OS SEGREDOS SOTERRADOS NAS AREAS DO ESTEIRO DO ANLLÓNS

OS SEGREDOS SOTERRADOS NAS AREAS DO ESTEIRO DO ANLLÓNS

 

                   É significativo e reseñable o espectacular incremento nos refugallos mariños baixo das areas dos nosos esteiros e rias, verdadeiros basureiros invisibles, e lembro hoxe con tenrura e morriña que fai relativamente poucos anos eran espazos virxinais e pulcros e, nalgúns casos, podemos incluso afirmar que foron fermosísimos paraisos verdescentes para deleite de uns poucos afortunados, e inclúome.

 

Centos de milleiros de bolsas de rede de nasa (usada para o engado da mesma), millóns de cordeis plásticos de cor verde (tamén usados polo cerco), estacas de madeira (para piazas furtivas), compresas, toneladas de redes enmarañadas a 50 cms. de profundidade (pudríndose lentamente), toneladas de plásticos de toda índole (especialmente botellas e bolsas, por destacar algo), etc, etc, etc, etc….. A situación actual dos nosos areais xa é moi preocupante e inasumible e ademáis non parece preocuparlle a case ninguén. E é esta falta de preocupación precisamente o que máis me preocupa. E debo anotar neste artigo de opinión dúas cuestións que poidan facer reflexionar a mais de un lector:

1/ a descomposición activa e máxica dos areais do esteiro;

2/  os compoñentes tóxicos e descoñecidos dos plásticos que usamos a cotío.

 

a descomposición activa e máxica dos areais do esteiro

 

Forzas naturais propias de este medio destruen a propia pedra e transfórmana en areas finas, areas que se moven, laxes que xorden das profundidades e otras que se esfuman literalmente. O radón, o metano, o fango, as presións da propia superficie do esteiro, as correntes do rio e do mar confluindo, os billóns de efectos químicos propios dun pantano, etc, etc, etc…. resumindo: os plásticos, refugallos, cordeis e porquerias varias son dixeridas pola ribeira e pasan a ser parte microscópica da mesma. Un 40 % destes restos mariños xa esta a dia de hoxe no interior de peixes, poliquetos, crustáceos e moluscos (especialmente os filtradores, como mexillóns, berberechos, percebes, ameixas, etc). Literalmente estamos inxerindo alimentos que conteñen unha parte desa porqueria que algún porco tirou o mar. E como o mar non é un basureiro temos que alzar a nosa voz para evitar a toda costa que dentro de moi poucos anos algún organismo institucional se vexa na obriga de prohibir o consumo de todos os productos que conteñan taxas elevadas destas sustancias. Mais definitivamente eso é o que ocurrirá se non o evitamos.

 

 

os compoñentes tóxicos e descoñecidos dos plásticos que usamos a cotío

 

De momento en españistán non é obrigatorio indicar os compoñentes cos que se fabrica unha botella de auga mineral, por poñer un exemplo. Mais son moitos os productos tóxicos e canceríxenos que integran a maioría dos plásticos que usamos de cote. Nalgunhas guarderías de alto nivel xa se estan incorporando xoguetes sen materiais nocivos (especialmente en paises do norte de Europa). No caso dos materiais plásticos que non teñen nada que ver co consumo humano, exemplo bolsas plásticas, redes ou tanzas, nestes e outros similares os compoñentes altamente tóxicos increméntanse. Algúns destes ingredientes segredos dos plásticos teñen a capacidade de modificar o adn, a variación hormonal do organismo ou son velenosos (como o Bisfenol A).

 

Son cada vez mais numerosos os consumidores que xa non inxiren ningún alimento susceptible ou sospeitoso de conter estas sustancias. E sen entrar demasiado en materia e intentando que se entenda esta mensaxe creo que ainda estamos a tempo de facer saber a toda a veciñanza que todo canto tiramos o mar vainos causar danos moi graves para a saúde e danos moi graves para toda a comarca e con mais intensidade en varios sectores sectores moi estratéxicos, especialmente o sector marisqueiro ou a pesca do cerco.

 

En resumen: como pobo mariñeiro que somos coidemos do noso mar e lembremos que o mar non é un basureiro.

 

Verdescentemente,

 

Óscar de Souto

 

 

Cabana, 17 de novembro de 2017

 

https://www.estrelladigital.es/blog/carlos-de-prada/132-toxicos-plasticos/20150107155404223606.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *