CANDO O TURISMO É NEGATIVO

Non sempre é postivo que hordas de turistas tomen por asalto a nosa vila. O estacionamento da hostelería, por exemplo, é un dos grandes pecados que impide que o verán poida ser ventaxoso para tódolos veciños. E, ¿por qué?…. pois a resposta é moi sinxela, o capitalismo e o seu libre mercado súmase aqui a un tecido empresarial, (moi pouco profesional en moitos casos, non todos), que toma medidas drásticas para quedarse con todo o pastel agardando máximos beneficios estes meses para despois superar outono, inverno e primaveira aguantando con eses clientes indíxenas que apenas deixan para pagar a luz, sgae, impostos e outros gastos varios. O clásico empresario que agarda polo verán, sen mais repercusión.

 

Seguros a media xornada para os meses de xulio, agosto e metade de setembro, si, claro, media xornada son doce horas o día, mínimo, extras de balde, sen dias libres, nin descansos, as propinas para o xefe, e se falta algo xa o pon o empregado, probas low cost, extras e reforzos especiais, todo eso xa vai sen asegurar, que asi é mais económico. Falamos pois da precariedade levada ó seu máximo expoñente en décadas, sumado a un incremento esaxerado de problemas que repercuten no noso día a día, pero, sen que os oriundos obteñamos ningunha melloría con todo esto, é máis, é moi negativo para moitas cousiñas. O aumento da demanda dalgúns productos tira os prezos danando gravemente a algúns sectores estratéxicos, mar, agro, alimentos, etc, e noutros casos (cando o producto é escaso pero aumenta a demanda) o prezo aumenta en demasía e tamén se volve na nosa contra. Exemplo: o marisco. O aumentar demasiado o seu prezo faise imposible para o peto dos autóctonos e ademáis xorde un fenómeno prexudicial para o sector pesqueiro porque un esaxerado número de furtivos (dentro e fora do sector) esquilma este recurso que chega os pratos dalgúns locais fresco, mais barato, sen IVA, e todo con B de Bárcenas, como non, tipical spanish, as veces incluso levan algunha cagalera de recordo, para que volvan. Pero o sector perde pasta, e moita. Noutros artigos de opinión xa falei do turista de cantimplora ou turismo low cost mais tamén pode ser un gran tema de discusión o emprego low cost, o estacionamento, o empresario gaivota, o furtivismo sectorial, etc, etc. E xa, para ir rematando, quero tamén anotar os aumentos de prezo de moitos productos cotiás, colas mais longas en moitos establecementos, mais gastos para os concellos (xa pagamos nós, claro), imposibilidade para aparcar, meniños practicando o castelán cos seus novos amigos (es que están de vacaciones), os alugueres son xa carísimos (ou dinche que só alugan a turistas, que esa é outra), pisos de aluguer só para estes meses, só para os turistas, e sen factura, como non, por descontado. Porque se as cousas se fixen con xeito sería positivo, claro que si, e moito, pero como todo se está facendo fatal pois os cincocentos novos contratos na Costa da Morte (somos cento vinte mil habitantes) supón un descenso do paro do 0.4 %. E a maioría son contratos semi-jobs, media xornada (daquela maneira), etc, etc, etc… e ainda asi, toda esta pequena nube esfúmase antes do outono. Moitos xa deixarán o contrato o dia 30 de agosto, seguro. Polo que o resumo de hoxe e que, aqui, ganan algo co turismo catro persoas, algún empresario (especialmente)  e algún dese 0.4 % (as migalliñas) e os demáis, xa sabedes, a buscar onde aparcar e a facer cola, que xa pronto pasa todo e xa fuxen as catervas foráneas e xa baixan prezos, alugueres e centolas. E a morrer a miñoca ata o ano que ben, se seguimos aqui.

 

Verdescentemente:

Óscar de Souto

 

Laxe, 4 de agosto de 2017

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a CANDO O TURISMO É NEGATIVO

  1. Sempre comen os mesmos, os outros pasan lambendo.

Os comentarios están pechados.