A CREATIVIDADE COSTEIRA… FLORECE NA PRIMAVEIRA

 

E anuncian xa os nosos trasnos e trasnas que a primaveira xa chegou: coas súas mochilas, biseras e bastóns, coma pelegríns apaixoados,  percorrendo esta terra meiga onde o mar conéctanos, de faro en faro, e a nosa terra verdescente estoupa en múltiples cores que as flores dos prados mollados, por estes orballos de abril, xa van prometendo un maio de música, festas e letras, poesías e novas aventuras.

 

12924550_1052723534766793_3969159844274795961_nNeste fin de semana, 16 e 17 de abril, o famoso camiño dos faros dos traskis, por fin, tomarán por asalto a ribeira do río Anllóns dende Portozás, a vila morena galega, Laxe, ata a vella Venecia pontecesán, tocando teito absoluto o domingo cando, dende o esteiro de Canduas, chegarán pola ruta dos muiños ata a mesmísima Cibdá castrexa de Borneiro, onde eu os ei agardarar sentado nunha pedra para contarlles algunha das miñas historias, endexamáis escritas, sobre os celtas e as nosas tradicións vivas que son evidencia do noso pasado. Aló no Dolmen de Dombate, xa no mediomedía, será Lito (o gardián da catedral do megalitismo) o que rache o silencio milenario do neolítico coas súas impresionantes letanías. As paraxes de Cabana de Bergantiños acollerán ese exército de sendeiristas que, coa súa gran laboura, dan a coñecer ao mundo enteiro esta selva virxinal do noroeste do mundo onde afoga o sol no atlántico….. cada día.

https://www.facebook.com/guiacostadamorte/posts/997103003709748:0

Xa no mes de maio o festiletras de O Couto (Ponteceso) vai vir preñado de grandes nomes, Uxía Senlle, Sés, Mini e Mero, Davide Salvado, Guadi Galego, Isabel Blanco, Carlos Nuñez, Fina Casalderrey, Xosé Luis Rabuñal, entre outros artistas e persoeiros, que fusionarán música, festa, poesía e cultura nunha semana de letras galegas que será dificil de esquencer, abofé.

https://www.facebook.com/Festiletras/?fref=ts

Parece ser que esta medra dos días e da luz vai revolucionar a sociedade e a cultura desta nosa costa dos solpores, cada vez máis emerxente, colectiva, e viva….viva grazas a todos estes  loitadores incansables, anónimos en moitos casos, que ante as tempestades de sal destes tempos tan grises apostan fortemente pola cultura e a dinamización pisando toxos e silvas para re-facer novos camiños que camiñar para re-conducir os acontecementos con esas pequenas batallas illadas que moven o noso mundo como unha soa re-evolución.12990904_1001325189951214_5354424105467365388_n

Medre a nosa costa !!!

Laxe, 15 de abril de 2016

redacta: Óscar de Souto

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.