POESIA GALICIA

Reivindican a vixencia dá poesía e dá actitude de Rosalía

A Aelg espallou unha declaración nas lecturas organizadas por toda Galicia na que reclamaba a actualidade dá poesía e dá actitude de Rosalía.

Algunhas horas e 175 anos despois de que Rosalía de Castro fose bautizada na capela do Hostal dos Reis Católicos, a fundación que leva ou seu nome cumpriu en Compostela co rito dá lembranza e dá palabra. Pero non foi o único espazo. A Aelg espallou unha declaración nas lecturas organizadas por toda Galicia na que reclamaba a actualidade dá poesía e dá actitude de Rosalía.

Fonte: http://www.blogoteca.com/1827/index.php?cod=110106

Outras fontes: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/02/25/reivindican-vixencia-da-poesia-da-actitude-rosalia/0003_201202G25P44991.htm?idioma=galego

 Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. Foi a súa nai dona Mº Tereixa de Castro e Abadía, de familia figalga vida a menos, e o seu pai Xosé Martinez Viojo, clérigo da parroquia de Iria (Padrón). Nos primeiros anos da súa vida foi atendida pola familia do pai en Padrón, indo aos 13 anos a vivir coa súa nai en Compostela. Fai estudos de música e debuxo na Sociedade de Amigos do País e frecuenta o “Liceo de la Juventud” onde toma contacto cos intelectuais da época, entere os que están Aurelio Aguirre e Edualdo Pondal.
En 1856 transladouse a Madrid e publica o seu primeiro volume de versos en castelán, “La flor”(1857), …..

Reside en Madrid, A Coruña, Lugo , Simancas consecuencia do traballo do seu home. Cando Murguía e nomeado xefe do Arquivo Xeral de Galicia, reside en Galiza ata a súa morte. Rosalía sofre nos derradeiros anos a enfermidade e morre en Padrón o 15 de xullo de 1885.
Rosalía con dous libros de poemas en galego “Cantares gallegos”(1863) e “Follas Novas”(1880) é considerada como a maior figura da literatura galega do seculo XIX, e unha poetisa de gran altura no mundo. Rosalía converteuse nun símbolo pola súa identificación co pobo galego, coas clases populares, coa súa lingua desprezada, coas súas reinvindicacións de xustiza, unido elo ao feito engadido de ser muller, cando estaba considerado pouco femenino e mal visto as actividades públicas.

Fonte: http://www.limiarlibros.com/webgaliza/letras1963.htm

Óscar de Souto

É máis que evidente a importancia da loita de Rosalia a prol do galego como tamén e xa vox populi que existen hoxe en día en Galicia unha longa listaxe de autores vencellados estreitamente a grupos políticos ou inscritos en agrupacións ou asociacións que debido as subencións públicas non poden reivindicar a penas nada sen poñer en perigo a situación económica da súa paupérrima asociación ou a situación sociopolítica da agrupación na que tristemente militan. Por outra banda a xuventude galega cada vez máis apoia as reivindicacións dos movimentos sociais como 15-M ou Democracia Real coa crenza firme de Vox populi, vox Dei  …. e …  dende logo, en Trece Poemas estamos convencidos que se Rosalia espertase de seguro que protestaría enerxicamente por todo o que esta acontecendo coa poesia en Galicia, especialmente, e coa situación social i económica no presente; i entrementres os circulos pechados seguen atrincherados nas subencións e no amiguismo caciquíl e manteñen asi secuestrada a poesía galega recitando en auditorios públicos i en salas glamurosas argallando longos poemas lírico-funestos en prosa poética adormecente, poemas  infumábels e indescifrabéls, tan só para seguir sendo que son e seguir eternamente axeonllados baixo o xugo vestido de subención dos seus amos no cumio deste teatro vomitivo bañado en sulfato de cobre. Agasallándose premios literarios como intercambio de favores e agrupandose en sectas editoriais que somellan abofé as xuventudes hitlerianas cecáis non na ideoloxia pero si no comportamento e nas formas. Moitos autores galegos son fotocopias dos seus camaradas de grupo, son verdadeiros “animais de rebaño”. E Trece Poemas aposta polo cambio de rumbo na poesía galega ….cambio urxente !!!!…  porque deben ser os círculos abertos dos novos poetas os que tomen a bastilla recitando novas verbas que o pobo entende e comparte. Porque … Vox populi, vox Dei !!!!!!

Óscar de Souto (Director de Trece Poemas)

Artigo de Óscar de Souto, “Adictos a mentira”, en:

http://oscardesouto10.blogspot.com.es/

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.