PORTOS DE GALICIA PECHA O PEIRAO DE LAXE

http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2014/08/Confraria-e-Grupos-municipais-por-unha-solucion-ao-Porto-de-Laxe.jpg

http://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2014/08/Confraria-e-Grupos-municipais-por-unha-solucion-ao-Porto-de-Laxe.jpg

O domingo 13 de marzo de 2016 analizouse en “La Voz de Galicia, edición Carballo e Comarcas”, na páxina L3, esa crónica de Toni Longueira, case necrolóxica, do peche definitivo á cidadanía a parte menos operativa do peirao da nosa vila morena, Laxe. Antes de Abril será xa un feito. Seguro que foi moi criticado pola oposición, goberno e polo pobo, coñecedores da estupenda laboura de Portos de Galicia e do seu presidente, José Juan Durán Hermida, que paso a paso e mediada tras medida foron destrozando Portozás con ese dique deportivo, tan mal executado, que modificou as correntes mariñas ata que os máis de vinte metros de calado se convertiron nos escasos dez metros de hoxe en día, excelente profundidade para que este peirao sexa referente galego con categoria comercial, como moi ben se dixo, gran frase, moi cómica, abofé. O que si descoñecemos e se poderán acceder a esta nova fronteira metálica todos eses pequenos furgóns que desembarcan o 80 % do peixe e marisco que sae do mar, a cotío, sen dirección á lonxa, e con orixen, etiquetaxe, guia e destiño descoñecidos, como ocorre en case toda a costa galega. As vetas e nasas ilegais preto do peirao grazas a escasa ou nula vixiancia foron o enterrador do turismo xenerado pola pesca deportiva que finou en Laxe para trasladarse a Camariñas ou a Cabana de Bergantiños ante a ausencia total de capturas en toda a ría de Corme e Laxe. Os mariñeiros, os poucos que ainda existen, sobreviven ou malviven aturando trabas de todo tipo, cuotas e medidas europeas que despedazaron toda a nosa flota pesqueira e agora teñen que gastar pouco gasoil para descargar axiña as súas paupérrimas capturas de pura supervivencia básica. Esta derradeira estocada, antes do verán, agardemos que non teña nada que ver coa cor política do Concello de Laxe e ollemos con lupa as seguintes obras de mellora do peirao e do paseo marítimo nesta rexión da Costa Morta, moi morta, asasinada polos novos donos do mar que coas súas decisións, sempre xustificadas, priorizan moi intelixentemente, apostando por Europa e pechando Laxe a ter un futuro digno onde pesca deportiva, turismo, cerco e pobo poderían coexistir coma naqueles vellos tempos pasados onde non precisabamos poñerlle portas o mar, nin cuotas, nin cámaras de vixiancia para vixiar un peirao sen peixe, nin barcos, nin turistas. Se os atentados do 11-S en EEUU son a desculpa para tanta seguridade no deserto de salitre, o peirao de Laxe, tamén deberiamos protexer tódolos Concellos, bibliotecas, lonxas, plazas e parques en todo o Estado… ¿si ou non?….¿qué opinades?…..

 

12219426_10207780353249995_6675537333414213139_nRevolucionariamente,

Óscar de Souto.

Aprendiz de poeta.

 

Vila de Laxe, 13 de Marzo de 2016.

 

Enlace a nova na prensa de papel:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/laxe/2016/03/13/peirao-non-e-paseo-maritimo-nin-unha-escollera-e-zona-pesca/0003_201603C13C3991.htm

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.