ROTEIRO DO RAIO VERMELLO NO DOLMEN DE DOMBATE 2015

Quixemos facer unha representación artificial dese raio vermello do neolítico no amencer do solstico de inverno nas portas do Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños, aquel monumento funerario pétreo do que falou Eduardo Pondal, e en plena representación…. apareceu no monte Gontón ese raio vermello, polo este, no mesmo intre exacto do amencer, pero, de verdade, natural, nun despexado entre as nubes, ante o espasmo ollar de todos nós. O meu soño, esa teoria que chaman pseudo-ciencia, como di a wikipedia….. cando buscas megalitismo no google. Mais, non, non é unha unha teoria, non é un soño, non é imaxinación, non é unha das miñas tolemias absurdas, …. tampouco é literatura…. é un raio real que mañán pola mañán cedo verei de novo, outra vez, se as nubes me deixan soñar esperto. Foi algo inolvidable.

 

https://www.facebook.com/events/962142327207563/
NOVA NA PRENSA :
     http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cabana-de-bergantinos/2015/12/20/cabana-aunara-astronomia-literatura/00031450565583327540135.htm

C06M3117Quixemos facer unha representación artificial e simbólica do que podería ser un amencer vermello, tal e como o faría o chamán do dolmen de Domate no 3000 antes de Cristo para ese acto funerario máxico no solsticio de inverno, cando se abria a porta de pedra no monumento funerario…. nese acto funerario ancestral ….pero, ante a sorpresa, miña, e dos asistentes ó acto, polo monte Gontón, no este da entrada do dolmen, xusto no momento dese amencer, o ceo iluminouse de roxo intenso por uns minutos e os guardians, esas figuriñas que custodian a entrada do dolmen, causaron esa sombra rosacea pero sen o foco, e dicir, de forma natural e real. Impresionante !!!!

 

O que xa nomearon como “o coidador do Dolmen”, Lito, Angel Eiroa, parou as suas explicacións técnicas sobre o Dolmen, ante tal suceso, máxico e sorprendente.

 

Acertei pois coa miña louca teoría pseudo-científica porque ante todos os presentes… fíxose realidade o imposible.

 

Eran adoradores do Deus Sol, polo que elixiron ali, nese punto tan concreto,  o Dolmen, a varios kilometros da canteira para que, no centro da gándara de Dombate (da que falou Eduardo Pondal,  o Sol, causara esa iluminación vermella e alucinante, nesa data tan sinalada e clave do Solsticio…. 22 de Decembro de 2015, que hoxe pasamos ao Nadal, para seguir , ainda agora coa celebración dese festexo, o nacemento do novo ciclo de luz e da medra da luz e do día…. metáfora do renacer, da re-surrección da alma do enterrado, sempre xefes ou persoas moi importantes naquel tempo. A tradición do neolítico bergantiñán segue ainda moi vivo. Somos xa a Costa do Solpor, agora, moito máis ca nunca. Somos a Costa da Vida que desexa re-nacer outra vez.

 

Jose Antonio Andrade

Jose Antonio Andrade

– Despois fomos a pé ata o Castro de Borneiro, A Cibdá castrexa , a 4 kilometros, e percorremos cada palmo do Castro, e ali decatamonos de que a entrada principal e o camiño central da cidade castrexa tamén esta orientada cara o solsticio de inverno no seu amencer…..que casualidade non ?

 

Falou tamén Jose Antonio Andrade (o escritor de Coristanco) que tamén nos acompañou. Moi interesado polo acto e pola data e polo acontecido.

 

Eu, ademáis de falar da miña teoría do raio vermello e a importancia do solsticio de inverno …. recitei un poema que fala do tema, por suposto, pouco despois dese amencer natural vermello, en riguroso directo, ante sorpresa e asombro do público asistente a este primeiro festexo da gran data do noso pasado, hoxe re-nacido.

