RECITAIS POESÍA XUNIO 2012 – GALICIA

Ágora acolle o 11 de xuño un novo recital de Poetas Di(n)versos

O departamento municipal de Cultura informa de que o próximo lunes, 11 de xuño, o centro Ágora acolle o último recital do ciclo Poetas Di(n)versos, que retomará a súa actividad xusto despois do verán. Será coa participación do ourensán Francisco Xosé Fernández Naval e o indio Sudeep Sen. Poetas Di(n)versos interrumpirá as súas citas mensuais durante o vrán e voltará en outubro cunha nova edición deste ciclo de recitais.

o luns, 11 de xuño, as 20.30 horas no auditorio do Ágora, no espacio aberto e de balde para todos os amantes da mellor poesía. O editor Sudeep Sen acaba de publicar unha selección dos poemas en edición bilingüe inglés-galego, grazas as traducions da directora do ciclo, a poetisa e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. No recital do luns, sonarán os seus versos en galego. O ciclo impulsado pola Concellaría de Cultura alcanzou en tódalas sesións de Poetas Di(n)versos unha importante afluencia de público, polo que aposta por continuar con esta iniciativa, “pioneira” na cidade, despois do verán.

Dende trece poemas os nosos parabéns por ser a pioneira e por tan importante laboura de apoio a poesía e ao galego nunha cidade como Coruña que fala principalmente en castelán ainda que mezclado con galego e algo de “corunho”…. estas iniciativas culturais son transcendentais para fomentar o galego e a cultura nunha cidade que precisa, abofé, un pouco das dúas cousas.

Noraboa !

Fonte: http://www.corunaonline.es/coruna-2/el-agora-acoge-el-11-de-junio-un-nuevo-recital-de-poetas-dinversos/

En xunio tamén teremos a POETAS DA HOSTIA

O vindeiro mércores 13 de xuño en horario pouco apto para nictálopes (22:30) terá lugar a primeira Hostia en Verso en terras de Compostela. O noso campo de batalla será a Sala Ultramarinos (Casas Reais, 34) e enfrontara nun inédito combate ás ‘Señoras que’ Vs. ‘Señoras que non’, todo un alarde de dicotomía, de contradicción e de loita absurda. A noite estará conducido polas inigualables irmás María Lado e Lucía Aldao, e os crochets poéticos virán da banda de Ledicia Costas, Xabier Xil Xardón, Samuel L. París, Lorena Souto, Edu Estévez e Daniel Landesa. Como non podía ser doutro xeito estarán acompañados polo xenial músico mig & as súas cousas.

Non o pensedes. Se nunca estivestes nunha sesión da Hostia en Verso, non podes faltar.

Máis información en: http://poetasdahostia.blogaliza.org/

http://poetasdahostia.blogaliza.org/files/2012/06/rosalia-boxing_Ultramarinos_mig.jpg

http://poetasdahostia.blogaliza.org/files/2012/06/rosalia-boxing_Ultramarinos_mig.jpg

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.