 29 de xaneiro, no fin de mes dun 2016 marcado pola crise, evidenciou que tendo donde aparcar, coa rua principal despexada, esa praza ateigada de feirantes e tamén bares e comerciantes, que ainda por encima rima, sentenciou o acerto das autoridades municipais da nosa vila morena galega nese novo oco onde hai espazo para todo o mundo.

Como ten que ser !!!!!!

 

Redacta: Óscar de Souto

Escritor bergantiñán.

Enlace a crítica nomeada no artigo:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/laxe/2016/01/23/chaparron-agua-quejas-estreno-nueva-feria-laxe/0003_201601C23C2991.htm

 

Enlace a páxina de facebook do Concello de Laxe:

https://www.facebook.com/concellodelaxe/?fref=photo

 

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en O ÉXITO DA NOVA PRAZA DA FEIRA DE LAXE

FEIJOO, COSTA DA MORTE, CROCODILOS, SUBVENCIÓNS E POETAS

A gran nova do xornal “La coz de malicia” na edición Bergantiños, Soneira e Fisterra, deste  sábado sabadete, 23 de xaneiro de 2016, foi esta gran frase histórica de Feijoó que desconecta na Costa-Morta, asasinada por eles mesmos, ZONA DESERTA E ANTI-ESTRÉS ……que tal ….¿cómo lo ves? …..e dio alegremente e queda tal pancho.

 

Neste caso, e sen que serva de precedente, co propio subtítulo do artigo, deste artigo de opnión, e tamén co enlace a esta nova que adxunto, xa teño todo redactado. E prosego co resto de novas nesta edición tan suxerente, como esta a ocorrer neste xornal de cote. Que terror !!!!

Adxunto enlace da nova :

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2016/01/23/feijoo-span-langgl-costa-da-morte-e-mellor-hai-cando-quero-escapar-vou-alispan/0003_201601C23C5991.htm

 

POESÍA NAS NOSAS COMARCAS

Con esta interesante rejheifa en castelán de José do Zoqueiro, presunto “autor” nado en Carballo no 1914 cubren esa páxina completa na edición de papel e tamén na dixital, e xa escomeza o poemiña con ese título que ten ( ora sen h), entre outras jaimitadas, impresionante obra digna de tal homenaxe en tan insigne xornal, con loubanzas sempre os autores falecidos ……porque xa nada lles poden decir nin nada poden redactar.

Enlace a gran homenaxe:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2016/01/23/memoria-jose-zoqueiro/0003_201601C23C12991.htm

 

262632_544323945595955_1263374871_nEsquéncense, iso si, de Xaime Trillo, David Creus, Iria Mclestón, Rosa Lois Caamaño, Álex López, Esther Linares, Manuel de C. (tamén), Silvia de Fisterra, J. M. de Olveiroa, Claudia Castro, …. , e as veces tamén de Serxio Iglesias, Roberto Traba, Modesto Fraga, Alexandre Nerim, Branca Vilela, Miro Villar, Maria Lado & cia, Rosalía Fernández, Xosé Iglesias, ………buuuf, e tamén eses ausentes na emigración, por soposto, esa emigración post-crise, no eterno esquecemento perpetuo, ademáis dos centos de anónimos descoñecidos, centos ou cecáis ainda máis…..e ….. (a min xa nin me conto, ¿para qué?…. poetas e poetisas vivos/as das nosas comarcas,  eternos descoñecidos e algún outro algo menos coñecido do que debería ser, neste tipo de prensa……. tan, tan, tan …… informativa.

E xa sen máis que contar pechamos este asunto,  porque …….. ¿Qué máis podo dicir?