 

descargaLito, Angel Eiroa, comentounos tamén que o ano pasado uns arqueologos especializados en cosmo-arqueoloxia pedíronlle permiso os seguritas do Dolmen para abrir a tapa de pedra do Dolmen nese momento do solsticio de inverno no 23 de decembro do ano pasado (2014) para ver , en persoa, como se iluminaba en tonos rosaceos o interior do Dolmen, pero, por suposto, non lles deixaron, para non estropear tan importante peza.

– Anoto esto último como anécdota curiosa.

Ogallá sigamos con esta rexurdida tradición milenaria nos anos vindeiros.

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Redacta: Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO

Borneiro, Dombate, Cabana de Bergantiños, 22 de Decembro de 2015

 http://www.concello-cabana.es/ga/web/index.php?dep=1&mod=not&ide=822

MÁIS INFORMACIÓN DIXITAL :

Ciertos autores postulan que hay una conexión astronómica en muchos monumentos megalíticos. Consideran que Stonehenge pudo ser un observatorio y que su disposición (y la de muchos otros yacimientos) está orientada según los ciclos celestes. Prácticamente todos los dólmenes tienen el corredor alineado hacia el solsticio de invierno y los petroglifos circulares galaico-portugueses señalan éste u otros acontecimientos anuales mediante la sombra que proyectaría un gnomon que se situara en su centro…….

https://es.wikipedia.org/wiki/Megalitismo

Ni el complejo megalítico de Stonenghe (3000 a. C.), ni el túmulo irlandés de Newgrange (3300 a. C.), ni las 13 torres solares preincaicas del Chankillo peruano (2300 a. C.), el templo solar más antiguo de la humanidad podría ser la Cova del Parpalló (21000 a. C.). Cada amanecer del solsticio de invierno, fenómeno que trae la noche más larga del año el 21 de diciembre, el Sol ilumina la galería más profunda de la cueva santuario de la Safor.

……

http://www.diarioinformacion.com/cultura/2012/12/26/sol-paro-cova-parpallo/1328137.html

 

 

el solsticio no es solo una cuestión de astronomía.

Desde tiempos ancestrales los solsticios han influido enormemente en las culturas y las tradiciones religiosas, por lo que no es ninguna casualidad que las festividades modernas se solapen con celebraciones paganas.

…….

http://www.nationalgeographic.es/noticias/solsticio-de-invierno

 

ARTIGO NA PRENSA SOBRE ESTE TEMA :

“¡Oh Shamash, único ti que disipas as tebras! E fas arder o mediodía e fas granar os prados. Fielmente segues a túa marcha a traves dos ceos e cada día vistes a extendida terra !”. Himno ó Deus Sol. Babilonia, siglo VII a.C 

http://www.eldiariodealaracha.es/o-dolmen-de-dombate-e-o-raio-vermello-solsticio-de-inverno/

 

 

 

OUTRO ARTIGO DE INTERESE :

http://trecepoemas.blogaliza.org/2012/09/24/a-cousa-de-dombate-a-debate/

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ROTEIRO DO RAIO VERMELLO NO DOLMEN DE DOMBATE 2015

12 DO 12 ÁS 12 : A NOSA COSTA “EN PÉ DE GUERRA”

Os mariñeiros de Malpica interceptaron a Nuñez Feijoo na rúa para que todo Galicia poidese ollar a madeira dun Capitán da nosa Autonomía desatendendo as súplicas dos derradeiros homes e mulleres que sobreviven da pesca do cerco e das artes menores. A madeira dun Capitán que xa non representa os galegos e as galegas.

video do suceso:

https://www.facebook.com/euapoioocercodegalicia/videos/1127258387286342/

Toda a liorta social alzouse o sábado 12 do mes 12, Decembro, e ás 12 da mañán. E foron precisamente os nosos heroes salgados os que, despois dun mes acampados perante o edificio da Xunta, sen resposta, tiveron que tomar por asalto, en tropel, San Caetano, nesa hora e nesa data sinalada, para lanzar un derradeiro S. O. S. a toda Galicia, …. para implorar que se salven os derradeiros peiraos e barcos que ainda non desgüazaron. O mar morre ante a ollada impasible dunha poboación dormida, xa fai moito tempo. Só protestarán agora cando se remate o pouco diñeiro que queda para pagar as pensións. Si, eses fondos que están investidos en bonos americanos aló en Wall Street. Despois, cando falten as pensións, despois si que vai protestar Galicia enteira. Pero vai ser demasiado tarde, claro.

