17 DE MAIO 2017 – CRÓNICA DUNHA GRAN DESFEITA

17 DE MAIO 2017 –  CRÓNICA DUNHA GRAN DESFEITA

 

Paseo polas rúas da miña vila, auto-pensándome, tropezándome con placas que portan os nomes e apelidos de escritores casteláns, de fama, que ningún veciño coñece, ninguén escudriñou nas entrañas das súas obras literarias – xa totalmente esquecidas – (para a maioría). E saúdanme descoñecidos, que creen coñecerme, e asinto coa cabeza, con aceno sorrinte, amablemente, coma sempre. ¿E qué ninguén ollou algún poema meu? Dígovo-lo eu…. ninguén. Porque a profesión de escritor que é en si u nha forma de ser e de política vital, pero (por desgraza) xa só é un hobbie, unha paixón peculiar, un entretemento, pouco máis. E cando traducimos as nosas loucuras escritas a idiomas estranxeiros, si, castelán incluido, ocorre ese excelso sentimento encontrado, o recoñecimento, a admiración, ou o premio e/ou o éxito. Encontrado, encontrado si, encontrado porque causa en nós fonda tristeza, a tristura amarga de atopar admiración lonxe porque non xorde, para nada, preto da casa. E rodeados de tanta xente… sentímonos sós. Na soidade silandeira dos rumoros piñeiros ou coma aquel cisne na ribeira cantándolle coas letras a patos que non tiñan escolas. E no medio e medio desta desfeita xigante, que alguén chama País, nós, os poetas vivos, festexámo-lo día das letras galegas, asi, escribindo tonterias que a nadie lle importa. E os concellos, fundacións e outras entidades contratan paiasos, actores e músicos para festexar outro día sen nós. As letras sen os escritores vivos. E exiliados na nosa propia terra, os poetas, os eternos descoñecidos “facedores” de novas palabras xuntámo-nos nun bar, de cando en cando, para recitar o que nos sobra e, para percatar-nos, de novo, do que en verdade somos. Si, témo-la necesidade vital de “des-parrulizar-nos” e, por eso se nos da por argallar esas xuntanzas de cisnes, as que asisten os catro lectores da vila e os dous despistados que apareceron aquel día polo local con cara de estar presenciando un avistamento ovni. E na mesma semana das letras galegas paralízase o planeta porque esta xogando o Real Madrid ao balompé. E as pequenas esmolas do alto mando para os actos culturais do 17 de maio ata se gastan en contratar a orquestra Capitol e a dous fulanos barbudos que tocan unha guitarra. E os alcóholicos irrecuperables da cantina do lado páganlle os viños ao concelleiro de turno, que non sacou o certificado de estudos primarios, por motivos que non veñen o caso, e apuran as arrancadeiras interminables discutindo de cousas sen lóxica. Sen lóxica, coma case todo o que acontece por aqui… normalmente.

E no medio e medio desta desfeita xigante, que alguén chama País, nós, os poetas vivos, festexámo-lo día das letras galegas, asi, escribindo tonterias que a nadie lle importa.

 

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto

Profesión : poeta galego

 

 

Enlace de interese:

http://www.diariodeferrol.com/opinion/blanca-vilela/poden-convivir-mortos-cos-vivos/20170513223216189520.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a 17 DE MAIO 2017 – CRÓNICA DUNHA GRAN DESFEITA

  1. ricardo di:

    Mentres a cultura sexa a incultura así sera, mais un día os paxaros cantará as libres gorxas por fín soarán a poesía libre de pobo libre, de mente libre. Bon artigo meu mandao a la couce de galicia anque namais sexa para que sainan. Unha aperta amigo meu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *