POETAS DA FARSA

…. “exercen de bufóns nunha farsa máis próxima á politica que á poesía”…

Trece  poemas escolle iste artigo de Antón Tenreiro como mellor artigo do mes de xunio en 2012 en Galiza pola súa transparente descripción da situción actual da poesía galega.

 

“O poeta é aquel capaz de rexistrar o inefable. Precisase unha alquimia verbal que nacida dunha alucinación dos sentidos, se exprese como alucinación das palabras. Esas invencións verbais terán o poder de cambiar a vida” Arthur Rimbaud.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 07/05/2012

Escoito moitas veces eso de que a poesía galega está nun dos seus millores momentos, loxicamente na parte da creación, pois no editorial, e no número de lectores, é ruinosa, pero aínda así, sinto non poder compartir esa afirmación, que por certo fan moitos dos máis coñecidos poetas nunha especie de corporativismo poético-patético.
Moitos dos máis recoñecidos poetas contemporaneos galegos, viven nunha especie de teatro absurdo, nunha pose estetica que lonxe de representar a verdadeira poesía, semella máis unha farsa sostentada polo lientelismo, as relacións, círculos pseudoliterarios, amiguismos politicos e outras monsergas que pouco ou nada teñen que ver coa poesía.
…..
…..
Esa poesía bebe dos millores e comprometese, non se abuchara diante de nada nin de ninguén e sae da letanía de sempre. Esa é a única e verdadeira poesía galega, porque ao final, so hai boa ou mala literatura, e esto non depende nin de encumbramentos de autores por simpatias politicas nin de burdas proclamas do gusto dos que manexan algun tipo de poder.

Seguimos lendo o artigo completo na súa fonte de orixe: http://galiciaconfidencial.com/nova/10396.html

Outro artigo de interese: http://mundogaliza.com/non-somos-parvos/

Óscar de Souto.

Unha vez máis un articulista valente móstranos a verdadeira face da literatura en Galiza ainda que lle carga o morto o nacionalismo galego cando todos sabemos que as culpas desta situación residen máis a dereita e bastante máis no cumio do que apunta Antón Tenreiro. O que si queda de manifesto indiscutiblemente e que as subencións públicas e o amiguismo caciquíl non serven para alzar ou realzar a poesia galega senón que son armas de control da opinión dos poetas que unha vez subencionados deben obediencia e respeto a man do seu dono como un can preso nunha cadea que soña con roer un oso ou comer unha pinga de touciño.  Dende trece poemas lembramos unha vez máis a importancia dos círculos abertos nacentes desta vella realidade que no presente loitan abertamente contra esta situación e lembramos que estes colectivos de poetas galegos non cobran subención, nin se deben a ningún amo, nin calan as verdades, recitan en pubs e bares e non sempre en auditorios, loitan a prol do pobo coa poesía por bandeira e as verbas son balas nas súas bocas brancas e azuis. Eles, os círculos abertos, son o amencer da longa noite de pedra.

Óscar de Souto – Director de Trece Poemas

….

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a POETAS DA FARSA

  1. territoriopoetico di:

    Trece poemas é un portal dixital colectivo que nace dun blog de autor e milita en blogaliza para promover, difundir e apoiar a poesía galega, o idioma galego e a Galiza. A crítica constructiva axudaranos a medrar paseniño e da crítica renacerán novas fontes da que poder embebeder.

Os comentarios están pechados.