12373230_10153731671147177_5583621486090070804_n

Tamén nesa data 12-12-12, en Malpica, unha cadea humana, especialmente numerosa, que apoiaron a Hadrián e Nieves para pedir unha atención educativa domiciliaria e sanitaria para certas persoas que o precisan, por desgraza, moi imperiosamente. Estes mil veciños que acudiron a esta cita estarían pensando, seguramente, neses 700.000 millóns de euros que se gastan cada ano na administración do Estado (ceas, choferes, etc…) e para axudar a un pobre non hai nin sequera un euro.

Que terror !!!

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/27051-medio-cento-tractores-bloquean-grandes-superficies-comerciais-francesas-coruna

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/27051-medio-cento-tractores-bloquean-grandes-superficies-comerciais-francesas-coruna

Mazaricos novamente en pé de guerra pola defensa do sector agrario. Liderando esas marchas tractoriles que colapsan as entradas de Carrefures e Alcampos, onde esas compañias millonarias extranxeiras, venden como producto de marca barata o noso leite galego. As derradeiras granxas que ainda non pecharon perden diñeiro en cada litro de leite que mal-venden a 28 céntimos cada litro, moi por debaixo do que lles custa a eles producilo. As granxas teñen gastos e os veterinarios non veñen de balde. ¿non? . Vender un producto por debaixo do precio de coste e eso é ilegal según as leis do mercado internacional. Ainda, sabendo esto, seguen sen axudar a nosa xente do campo. Gravísimo erro apostar polos maletíns de billetes manchados dalgún gran empresario, seguramente, e ser xordo para os berros suplicantes dun pobo o que, en teoría, deberían defender destes atracos impúdicos.

Ponteceso, tamén é nova, triste, pois acaban de anunciar o despedimento de doce membros do GES (Grupo de Emerxencias Supra-municipais) da vila de Eduardo Pondal. Estes axentes, “tipo bomberos”, que son demasiado necesarios para a nosa zona. Espero, pois, que a Xunta e o Concello de Ponteceso se poñan pronto dacordo e solten a xarda. Home non !!!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/12/12/concello-notifica-despido-12-trabajadores-ges-ponteceso/0003_201512C12C4992.htm

Outra das novas que nós remitía Tatiana Rellán de Cesullas-Cabana son estas actividades de Baio, na Porta Grande de Soneira e Berganta, onde feira, locais, Concello de Zas, Deputación da Coruña e veciñanza, puxéronse todos dacordo para artellar unha gran navidade con actos moi interesantes. Baio renace outra vez….como debe ser !!!!

12342679_10207928189465808_3756931324466652527_nPara despedir este outono estaremos, en persoa, no amencer do día 22 de Decembro no Dolmen de Dombate, en Borneiro, Cabana de Bergantiños, con un roteiro literario e cosmo-arqueolóxico chamado ROTEIRO DO RAIO VERMELLO DE DOMBATE. A máxia dese raio de sol na apertura da tapia do sarcófago milenario será o gran punto de encontro do presente conectando coa maxia espectacular dese pasado tan chamativo. Estades convidados.

https://www.facebook.com/events/962142327207563/

http://www.eldiariodealaracha.es/o-dolmen-de-dombate-e-o-raio-vermello-solsticio-de-inverno/

 

12241279_10207943029716805_1467567906553347388_nTamén no mundo literario a escritora de Fisterra, Branca Vilela, revolucionou o mundo da poesía en todo o planeta como ideóloga dun gran macro-evento  solidario internacional para recaudar alimentos, libros e xoguetes para as casas afectadas por esta crise artificial que sufrimos todos. Ela mesma dixo: “O poeta non vive do verso, máis o poema pode dar vida”. E asi foi. En Ferrol plantamos a primeira semilla perante as portas de Navantia (en plenas protestas obreiras) para levar a cabo un recital colectivo solidario na Fundaçom Artabria de Esteiro onde recitaron os poetas: Karlotti Valle de Poesía Salvaxe Ferrol, Iolanda Teixeiro Rei (Ferrol), Branca Vilela (Fisterra), Miguel Vento (Valdoviño), Ricardo Souto Morano (Cambre), Miguel Melero (Culleredo) e Óscar de Souto (un servidor) recitando e facendo de presentador improvisado. Foi o sábado día 5 deste mesmo mes e recaudáronse 400 xoguetes para que Maria Sanjurujo Prado e o grupo de facebook “Te lo regalo Ferrol” os levasen a esas casas da zona onde este nadal terán libros para leer e xoguetes para xogar. Como ten que ser !!!! Ogallá copien esta idea nas nosas Comarcas.

A iniciativa de Branca Vilela deste II Recital Solidario Internacional, (¿Verso que traes ? … Esperanza !!! ), tamén se vai celebrar en Corcubión o domingo día 20 ás 20 h con Suso Bahamonde (entre outros),  Madrid tamén o día 20, e o día 17 ás 20 h será o unísono en: A Coruña, Ourense, Barcelona, Ibiza, Canarias, Rioja, Sevilla, Bilbao, Argentina, Miami, Holanda, etc….. sobran as palabras, é….. impresionante !!!!!.

Ogallá que as boas iniciativas vaian a máis e,…. ogallá que estes últimos berros secos da nosa xente se poidan escoitar máis aló de Santiago e de Madrid, e que algo, ou alguén, salve este fermoso verxel verdescente, hoxe, afogado, exprimido, saqueado, tocado …. e case afundido.

S. O. S.

 

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Redacta: Óscar de Souto   

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO

Vila de Laxe, 12 de Decembro de 2015

Hora: 12:00 o`clock

 

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en 12 DO 12 ÁS 12 : A NOSA COSTA “EN PÉ DE GUERRA”

PROGRAMA Ó NOSO XEITO DE RADIO RONCUDO CORME

 

 

 

 

 

 

 

 

sábado 12 do 12 ás 12 de 2015

12241279_10207943029716805_1467567906553347388_naqui vos deixo a décima entrega da segunda singladura 2015 da goleta radiofónica Ó NOSO XEITO, emitindo dende o Roncudo cormelán e retransmitidos por Radio Neria Corcubión de Iván Fórmula Neria.
De temonél tiven a sorte inmensa de poder contar coa axuda indispensable do meu socio Óscar Manuel Rey Calo. Entrevistas a Ricardo Souto Morano (Cambre) e a Lucía Pastor (Alicante).
Pequena homenaxe a Fundaçom Artabria e a Miguel Vento (Miguel A. Neira Romero) , Miguel Melero, Branca Vilela, Iolanda Teixeiro Rei, etc….
E tamén, como non, a Maria Sanjurjo Mary e a todos os do grupo “Te lo regalo Ferrol”.

Laxe, tamén presente pola 106.1 FM e 108.7 FM para toda a nosa costa dende Malpica ata Muros.

Medre a radio libre e medre sempre !!!!!!

