TODOS SOMOS INMIGRANTES ILEGAIS

Somos, en verdade, descentes de antigos colonizadores de milleiros de razas e de diversos imperios, inmigrantes ilegais nesta terra, cen veces reconquistada.

Cando nunha conversa cotiá tocamos o tema das gerras púnicas, a xente, descoñecedora, as veces, da nosa propia historia, escandalízase terriblemente cando os informas de que naquelas guerras participaron celtas desta segunda galia, Galicia, celtíberos, fenicios ibéricos, lusitanos (tamén de orixen norteafricano) e cartaxineses todos contra os famosos romanos. O escándalo orixínase cando identificamos os distintos bandos porque celtas e íberos foron, ou fomos, aliados dos cartaxineses, con Anibal Barca como lider supremo, naquelas tres grandes guerras mundiales que trazaron a historia do planeta e determinaron o principio do fin do gran imperio romano. E tamén se descoñece, polo xeral, non só a letra pequena, senón tamén a gran importancia dos efectos desa gran guerra de tódalas guerras. Para Roma significou a pérdida de 300.000 soldados, 400 ciudades destruidas totalmente, a metade das granxas italianas arrasadas, etc, etc, etc. Polo que esa lenda que todos comentan de que as lexións chegaron aqui plácidamente e conquistaron Galicia é falso. A esa lenda tan popular fáltanlle 300 anos de litixios, varios pactos entre Cartago (en Túnez) e Roma, unha exitosa invasión de Roma, o suicidio premeditado do primeiro xeneral moderno da historia, Anibal, ou o asasinato por encargo do rei dos lusitanos, Viriato, por non falar xa de Xermanio, Espartaco, a Galia francesa e outras revolucións. Dende logo a orixe dos pobos Hispánicos é africana, totalmente. Arios atlántes indoeuropeos eran os celtas, norteafricanos tamén eran fenicios, lusitanos e cartaxineses, tamén eran de orixe africana a meirande parte dos moradores indíxenas de toda esta parte do planeta. E sendo descendentes de inmigrantes dende tempos inmemoriais, ainda hoxe, seguimos sendo a raza máis emigrante da historia da humanidade. Hai galegos ata na lúa. En calquera recuncho de calquera país do mundo sempre hai galegos vivindo. Porque sómola segunda Palestina. Unha patria sen país, un país sen patria, eternos emigrantes como Rosalía no seu “Adiós rios, adios fontes”. Polo que todos eses comentarios xenofobos que escoitamos pola rúa demasiado de cote xurden da herdanza ideolóxica do nazismo alemán e aquelas correntes de pensamento retrógrada da ultradereita ortodoxa que carece de lóxica e carece de razóns porque a historia debe coñecerse para evitar repetir os mesmos fallos. E un dos grandes fallos e toda esta falsa solidariedade da vella e rancia europa que proclama paz e seguridade e despois fai todo o contrario. E sucederá o mesmo, si. O Brexit dos ingleses vai ser o primeiro síntoma da caída sen mans do último gran imperio franco-alemán con capital en Berlín. Porque a vella europa non vai poder pechar as súas portas a reconquista dos reconquistadores. O novo cambio climático empuxará a 200 millóns de persoas a tomar por asalto o norte para salvar as súas vidas. E non os vai deter nin os arames de espiño nin o mar mediterraneo. Asi como nós, o pobo andoriña voiamos a América, a Suiza e a todas partes, fuxindo da precariedade, da miseria, fuxindo sempre na procura dun salario digno e unha vida digna. E hoxe,  seremos testemuñas  e tamén actores na maior migración humana deste milenio. Pois todos somos, no fondo, inmigrantes ilegais nesta terra tantas veces reconquistada.

 

Óscar de Souto

 

01/08/2017

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a TODOS SOMOS INMIGRANTES ILEGAIS

  1. Asi é mais algúns pensan que o seu embigo é o mesmo centor do Universo, e só é o centro dunha moreiña de merda, e non teño que pedir perdón por unha palabra aceptada polas academias das lingusa e lenguas das españas de merda.

Os comentarios están pechados.