OS FAMOSOS ESCRITORES ANÓNIMOS

OS FAMOSOS ESCRITORES ANÓNIMOS

                          Actores, directores, editores, músicos e, tamén escritores, ademáis de toda raza de famosos varios, descoñecidos para moitos de nós, visitan a nosa terra cada verán (e sen ser polo verán tamén) eso é algo que todos temos asumido pois é vox pòpuli que purrulan de cote pola nosa zona; máis descoñecemos a eses pintores de palabras con segundas residencias entre nós procurando inspiracións de fin de semana, ó longo de todo o ano, neste verxel de paz e calma, entre mar e area, asediados de verdescentes vales con ese millón e medio de carreiros enredândoo todo.

E falarei de Claudia, apelidareina Castro, por exemplo, para que ninguén coñeza a verdadeira identidade da protagonista desta historia, ainda que dándolle nome e apelido real tampouco saberiâdes de quén se trata. Claudia debulla adagios para viaxes silentes cecáis inspirándose nalgunha vila mariñeira desta costeira pondaliana onde os literatos galegos e nacionais poden pasear pola rúa sen que ningún lector lle espete: – Hola Claudia, encantoume o teu último libro !!!. Nones, nin de coña pasará tal cousa, porque por estes lares a lectura é algo ferinte que sucedeu no colexio, causa de cefalea profunda e pánico atemorizante, enfermidade que deixaron no pasado e ninguén se plantexa retomar… polo menos nesta vida. Si, queridos lectores, o que lle acontece a Claudia é algo moi fermoso e ademáis digno dunha novela desas que tanto se venden e ninguén chega a rematar endexamáis. Gran historia, real ou ficticia, a desta veciña, sen padrón, que nos saúda cun sorriso afable ollando incrédula como se detivo o tempo neste fin da terra onde amosar un libro aberto e pronunciar a palabra LEE pode causar amago de infarto ou algunha contestación amplia (que sería viral se a colgarâmos en youtube). Camuflada, Claudia, ingresará corais en psiquiátricos e seguirá exercendo a súa condición de existente*, pero, eso si, de forma anónima, por suposto. Festa, encherolas, teatro e gaita, moita gaita. Só triunfa a foliada poque a ignorancia supina aniñou na beira do mar.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

aprendiz de grumete na goleta da escrita

Laxe, 4 de marzo de 2017

*estes dous pequenos versos son de Claudia Castro

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.