A ESENCIA DAS NOVIDADES

A ESENCIA DAS NOVIDADES

Na pétrea razón do normalizado imos dando por válido aquelo que é abertamente anormal. E repítense as mesmas atrocidades, ano tras ano, ante a nosa tranquila pasividade polas loucuras do cotiá.

Mentres os astrónomos solicitan fondos urxentemente pola aproximación dunha nova “época de impactos”, as autoridades das grandes potencias, prefiren invertir en armamento e outras barbaridades varias. O Trump, que está máis zumbado do que parece, súmase a esa nova moda de negar o cambio climático, cecáis por motivos alleos a ideoloxía e máis relacionados coa industria e a economía dos putos yankis. E, en datas recentes, rexistrase un novo record de temperatura en Irak con eses 57º centígrados que xa dan para fritir un ovo na tona da carretera. E sonche cartiños que se aforran en incubadoras para pitos e se os pozos de auga se secan pois, non pasa nada, emigran todos ó norte e resolto o problema. E neste punto do artigo quero facer hoxe un chamamento a todos vós para que prestedes especial interese os animais sureños que nos están visitando últimamente e tamén sacade a lupa para ollar con marcado interese os cambios no comportamento das especies locais. Podemos poñer o exemplo das gaivotas, que fai algunhas décadas aniñaban exclusivamente nas illas, e agora, tomaron prestados tellados e obras en barbeito. Eso si, indicar (como dato), que nalgunhas zonas da nosa costeira elixen terceira linea e planta cuarta ou tellado. Meditemos sobre esta cuestión xa que elas se toman tantas molestias a hora de elixir un emplazamento seguro para as súas niñadas. Por non falar das andoriñas, os tabeiróns, mosquitos tigre, túnidos, víboras e outros moitos visitantes. Pero eso e outras moitas cousiñas xa volo contarei o longo do vrán nas vindeiras aventuras de A ESENCIA DAS NOVIDADES.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

1/7/2017

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.