 

 

AUTÓPSIA Ó CROCODILO DOMÉSTICO DE MALPICA

 

http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2016/01/Uns-surfistas-atopan-morto-un-crocodilo-nunha-praia-de-Malpica.jpg

http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2016/01/Uns-surfistas-atopan-morto-un-crocodilo-nunha-praia-de-Malpica.jpg

¿Cómo pode ser posible que fagan unha autopsia, in estremis , o xa incinerado animaliño este do que tanto se fala e descoñezan: as causas da morte, clase de cocodrilo, procedencia, data apoximada da morte, etc….. ? A teoría de que sexa un presunto animal doméstico, un cocodrilo de metro e medio, encántame.

A nova é moi entrañable.

Enlace o crocodilo posiblemente doméstico:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2016/01/23/procedencia-cocodrilo-rias-incognita/0003_201601C23C6991.htm

 

 

A NOVA PRAZA DA FEIRA EN LAXE

zona paseo marítimo de Laxe

zona paseo marítimo de Laxe

Nese estreno estiven por ali, máis sen sair do coche, pois caeron ese venres pola mañán chuzos de punta, único motivo da falta de postos e compradores, nun lóxico emplazamento para que ambulancias e vehículos poidan (por fin) aparcar e pasar por esa  rúa de Laxe onde xa cerraron catro locais estes meses pola crise e tamén, como non, porque visitantes, coches, feira e comercios deben atopar espacio para todos, e con total seguridade…. exite espacio na vila, dou fé.

Enlace a crítica do sábado:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/laxe/2016/01/23/chaparron-agua-quejas-estreno-nueva-feria-laxe/0003_201601C23C2991.htm

http://resultados.elpais.com/elecciones/2015/municipales/11/15/40.html

 

 

CARBALLO TAMÉN NO PUNTO DE MIRA

Das eternas chorradas sobre Carballo prefiro non pronunciarme, a propia nova xa se define:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2016/01/23/verde-beneficia-ciudades/0003_201601C23C3992.htm

 

http://resultados.elpais.com/elecciones/2015/municipales/11/15/19.html

A CORUÑA É DE BERGANTIÑOS

Cubren unha páxina completiña cunha noticia de A Coruña na sección de Berganiños-Soneira-Fisterra, que …. casualmente nesa Cidade da zona Ártabra tampouco gobernan os da dereita.  Non deben ter novas dabondo sobre as nosas comarcas, ¡que pena!, deberían leer o http://quepasanacosta.gal/ ……. ou que me chamen a min e doulles eu unhas cuantas novas, ….e   ademáis de balde.

Alucinante.

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2016/01/23/coruna-redisena-mapa-judicial-traslados-edificio-tabacos/0003_201601C23C7991.htm

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

UN POETA BERGANTIÑÁN, PERO VIVO, …..DE MOMENTO.

 

——

Novas relacionadas:

28/12/2015

A Xunta deulle 1,7 millóns aos grandes medios en concepto de axudas en 2015

O Grupo Voz recibe case a metade do diñeiro.

…..

Enlace a TAN FERMOSA nova:

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/27305-xunta-deulle-17-millons-aos-grandes-medios-concepto-axudas-2015

 

…..

 

Concordia parvae res crescunt, discordia maximae dilabuntur”……

 

Postdata: Dende o 28 de decembro trazaron un rumbo editorial onde a crítica destructiva a certos municipios (según a cor política do seu gobernallo) queda patente neste artigo de opinión, ou asi mo parece, máis eu a isto non lle chamo PERIODISMO INFORMATIVO porque seguro que existen mellores adxetivos. Prefiro que os imaxinen xa que tan ben se lles da, agora, isto de inventar.

Felicidades por todo !!!!!

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en FEIJOO, COSTA DA MORTE, CROCODILOS, SUBVENCIÓNS E POETAS

OBSCENIDADE, SEXO E POESÍA

Son estes tres palabros que, como auga e aceite, non dan conxugado cando o poeta, como máxima expresión de pertenza a un Pobo, xa nin pretende conxuntalos, neste tempo onde as circunstancias obrigan a versar sobre os laios dun Pobo violado, derrotado, emigrado, desleixado i eternamente mudo.