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en PROGRAMA Ó NOSO XEITO DE RADIO RONCUDO CORME

“GALIZA ….EN PÉ DE GUERRA” , DOCE DO DOCE ÁS DOCE

DOCE DO DOCE ÁS DOCE:

“GALIZA ….EN PÉ DE GUERRA”

 

Despois dun mes enteiro acampados perante a Xunta, aló en Compostela, os nosos derradeiros mariñeiros e as mulleres do mar toman por asalto San Caetano, nesta data sinalada, mentras os tractores do noso agro bloquean Carrefures e Alcampos en protesta xusta por este espolio ilegal coa bendición dese Capitán que non escoita os noso berros. Galiza está en pé de guerra.

 

Tamén a poesía galega, a de verdade, está tamén en pé de guerra.

 

12011411_901545359920009_5085097987282103265_nAntón de Guizán e os poetas guitíricos tamén se alzaron, por fin, e a súa voz popular causou unha nova re-evolución que xorde na Terra Chá de Manuel María como endexamáis recordamos. Os poetas verdadeiros, os do pobo, xa non escriben para agochar os poemas nun caixón, porque agora é o momento de unificar as nosas voces que proclaman aquilo que a xente fai moito tempo que queria decir ou escoitar. Son a voz do silencio dunha terra saqueada por todas partes. Cuotas no agro e no mar e trabas para impedir que a poboación sobreviva. Cando morren veciños nos pasillos dun hospital saturado e sen persoal os recortes das tixolas deses cans e deses boitres adiñeirados que xa non representan a ninguén.

10394795_914719985226861_890443271899209825_nJosé Estevez, alá por terras luguesas tamén está loitando por darlle voz a todos os poetas verdadeiros que unifican os seus poemas en homenaxe a Manuel María nun libro colectivo que estará xa rumbo a imprenta para ser realidade no 2016. Uns 400 autores anotados neste novo amencer da poesía real que emerxe do Pobo mesmo ante esta necesidade imperiosa de falar, por fin, co abecedario de cada día. Alto e claro, entendible e rotundo. Porque o momento é ese momento do que falaba Eduardo Pondal, o Bardo, cando dixo que os tempos son chegados. E chegaron.

12376714_10207943049597302_7795012551181309577_n

Maria Sanjurjo de Te lo regalo Ferrol y cercanías

12241279_10207943029716805_1467567906553347388_nBranca Vilela, a escritora de Fisterra, ante a misiva do Papa no 1999 de animar os artistas a facer actos a prol da poboación, cousa que debería plantexarse o Banco do Vaticano, máis desta volta no segundo recital solidario internacional ideado por esta fisterrana o éxito escomezou o día 5 de decembro na Fundaçóm Artabria de Esteiro – Ferrol, perante as portas de Navantia, en plenas protestas obreiras, recitamos ali: Miguel Vento, Branca Vilela, Iolanda Teixeiro Rei, Miguel Melero, Ricardo Souto Morano, Karlotti Valle e… un servidor. A entrada a este recital solidario era un xoguete ou un libro para que o grupo de facebook (Te lo regalo Ferrol y cercanías) poidese repartir estes agasallos de nadal a esas casas afectadas por esta crise artificial. E asi foi. Dende o día 1 de decembro ata hoxe ainda seguen chegando agasallos. Catrocentos xoguetes e o contador suma e sigue. Maria Sanjurjo e toda a súa banda organizada están facendo unha laboura de troco por internet de roupa e enseres, sen diñeiro de por medio, alimentos a xente, etc, etc…. porque esta xente son a NOVA RESISTENCIA FERROLÁN POPULAR.

https://www.facebook.com/groups/tloregalo/?fref=ts

Acto seguido, outras cidades do planeta, sumáronse a este concerto internacional de poesía solidaria en  ….. Costa da Morte ( Corcubión) A Coruña, Ourense, Barcelona, Ibiza, Canarias, Rioja, Sevilla, Madrid, Bilbao etc, etc, etc…..

