OS TEMPOS SON CHEGADOS

A pandemia da figurapatía na literatura galega de hoxe emerxe poderosa como unha obsesión machacona que pretende solapar as letras dos autores vivos mentres aborrecen profundamente o pobre peduano con eventos constantes sobre esas figuras do pasado que xa apenas nada poden aportar e nada poden protestar sobre as evidentes inxustizas dos nosos tempos. Dentro deste novo método de anti-lectura mediante o afastamento perpétuo dos libros, por agobio soporífero insuperable, atopamos na figurapatía galega a autores devanceiros como Podal, Rosalía, Murguía ou Castelao eclipsando o panorama literario pasado, presente e futuro no maltreito eido da literatura galaica.

 

Xa que todos sabemos que a prensa oficialista tamén menciona a algúns autores vivos….. ¿qué autores, con qué obras e por qué? En realidade só nos debemos centrar nunha soa pregunta… ¿con qué obras? Pois, como xa mencionei en artigos recentes, son os contidos das obras o filtro natural para sair ou non nas follas dos xornais subvecionados onde a crítica, libertaria e transparente, non ten collida aqui, salvo nas esquelas, por suposto. Aclarado este punto centrareime neste curioso subtítulo para afiar un pouquiño máis os motivos de elixir a estes literatos e non outros para bombardear a poboación coa figuropatía como arma de destrucción masiva por aburrimento crónico profundo. Porque Pondal, o autor do himno nacional galego, para os represialados e emigrados na Habana, Cuba, para eles especialmente foi a súa represión na cárcere de Orán e non os seus inofensivos poemas a orixe evidente de escollelo a él como autor de tan significativo texto, elixido por presidentes asociativos e non por expertos en poesía ou en himnos, tamén se debe aclarar. Pero o cisne cantor non repousa na súa amadísima ribeira nin pode tampouco defendela coa súa pluma silenciada polo seu pasamento, xa secular. E os tempos ainda non son chegados porque os bardos das idades seguen sen poder alzar o seu rouco son grazas a esta puta censura dictatorial que veta a certos poetas pola súa voz crítica como aquela que levou outrora a Eduardo ata os calabozos de Orán. Desta volta, nos nosos días, ten moita máis voz o propio Pondal que calquera de nós, os poetas vivos. Vivos e calados. Se resucitase Eduardo estou ben seguro que o volverían a encadear ou non lle publicarían os seus artigos de opinión por rebelde e por protestón. Murguía e Rosalía coas súas obras light, sacando algún poemiña da padronesa, podémolos encadrar na cúspide máxima do castelanismo literario do século pasado, como iso, autores light, sen máis. Léase obras completas de ambos autores. Stop. E xa noutro rego diferente estaría o gran Castelao, emblema do ultra-nacionalismo talibán galaico, palabras maiores. Este último nin sequera era nacionalista, similar a Pondal ou a Murguía, só que era algo máis galeguista ca eles, eso si. Pondal era eidista, coma min, ou sexa bergantiñista, case Pontecesanista diria eu. Murguía e “Rosalía de Murguía” foron tamén defensores do estatuto para Galicia entendendo a Galiza como rexión diferente dentro dun País de nacións, eles afirmarían esto mesmo pero…. en castelán. Dona Emilia Pardo Bazán e outros castelán-falantes da cova céltica tiñan esta mesma perspectiva, mais era Castelao o que mantiña unha visión moito máis europeista, seguramente similar as novas ideas de Xosé Manuel Beiras. Polo que ese símbolo do nacionalismo galego se tivese ocasión de ollar as políticas de Merkel e do banco central europeo seguramente que se transformaría nun anti-troika confeso, coma moitos de nós. Resumindo, nunca tantos bardos tivemos, e nunca con tanta calidade, pero, os tempos ainda non son chegados porque, estes novos bardos das idades, seguen sen poder alzar o seu rouco son, e asi seguirá sendo… polos séculos dos séculos…..amén.

 

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

Aprendiz de poeta

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a OS TEMPOS SON CHEGADOS

  1. Estamos coxos e mancos, este pais que u xermolo de versos e poemas, porque el mesmo é un paraiso e como tal milleiros de poemas que xurden das súas arbores, paisaxes e xentes cunha capacidade de poesía que reborda por fora, un recurso natural máis que os desgobernos feixistas do PP, e outros que por ahí sevan teñen travados nesa longa “noite de pedra”. Pobres mentes comidas pola couza noxenta, e o gurgullo mental que fura os miolos da súa pobreza mental feixista.

Os comentarios están pechados.