faro, quixera ser un faro

faro, quixera ser un faro
e alumear a noite toda
e ser por sempre ….. o mar no vrán.
ser….. candea que alumea
a costeira máis escura
que ninguén imaxinou.
faro, quixera ser un faro !!!!!!
e alumear a terra enteira
e ser ,xa pra sempre, unha luz que mirar.
ser, graúdo mariñeiro,
nun barco ben pequeno
rumbo a tempestá.
faro, quixera ser un faro !!!!!!!!!!!!
ou un mascato vello
ou ser
un gnomo
nadamáis.
goleta de velas novas con vento forte na popa
sen ronsel
nin latitude.
faro, quixera ser un faro……
e rachar as tebras todas coa miña lasca de luz !!!!!!!!
ser , unha lira sonora…..
e tronzar o silencio i empreñalo de son.
faro, quixera ser un faro,
espada na marea
un látego e unha cruz.
ser perihelio fogoso
ardentía imposible
ou ser …. un orballo cecáis.
faro, ….. quixera ser un faro !!!!!!!!!!!!!!
e oculta-lo perixeo
só unha noite nadamáis.
ser un falcón pelegrín voiando cara o chan
coa misión de non frenar.
faro, …… quixera ser un faro !!!!!!!!!!!!!
alumear a terra enteira
e ser por sempre
esa luz que mirar.
faro
quixera ser un faro
e alumear a noite toda
e ser por sempre
o mar no vrán.
copyright 2014 poema de Óscar de Souto
autorizase a súa difusión mencionando a autoría do mesmo
Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.