BUSCANDO TESOUROS NA PRAIA

Na mañán do martes 23 de febreiro de 2016 atopámonos coa sorprendente imaxen dun buscador de tesouros que, cun detector de metais e unha pala, pescudou na praia de Laxe na busca dalgún tesouro oculto debaixo da area. A gran cantidade de naufraxios na nosa costa, como ben nos informará Fernado Patricio Cortizo no seu próximo traballo de investigación, que pronto será publicado, abre a posibilidade de que os múltiples temporais deste inverno, removeran os fondos mariños con brava intensidade, e poidesen traer algún agasallo as beiras da nosa costeira verdescente.

video buscador de tesouros na plaia de Laxe

12767319_1749385225296647_1216613320_n

Non só poden ser interesantes os nosos areais para estes buscadores de ouro e prata senón que o noso patrimonio tamén abarca eidos como os nosos innumerables castros onde todas esas terras en barbeito conteñen toda clase de artiluxios decorativos ancestrais que, unha vez retirados da terra e fundidos, pasan a ser propiedade destes saqueadores do mar e da terra. A imposibilidade de vixiar noite e día todas estas areas e terreos vai facer posible o saqueo absoluto destes pecios e castros que ademáis do seu importante valor histórico tamén teñen ese valor sentimental añadido dos numerosos amantes do noso importantísimo patrimonio mariño e castrexo, e aqui inclúome, por suposto. Unha parte da nosa idiosincrasia nacional reside precisamente neses doblóns de ouro perdidos en calquera plaia ou eses colares castrexos de ouro  tallado que no pasado decoraron o pescozo dalgún samurai galego…. como Artaigo, Viriato ou Breogán. Unha parte da nosa historia e do noso pasado repousa baixo a terra de calquera monte ou en calquer recuncho da nosa costa, e ali debería seguir durmindo ata que Galicia teña museos de calidade onde protexer dignamente estes obxetos pero nunha vitrina de cristal onde tódolos galegos e visitantes poidamos ollar este tesouro máxico que nos fala da nosa propia existencia como Pobo e como Nación. Este é un tesouro propiedade de toda a humanidade e, con máis agarimo, de nós, os herdeiros directos desta historia soterrada no mar e na terra.

12767274_1749386058629897_1843987351_nEsa mesma mañán de febreiro tamén ollabamos varios álcidos mortos na rodela da praia da vila morena galega, a praia de Laxe, o mítico Portozás, onde a máis  viva das mareas deste mes de febreiro trouxo os cadáveres inertes destas fermosas aves oceánicas, os famosos pingüinos do norte, que sen alimento nas nosas augas e, empuxados polos temporais a ribeiras e peiraos, remataron falecendo por inanición incapaces de atopoar o seu alimento natural, pequenos peixes, que con tanta auga doce e alodada, escura, apenas sería visibles, de existiren, porque o mar está permanentemente asediados por redes, nasas e palangres que peneiran as augas noite e día ata que só queda …..esto, a morte por inanición dun emblema mariño, o álcido oceánico. Triste imaxen que se repite en toda a nosa costa.

Redacta: 

Óscar de Souto.

APRENDIZ DE GRUMETE NESTO DA ESCRITA

Laxe, 23 de febreiro de 2016

Outro enlace de interese:

http://elnidodelxuan.blogspot.com.es/2014/03/los-alcidos.html

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.