O NEANDERTAL GALEGO

Os últimos achádegos na cova de Eirós confirman a presenza dos homo neandertal en Galicia como derradeiro bastión da Europa atlántica onde este xigantesco monstruo ainda hoxe forma parte da nosa tradición oral onde os “cocóns” e os “homes do saco” causan verdadeiro terror aos meniños galaicos dez milenios despois da presunta desaparición desta lenda real, que é, o neanderthal galego.

 

Ante a fascinante proliferación de acéfalos tucerinos e túzaros irrecuperables un pode chegar a poñer en dúbida se este xigante cabezudo verdadeiramente se extinguiu ou se ainda camiña pola rúas das nosas vilas masticando un palillo e xogando o tute no bar tódolos domingos. ¿Será certo que o neanderthal desapareceu ou ainda queda algún purrulando por aqui? A ciencia moderna debería facerse eco deste artigo e urxe facer probas de ADN os homo acéfalo tucerino tabernícola galaicus que ainda malvive nos nosos eidos a día de hoxe. Posiblemente a hibridación teña diferentes porcentaxes dependendo das rexións do planeta onde máis tempo estiveron estes temidos colosos carnívoros porque está claro que os rasgos máis característicos destes homínidos atópanse moi marcados nesta parte de Europa. O homo neandertal vivía en pequenos grupos de catro ou cinco individuos e non era nada social, todo o contrario que o homo sapiens sapiens, tamén era destacado que consumía un 90 % de carne e era a súa fortaleza física o seu rasgo máis destacable. Pois tamén o homo acéfalo tucerino tabernícola galaicus é parco en palabras e a súa adicción pola carne de cocho bate tódolos records mundiais con absoluta rotundidade. Outro rasgo moi característico que pode diferenciar sustancialmente a sapiens e neanderthal sería a súa capacidade para dominar idiomas. Mentras o sapiens pode dominar varios idiomas o neanderthal apenas pode falar nun só idioma e (malamente). E aqui está a clave. Mentras o delfín común fala, xa de moi novo, catro dialectos,  e eso que é un animal, calquera africano moderno (por exemplo) pode chegar a dominar entre catro a seis idiomas e ata dez idiomas, aprox., contando francés, inglés, os dialectos da súa rexión e algúns idiomas como árabe que xa caen de caixón. Calquera europeo moderno fala, lee a cotío e escribe correctamente o seu idioma ou dialecto e, canto menos, tres ou catro idiomas máis. E aqui chegamos o desenlace deste artigo, ….. ¿cantos idiomas fala e lee e comprende ben o homo acéfalo tucerino tabernícola galaicus? apenas domina moi malamente un só idioma que chapurrea a duras penas e o de leer… nin apuntándolle cunha pistola . Polo tanto xa antes de que a ciencia dea conclusións en firme e se postule sobre este achádego tan increible permitídeme se-lo primeiro en bautizar a este mito viviente que ainda hoxe camiña polas rúas das nosas vilas masticando un palillo e xogando o tute no bar tódolos domingos. O derradeiro homo neandertal galego ainda non se extinguiu.

 

Óscar de Souto

Laxe, 14 de xaneiro do 2017

https://es.wikipedia.org/wiki/Homo_neanderthalensis

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a O NEANDERTAL GALEGO

  1. pois si, anda polo meio de nós.

Os comentarios están pechados.