O FEUDALISMO TALIBÁN NA POESÍA GALEGA

O arredismo nacionalista autóctono de nova creación tomou por asalto o eido da poesía copiando dos métodos máis repugnantes da ultradeireita máis despreciable para vetar e amolar a compañeiros, non só por motivos lingüísticos (lusofonía e castelán), senón que tamén entre os galegos “non confesos” nesa nova relixión mafiosa.

Unha forma de pensar e de actuar (propia da camorra siciliana) de afastamento premeditado e boicot a aqueles autores apolíticos e/ou accesibles que deciden ir por libre en recitais, congresos, publicacións, grupos e actos. Este ataque a cultura galega non é algo recente pois xa se practica dende fai décadas e algúns compañeiros do verso xa me latricaban sobre as zancadillas que de cote xurdían neste duro camiño da escrita. E nesta espesa separación tribal é o idioma galego, a literatura, a cultura e a idiosincrasia galaica os grandes prexudicados nesta loita pola exclusividade nos xornais, premios, actos e escolmas. Unha loita pola fama que tamén é unha loita polas esmolas míseras que se reparten os boitres do caché e dos premios amañados. Pero a diversidade literaria emerxe polos seus canles naturais como unha xigantesta fervenza de voces e de nomes imposibles de calar. E co inimigo aqui, na nosa propia casa, e coas camisolas da misma cor celeste, nós seguiremos tercamente recitándolle ao noso pobo en tódalas lingüas que poidan entender conscientes de que nin sequera a morte pode calar a un poeta. E xa sen premios na maleta emigraremos o mundo dos aplausos de verdade coa esperanza chea de versos e a nosa Patria de emigrantes e viaxeiros sempre preto dos nosos pensamentos que, de cote, soñan con ser ceibes nesta Europa das liberdades onde aniñou o espiritu das censuras máis modernas que nunca ninguén imaxinou que puxese ovos. Pero venceremos, porque preponderarán as palabras, elas son as que sempre vencen. Porque elas son eternas.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

aprendiz de poeta
Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.