2012 – POESÍA GALICIA: XOGUETES E ABECEDARIOS PÓSTUMOS

Premio de Poesía Erótica para Xoguetes póstumos

Fonte: http://sarmientobiblioteca.blogspot.com.es/2009/03/premio-de-poesia-erotica-para-xoguetes.html

“Cecáis non pode haber literatura erótica galega, como aínda non hai ciencia ficción galega. Non están desenvolvidos completamente todos os subxéneros”, di.

Emma Pedreira sabe moito de poesía erótica; a carga de sensualidade e carnalidade na súa poesía foi sempre moi forte, aínda que non se lle apuxese necesariamente esa etiqueta.

O seu poemario máis recente, Xoquetes Póstumos, entra en principio nesa categoría, pois de feito gañou o pasado novembro a terceira edición do Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. Porén, para Emma Pedreira, é “o menos erótico” de todos os libros que escribiu.

….

A lucense Cristina Ferreiro gaña o Fiz Vergara con ‘Abecedario póstumo’

15/04/2012

A lucense Cristina Ferreiro obtivo o duodécimo premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, o cal foi fallado onte na casa consistorial de Sarria. A obra gañadora leva por título ‘Abecedario póstumo’.

O poemario proclamouse gañador entre os 92 traballos presentados nesta edición do certame, convocado pola agrupación cultural Ergueitos e o Concello de Sarria. As obras recibidas procedían de diversas provincias de España, así como de Arxentina, Venezuela, Alemaña, Francia e Reino Unido.

Antía Otero

O xurado composto polos escritores Antía Otero, Estevo Creus e Francisco Fernández Naval destacou que o premio chega á súa duodécima edición «cunha enorme vitalidade» tanto polo gran número de orixinais presentados como pola súa gran calidade, o que converte ao certame «no centro das olladas de moitas e moitos poetas e un referente no panorama literario da poesía galega».

Otero sinalou que ‘Abecedario póstumo’ é un libro no que un texto leva ao seguinte sen caer o ritmo nin a forma. Fernández Naval subliñou que se trata dun poemario moi vinculado ao momento de cambio que vive a sociedade actual. Pola súa banda, Creus asegurou que o libro retrotrae aos mitos de cidades alagadas e que ten un ritmo «moi ben artellado».

Do xurado tamén formaron parte a presidenta de Ergueitos, María Casar, e o concelleiro de cultura de Sarria, Francisco Pérez. Estes dous últimos con voz pero sen voto. Casar congratulouse pola elevada participación desta edición e agradeceu ao xurado e ao Concello sarrián a súa colaboración. O edil afirmou que o Concello seguirá apostando polo premio e mantendo a súa dotación económica. Así mesmo, agradeceu o labor do xurado, Ergueitos e os participantes no certame.

Cristina Ferreiro

Cristina Ferreiro é natural de Lugo, aínda que reside en Granada desde fai algo máis dun ano. Foi premiada nalgúns certames literarios, como o Francisco Añón e dos concellos de Ames, Sada, Cambre e Vilalba. Ademais, publicou o poemario ‘Desequilibrar e caer’.

A moza súmase a unha lista de premiados da que forman parte: Marica Campo, Xesús Pereiras, Estevo Creus, Miguel Anxo Mato, Emma Pedreira, Martín Veiga, Xosé Neira Cruz, Olalla Cociña, Baldo Ramos, Francisco Fernández Naval e Xerardo Quintiá.

Enlace – fonte da noticia: http://elprogreso.galiciae.com/nova/164832.html

Foto do Xurado no X premio Fiz Vergara

 

Máis información sobre a poesía de Cristina Ferreiro: http://caballerosaula.blogspot.com.es/2011/10/cristina-ferreiro_25.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.