12541024_1542140389430961_5695467206071775192_nÉ tempo de versar sobre as causas e sobre os causantes de todos estes males da nosa era, esta obscenidade dos traidores copulando cos bandidos saqueadores da nosa identidade nacional, o sexo da nosa lingua morrendo de amor en cada palabra trocada, sexo multi-idiomático, esa estocada de non ter idioma no falar cotiá do Pobo, nese longo silencio petreo dunha población que foxe da literatura e dos libros coa bendición, como non, do alto mando. A nosa lingua vella, nai do castelán, irmán do portugues, filla do latin, hoxe perde palabras tódolos días nesa sustitución constante que avanza inexorable como unha infestación de transmisión oral desgraciadamente imparable. Somos testemuños do padecemento irrecuperable do idioma galego por falta de lectura e por falta de uso, entre outros síntomas, deste desleixo crónico severo, sen recuperación posible.

bgalega8E ainda lembro, ainda, aquel celtismo galego que foi un feito diferencial nacionalista, unha ideoloxia xa morta, perdida na arela dos tempos remotos, como un contaxio daquelas ideas centro-europeas que se tecian na tramolla dun teatro onde a sangue acabou derramándose nese apocalipse da esperanza, xa  tantas veces asasinada, a esperanza dos pobos e das grandes ideas. Daquelas ideas eidistas, de principios de século, onde rexorde o nacionalismo galego que fundou o estatuto de autonomía como inxenio máxico para seguir, dalgún xeito, neste “Estado de Malestar”…. hoxe tan de moda. Si, a copa do noso escudo non contiña viño tinto das adegas do Miño, non, contiña a sangue dos nosos ancestros que seguen soterrados nalguha fosa común cecáis alén do Ebro, cecáis nas beiras do Duero, soterrados no esquecemento dalgúns traidores que falando en galego normativo e autoproclámanse defensores da Patria galega mais son os seus feitos caciquiles, elitistas, copia exacta da dereita anti-galega, son eses amizades perigosas, e eses feitos separatistas e obscenos os que axudaron moito a alonxar a este mesmo Pobo, non só do Nacionalismo galego, senón tamén de calquer feito diferencial do mesmo, a idiosincrasia morreu nas mans deses mesmos defensores …. defensores de si mesmos, por suposto, defensores que coa súa mensaxe grandilocuente, enfática, pomposa, noxenta…. alonxaron a cidadanía de calquera cousa que poida somellar galeguista. E doenme os tímpanos cando escoito a algún talibán ultra-ortodoxo hiper-nacionalista culpando a xente destes problemas que expoño aqui, neste humilde artigo, cando estes talibáns tiñan que rachala camisa e petar forte contra o peito nun mea culpa, mea culpa, mea culpa, máis que innegable. Parece mentira que eu, que nada entendo de política, teña que decir isto, aqui e hoxe, e deste xeito, porque é unha arcaica cantinela vox populi que nas votacións estatais deste nadal deixaron sentenciado totalmente os propios resultados. Pero xa levamos  trinta anos de retraso no, xa imposible arranxo, deste desastre absoluto que chaman Galicia. Ten que ser a población a que erga, con honra e coraxe, a bandeira dunha idea que debe triunfar primeiro, nas rúas e nos corazóns, para vencer despois nos feitos e nas nosas vidas, …..a xente, ten que ser a xente. E, agora, que os falsos poetas, eses que artellaban grandes poemas prosianos, inintelixibles, eses que gañaban premios con cheque e publicación, eses de caché e carnet de nacionalista, agora que estan sen subvencións, agora adícanse a outras sinvergüencerías, e algún ata se meteu na política, gran choio, un traballo axeitado, propicio,  para estas ratas de cloaca que aspiran sempre a poñelo cazo mentras latrican longuísimas chorradas, eso si, como non, en galego normativo.

