OBSCENIDADE, SEXO E POESÍA

Son estes tres palabros que, como auga e aceite, non dan conxugado cando o poeta, como máxima expresión de pertenza a un Pobo, xa nin pretende conxuntalos, neste tempo onde as circunstancias obrigan a versar sobre os laios dun Pobo violado, derrotado, emigrado, desleixado i eternamente mudo.

12541024_1542140389430961_5695467206071775192_nÉ tempo de versar sobre as causas e sobre os causantes de todos estes males da nosa era, esta obscenidade dos traidores copulando cos bandidos saqueadores da nosa identidade nacional, o sexo da nosa lingua morrendo de amor en cada palabra trocada, sexo multi-idiomático, esa estocada de non ter idioma no falar cotiá do Pobo, nese longo silencio petreo dunha población que foxe da literatura e dos libros coa bendición, como non, do alto mando. A nosa lingua vella, nai do castelán, irmán do portugues, filla do latin, hoxe perde palabras tódolos días nesa sustitución constante que avanza inexorable como unha infestación de transmisión oral desgraciadamente imparable. Somos testemuños do padecemento irrecuperable do idioma galego por falta de lectura e por falta de uso, entre outros síntomas, deste desleixo crónico severo, sen recuperación posible.

bgalega8E ainda lembro, ainda, aquel celtismo galego que foi un feito diferencial nacionalista, unha ideoloxia xa morta, perdida na arela dos tempos remotos, como un contaxio daquelas ideas centro-europeas que se tecian na tramolla dun teatro onde a sangue acabou derramándose nese apocalipse da esperanza, xa  tantas veces asasinada, a esperanza dos pobos e das grandes ideas. Daquelas ideas eidistas, de principios de século, onde rexorde o nacionalismo galego que fundou o estatuto de autonomía como inxenio máxico para seguir, dalgún xeito, neste “Estado de Malestar”…. hoxe tan de moda. Si, a copa do noso escudo non contiña viño tinto das adegas do Miño, non, contiña a sangue dos nosos ancestros que seguen soterrados nalguha fosa común cecáis alén do Ebro, cecáis nas beiras do Duero, soterrados no esquecemento dalgúns traidores que falando en galego normativo e autoproclámanse defensores da Patria galega mais son os seus feitos caciquiles, elitistas, copia exacta da dereita anti-galega, son eses amizades perigosas, e eses feitos separatistas e obscenos os que axudaron moito a alonxar a este mesmo Pobo, non só do Nacionalismo galego, senón tamén de calquer feito diferencial do mesmo, a idiosincrasia morreu nas mans deses mesmos defensores …. defensores de si mesmos, por suposto, defensores que coa súa mensaxe grandilocuente, enfática, pomposa, noxenta…. alonxaron a cidadanía de calquera cousa que poida somellar galeguista. E doenme os tímpanos cando escoito a algún talibán ultra-ortodoxo hiper-nacionalista culpando a xente destes problemas que expoño aqui, neste humilde artigo, cando estes talibáns tiñan que rachala camisa e petar forte contra o peito nun mea culpa, mea culpa, mea culpa, máis que innegable. Parece mentira que eu, que nada entendo de política, teña que decir isto, aqui e hoxe, e deste xeito, porque é unha arcaica cantinela vox populi que nas votacións estatais deste nadal deixaron sentenciado totalmente os propios resultados. Pero xa levamos  trinta anos de retraso no, xa imposible arranxo, deste desastre absoluto que chaman Galicia. Ten que ser a población a que erga, con honra e coraxe, a bandeira dunha idea que debe triunfar primeiro, nas rúas e nos corazóns, para vencer despois nos feitos e nas nosas vidas, …..a xente, ten que ser a xente. E, agora, que os falsos poetas, eses que artellaban grandes poemas prosianos, inintelixibles, eses que gañaban premios con cheque e publicación, eses de caché e carnet de nacionalista, agora que estan sen subvencións, agora adícanse a outras sinvergüencerías, e algún ata se meteu na política, gran choio, un traballo axeitado, propicio,  para estas ratas de cloaca que aspiran sempre a poñelo cazo mentras latrican longuísimas chorradas, eso si, como non, en galego normativo.

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Sen idioma, sen pobo, sen tradición, sen mocidade, sen esperanza, sen re-evolución…. só podemos versar sobre aquel recordo, aquel recordo daquel día no que fomos un País que soñaba con ser libre escoitando poemas que escribian poetas, entendendo os poetas e os poemas, eso si, dos que escriben verdadeira poesía. Poemas dos poetas de verdade. Verso, recordo e soño que o meu Pobo sexa un Pobo e que o meu País sexa un País. Soño, recordo e verso intentando non mesturar endexamáis, poesía, sexo e obscenidade, nun mesmo poema.

Soño, ……ainda sigo soñando.

 

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

 

pintor de follas en branco.

 

 

Laxe, 16 de xaneiro de 2016.

 

FINAL 1

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a OBSCENIDADE, SEXO E POESÍA

  1. ricardo di:

    Xa nos quitaron todo, agora quítannos o NÓS , no que se meteu un feixismo cabrón que atafáganos sen deixarnos respirar o noso e achícannos os pulmóns máis, morendo xa.

Os comentarios están pechados.