LITERATURA E FÚTBOL EN CABANA E TAPAS E FESTA EN LAXE

No fin de semana do 18, 19 e 20 de marzo acumuláronse as opcións a elixir nunha axenda onde a poboación prefiriu fútbol, tapas e festa mentras en Cabana de Bergantiños poñiamos a primeira pedra con ese congreso internacional de escritores onde faltou a asistencia deste pobo que prefire foliada se lle dan a elixir. Sentencia indiscutible da necesidade deste tipo de actividades para fomentar a lectura nunha rexión onde o consumo de libros roza o cero absoluto.20160319_113025

Na inauguración en Borneiro, no berce do megalitismo galego, conxuráronse poesía e neolítico no primeiro congreso internacional “Dolmen de Dombate e río Anllóns, territorios literarios 2016” no que debo destacar a clara e rotunda intervención do bardo de Cambre, Ricardo Souto Morano e, tamén, como non, esa cómica crítica a copito de nieve dun poeta africano galego-falante que puxo unha simpática nota de cor, nunca mellor dito.  Xa nas mesas redondas da mañán do sábado notouse a ausencia total de público popular dentro deses actos que tocaron temas como o celtismo, a morte, a vida e o amor, entre outros. Ainda que podemos anotar que neste primeiro paso ainda hai moito camiño que andar e moito toxo que cortar, coma en tódalas batallas case imposibles onde a insistencia e a constancia teñen que ser bandeira e palio dese noso interese constante de activar as nosas bisbarras coa lectura como necesidade básica de progreso sostible para un futuro mellor no que os meniños non precisen emigrar para vivir nesta terra-deserto verdescente. Tamén o sábado Rabuñal Patiño amosounos, a pé de ribeira, ese mundo máxico que temos tan preto de nós no esteiro de Cabana, fauna e flora únicos e impresionantes. No gran recital colectivo da tarde do sábado, o meirande endexamáis concevido na Costa da Morte, desfrutamos de Serxio Moreira, o pianista cabanés e dos mellores autores galegos, nacionais e tamén extranxeiros, uns trinta no escenario e outros tantos de ointes, desta volta tamén sen público nativo, máis preocupados polo partido de fútbol, as tapas e a festa en Laxe e a foliada alcohólica crónica de tódolos sábados. Como representación cabanesa Serxio e máis eu, destacando a Miguel Mato Fondo a doble voz como único pontecesán no escenario e de únicos membros (non literatos) destacar a presencia de Xose Manuel Barros de Mar de Fábula e a súa dona como embaixadores das nosas comarca. Das notas máis destacables ese poema de Branca Vilela, organizadora deste gran evento, que recitou “os lobos” cun glamuroso vestido vermello, estilo caperuchiña vermella, que Serxio Moreira soupo interpretar, moi espectacularmente, como se estivese profundamente planeado, máis foi improvisado nun directo onde a xenialidade aflora sen máis. Este acto quedoulle moi grande a Cabana… pero, tempo o tempo, cecáis no futuro teñamos que usar o auditorio para estar menos apretados. Todo empeza por un primeiro intento onde nunca debemos desanimar. A festa, as tapas e o fútbol son máis populares que a literatura e a cultura pero todo debe coller nas nosas vidas polo ben dos meniños que son moi copións e fan sempre do que ben. Sen libros e sen cultura… ¿qué futuro nos espera?jpg

 

 

 

 

 

Enlace das imaxenes en prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/cabana-de-bergantinos/2016/03/19/explosion-literaria-dombate-anllons/01101458424895094595222.htm

Redacta:

Óscar de Souto.

Vila de Laxe, 20 de Marzo de 2016.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a LITERATURA E FÚTBOL EN CABANA E TAPAS E FESTA EN LAXE

  1. ricardo di:

    O futuro vislúmbrase, o lugar é inmenso, e acolledor, secadra habería que darlle un pouco mais de publicidade, Pero sempre ten que haber un principio para que a cousa se coñeza, e ó mesmo tempo aprendernos a camiñar a nós mesmos. Articulazo o teu, amigo Oscar, con finura e sutileza, sen ofender e decindo, digno escritor avezado e pintor de palabras en cores.

Os comentarios están pechados.