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Sen idioma, sen pobo, sen tradición, sen mocidade, sen esperanza, sen re-evolución…. só podemos versar sobre aquel recordo, aquel recordo daquel día no que fomos un País que soñaba con ser libre escoitando poemas que escribian poetas, entendendo os poetas e os poemas, eso si, dos que escriben verdadeira poesía. Poemas dos poetas de verdade. Verso, recordo e soño que o meu Pobo sexa un Pobo e que o meu País sexa un País. Soño, recordo e verso intentando non mesturar endexamáis, poesía, sexo e obscenidade, nun mesmo poema.

Soño, ……ainda sigo soñando.

 

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

 

pintor de follas en branco.

 

 

Laxe, 16 de xaneiro de 2016.

 

FINAL 1

 

Publicado en Sen categorizar | 2 Comentarios

Ó NOSO XEITO 2016. 12ª EMISIÓN

12476268_1732887683613068_289911341_nEscomezamos este 2016 con un novo programa da goleta radiofónica Ó NOSO XEITO, de radio Roncudo Corme e retransmitidos, o unísono por radio Neria Corcubión. Este venres 8 de xaneiro ás 22 h. nese trepidante directo das derradeiras radios libres da Costa Verdescente. Óscar de Souto e Iván Pereira fusionarán cultura, radio, sociedade, novas e música para que esta decimosegunda emisión da segunda singladura chegue a toda a Costeira dende Muros ata Malpica pola 106.1 FM  Norte e 107.8 FM Sur. O programa repítese os sábados pola mañán as 11. Séguenos tamén polo facebook nesta entrada: https://www.facebook.com/groups/517036121805142/?fref=ts

Medren as nosas Comarcas, medre a nosa Costa e medren as nosas derradeiras  radios libres !!!!!!!

Para o resto do planeta tamén poderedes escoitarnos por internet nas seguintes entradas:

 

http://radioroncudo.caster.fm/

https://radioroncudo.wordpress.com/

http://radioneria.blogspot.com/

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en Ó NOSO XEITO 2016. 12ª EMISIÓN

UNHA DE CAL E UNHA DE AREA

UNHA DE CAL E UNHA DE AREA

 

Mentres a Deputación, dona e señora das nosas reseñas turísticas bergantiñáns, pecha as portas de Don bater, dun forte portazo, as necesarias actividades socio-culturais, nesa impresionante réplica do berce do Megalitismo galego, aproximación mutua e agarimosa ó noso Pobo, a tan importante sepulcro….. e mentres acontece iso…. silvas e musgo, hongos, bacterias e humidade toman por asalto o Dolmen real, derradeiro gran tesouro emblemático da nosa arqueoloxía neolítica galega e Ibérica. Só queda tapialo con cal viva coma nun pesadelo ……durísimo e incomprensible.

 

C06M3117Tivo que facelas maletas o gardián de Dombate, Lito, Angel Eiroa, que xa non explicará máis esas cuestións técnicas que propiciaban luz a esa longa noite de pedra informativa de cinco mil anos baixo terra. Tampouco poderemos contar con ese guia local borneirán, amante da súa propia parroquia e do seu Dombate, pois agora será, novamente, o silencio e a noite, as tebras e esa cal que soterrarán de cegueira esa gran cúpula acristalada que garda un símbolo do pasado ancestral galaico, hoxe, en perigo de morte.

E tamén quero anotar algún apunte de aninovo sobre as areas, esas areas pontecesáns que tanto amou o bardo, Eduardo Pondal, cando se comparou cun cisne cantor defensor desas mesmas areas douradas e, tan benqueridas, para toda Galiza. Pois el dicianos: ¿qué din os rumorosos….?

