MARES DE FÁBULA FALARÁN CO MAR NOS COÍDOS DE TOURIÑÁN

Mentras exércitos de sendeiristas, inventan carreiros, nesa maxia dos trasnos e trasnas, comunicando os faros da nova costa do solpor. Con este abrente reverdecido na primaveira renacida neste verxel atlántico ollando os finisterres virxinais por camiños, endexamáis pisados, pola costeira máis fermosa e paradísiaca do noroeste peninsular, tamén debemos anotar na nosa axenda unha nova data, máxica e imprescindible, para citarnos co mar, Mar de Fábula e outros voluntarios, que xa teñen planificado ese encontro para falarlle a este océano noso e despois limpalo de refugallos e plásticos aló por Touriñán.

3874108285_9b2bd0a331_z (1)Dependendo das condicións meteorolóxicas teñen provisionalmente establecida unha “quedada” para o sábado 9 de abril as 11:00 aló no Cabo Touriñán onde, convocados por Xose Manuel Barros e Mar de Fábula, entre outros grupos, contarán ali con Viki Rivadulla e un batallón de poetas e cidadáns que falarán co mar nese “Encontro co mar e limpeza do coído de Touriñán” onde despois de dialogar co gran lago salgado, terá lugar, se o tempo llo permite, repito, esa limpeza dos coídos a uns dos mil metros do faro, onde os amantes da nosa beiramar limparán as rodelas desta paraxe virxinal onde, esta nova cita, vai a servir de concienciación do dano que toda a humanidade lle fai, tódolos días da vida, os mares todos do planeta. Esa contaminación multinacional chega a nosa costeira flotando nas fortes correntes mariñas do oeste e do norte que, con cada marea, vai cuspindo plásticos, especialmente, e toda clase de basura, que proceden principalmente das nosas propias rias e rios, pero tamén do corredor marítimo de Fisterra…. con eses miles de buques de tódalas bandeiras mundiais pasando a 21 millas da nosa terra, e vai agasallando, por desgraza, as nosas beiras mariñas con bidóns tóxicos e toda clase de porquerías, tamén aparecen outros obxectos de lugares moi lonxanos a Galicia que, grazas as fortes correntes e as tempestades, chegan flotando ata as nosas praias e coídos, contándonos todo tipo de historias impresionantes coa súa mera presencia nestas areas.

Ata crocodilos aparecen !!!!!!12920954_1765352950366541_1186156790_n

E debo, desta volta, darlles os meus parabéns os trasnos e trasnas pola súa gran laboura que aposta forte por promocionar esta reconquistada terra antiga e feiticeira paraxe, que, con esas rutas a pé…. unindo faros, conecta os camiñantes coa paisaxe que pisan e vai quedar para sempre nos corazóns e nas memorias vitais de cada camiñante. Tamén lles envio aqui os meus parabéns a Mar de Fábula e a ese exército de coidadores da nosa costeira que confirma a importancia do noso patrimonio natural en cada rebelión ecoloxista que difunde a nosa rexión e as súas paraxes mentres se recollen eses vertidos que emponzoñan os nosos litorais que, dende Carnota ata Caión, rexurde como un ave fénix resucitando aquela costa da morte que hoxe, grazas a todos vós, está máis viva que nunca.

¡¡¡  Medre o mar e medre a nova Costa da Vida !!!!

396053_117969915014894_169574137_nRevolucionariamente,

Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO.

 

Vila de Laxe, 29 de marzo de 2016.

Enlaces de interese:

http://quepasanacosta.gal/chega-o-camino-dos-faros-virtual/

https://www.facebook.com/mardefabula/?fref=ts

https://www.facebook.com/guiacostadamorte/?pnref=lhc

http://www.nuevamentes.net/2013/11/hallada-muerta-en-la-costa-holandesa.html?utm_campaign=shareaholic&utm_medium=facebook&utm_source=socialnetwork&m=1

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.