XULLO 2012 – POESÍA GALICIA – ACTUALIDADE

Nista semana 134 visitas, novo record. 

O contador de visitas en oscardesouto de blogspot marca as visitas aos dous blogs pero suman moito máis aforo as entradas constantes ao blog colectivo de trece poemas que coloca xa o contador en 71.347 as visitas a este novo espazo literario de difusión cultural e poética de ámbito galego… especialmente. 

Óscar de Souto

Na primeira semana de xullo de 2012 o contador dispárase (134 visitas) e batimos a nosa marca cun novo record de visitas que sitúa a trece poemas nunha posición de ventaxe en tódolos buscadores de internet. Mentres esmorece a editorial galega ortodoxa e os cículos pechados notan a crise debido a notábel ausencia de subencións i esmolas públicas ….fonte da que beben,  os círculos abertos toman o poder por asalto e fan forte barricada mediante recitais abertos e publicacións, libres e de calidade, coa contundencia dun sedento no deserto chega o tempo dos novos autores de poesía (real e valente) de costas o “sistema” e co respaldo firme do Pobo, único Señor ao que serven, e máximo expoñente da nova ciber-literatura nas redes. 

http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%93scar_de_Souto

Un home superior acepta sempre os acontecementos pra conducilos” (Honoré de Balzac) 

 

Xa que os portais colectivos dixitais literarios en Galiza están, coma sempre, case todos latentes, pero … en estado de coma, nós, trece poemas , aproveitamos o tirón para manter este portal ciber-literario de difusión no cumio dos buscadores de internet para maior gloria da poesía galega e do idioma galego. Seremos vagalume na noite e na pedra.

http://trecepoemas.blogaliza.org/2012/07/05/xullo-2012-poesia-galicia-actualidade/ 

Grazas polos vosos parabéns e apoios !!!! 

Vós sodes trece poemas !!!

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.