Esteiro do Anllóns. foto de XENTE DE BERGANTIÑOS, grupo de facebook

Esteiro do Anllóns. foto de XENTE DE BERGANTIÑOS, grupo de facebook

Os rumorosos falan de palangres e redes na boca da barra con lanchiñas clandestinas nese nocturnidade que todo o oculta. E falan, as malas linguas, de furtivos mariscando almejas coquinas nas areas da Illa Tiñosa, os pes do Monte Branco, con impunidade nas mareas diurnas do verán. Falan os rumores dos rumorosos de cuotas de berberecho apañadas de noite, máis que de día, por eses mesmos furtivos que non teñen dabondo con nada. E falan os que latrican esas malintencionadas letanías de casas onde mercar miñoca e mangón, sen declarar, e viveiros de gavilán (unha lombriz de mar moi cara, alimento fundamental dos peixes) que se exporta a Cataluña e Francia, sen os permisos correctos e sen o control correspondente. Todo rumores. Ata contan tamén os rumorosos, que eses mesmos bandidos ególatras, teñen agora a licencia legal das autoridades sobre os poliquetos (lombrices para pescar), como derradeira estocada a maltreita ribeira do Esteiro do Anllóns.

Se tales rumores fosen certos, ogallá non o sexan, os xubilados e desempregados (amplia maioría) que afogan as súas tristuras na pesca deportiva tradicional con cana e cebo, ¿ terían que retirar as súas gamelas pra terra firme, e xa non poderían considerar súa esa tan amada ria, onde a pesca deportiva ancestral é antídoto anti-alcohol, anti-estres e  anti-suicidios…. calma de tódalas penurias….. xa non poderían apañar miñocas para pescar nesa lagoa salgada propiedade de catro mangantes….. coa bendición do alto mando?

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Unha inmensa ringleira de postes invisibles rodeana como marcando unha extensa marisqueira privada propiedade dos malechores e dos saqueadores asasinos do mar. Pero cando algo que é considerado como común e valorado como algo de todos pasa a ser de catro nadamáis o que acontece normalmente e que as areas transfórmanse misteriosamente en cal viva, con cianuro e tóxicos perigosos, que esbaran por tódolos regatos camiño do mar. Porque ninguén valora a inxustiza e o desafiuzamento do común, e iso mesmo, co tempo, acaba en guerra e contaminación, desastre que fai libre, por sempre,  un territorio onde o cisne cantor desexaba repousar como última voluntade poética símbolo desa viaxe final da alma, rio abaixo….. camiño do mar.

Non podemos ter nada .!!!!

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO.

Cabana de Bergantiños, 1/1/2016

 

 

Enlaces relacionados:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cabana-de-bergantinos/2016/01/02/gestion-cultural-dolmen-dombate-pasa-diputacion/0003_201601C2C1991.htm

 

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/12/31/mariscadoras-anllons-podran-extraer-poliquetos/0003_201512C31C3995.htm

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en UNHA DE CAL E UNHA DE AREA

A POETISA DOS MIL PREMIOS

http://quepasanacosta.gal/rocio-leira-gana-o-iii-certame-de-poesia-xose-m-lopez-ardeiro-convocado-polo-concello-de-negreira/

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/05/14/0003_8482561.htm

 

Rocío Leira, é a poetisa dos mil premios

Rocío Leira Castro (Pereiriña – Cee), coa súa obra “Obituario”, presentada baixo o pseudónimo de Xanela, resultou a gañadora do III certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que tivo lugar o pasado venres no concello de Negreira. O certame ó que se presentaron máis de 260 obras, tiña como membros do xurado a persoeiros coma Xurxo Souto. 

O xurado – formado por José Antonio Ponte Far, Xulio López Valcárcel, María López Sandez e María Rey.

NOVA GAÑADORA TAMÉN NO 2014 :

O xurado selecionou á obra Cita con Lola de Rocío Leira Castro como vencedora no certame de Novela Curta.

http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/01/22/entregados-os-premios-xose-m-lopez-ardeiro-e-novela-curta-de-negreira/

MÁIS INFORMACIÓN DE INTERESE :

http://www.editorialgalaxia.com/autores/autor.php?id_autor=1033#

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A POETISA DOS MIL PREMIOS