Dende Manchester protestan os nosos emigrados polas dificultades dese voto rogado que lles fai imposible exercer o seu dereito a votar. Outras cidades do planeta con galegos neses paises queixanse desta trampa que ilegaliza as eleccións do 20 D. Esta dictadura inexpugnable pon as normas tamén en quén vota e quen non. Deberían chamarlle VOTO ROUBADO. Os nosos emigrados serán os ausentes neste paripé de trileros e corruptos onde os máis fulleros triunfarán sempre neste circo absurdo onde sen inspectores europeos controlando o reconto…. riome eu do resultado final.

Os recortes causaron víctimas como nun xenocidio ou nunha guerra. Os suicidios pola desesperación absoluta desta crise artificial creada aposta por intereses do gran capital que manexa Estados e Presidentes. Non funciona o “Libre mercado”. Porque o Mercado nunca será libre mentres as mafias e os narcotraficantes, e os multimillonarios, e todas esas serpes e cans, son en realidade os donos do Mercado, e dos Presidentes, e das nosas propias vidas. Cando a fame chega, cando non hai alimentos, cando o sol incrementa a súa forza como nunca endexamáis o fixo…. ¿qué alambrada de cuchillas e pinchos pode frenar a desesperación absoluta deses 300 millóns de seres humanos que van ir rumbo a Europa, si ou si,  por terra ou por mar, cheguen ou non con vida? ¿quén poñerá barreiras dende o Algarbe de Portugal ata Estambúl ? ¿quén?

Refuxiados do clima. O caos total ainda acaba de empezar. Debemos mover ficha para defender a nosa xente con poemas ou coa radio, ou de calquera xeito posible. A situación requiere medidas drásticas.

“Un home grande acepta os acontecementos….. para reconducilos”. – Honoré de Balzac

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

Vila de Laxe,

Sábado 12/12/2015 

hora:12:00 h.

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

CON LAXE NO PUNTO DE MIRA

 

Cando as olladas atónitas divisaron esa esfera indefinible surcando os ceos despexados de Soesto, no anoitecer dun domingo de magosto, onde aquel mar picado foi testemuño impasible daquel obxeto celestial que, de oeste a este, trazou unha liña imposible coa velocidade dun misíl.

 

1203712804_fUnha veciña foi a que fixo saltar a lebre coa súa valente confesión no facebook, nese novo portal colectivo “XENTE E AMIGOS DE LAXE”, pero a súa revelación inadmisible curiosamente foi respaldada por un nutrido grupo de declarantes que se atreveron a divulgar públicamente tal acontecemento, coincidindo ademáis esas versións deste caso tan controvertido. Só un dos tertulianos, comedido e tamén moi educado, prefiriu denominalo “posible dron de posesión doméstica”, sen censurar as convencidas descripcións dos demáis membros. En definitiva …. ¿qué é o que surcou o ceo, dende Soesto ata Laxe, no anoitecer do 8 de novembro de 2015 ? …..“E ata aqui podo leer”.

E precisamente foi ese mesmo día cando se celebraron as probas clasificatorias para o campionato galego de surfcasting (1)  que tiveron lugar na devandita praia de Laxe, na nosa vila morena galega. É unha honra que as nosas areas sexan referencia nacional nesto da pesca deportiva. Dende Carnota, Nemiña, Lires, Traba, Soesto, etc, …. ata o tótem das plaias axeitadas para este deporte….. Razo, por suposto…. mais é o manso e prácido areal de Laxe o que conta con bandeira azul, coa súa branca figura, e ademáis é a mellor acondicionada para este tipo de eventos, tan atractivos para a nosa Costa Verdescente.

imaxe de adiantegalicia ..... http://www.adiantegalicia.es/reportaxes/2015/09/10/creaciones-caoticas-nacidas-de-la-degradacion.html - Xose Manuel Barros en Arteixo - Café de Fábula na rúa Eugenio Carré (preto do balneario arteixán)

imaxe de adiantegalicia ….. http://www.adiantegalicia.es/reportaxes/2015/09/10/creaciones-caoticas-nacidas-de-la-degradacion.html – Xose Manuel Barros en Arteixo – Café de Fábula na rúa Eugenio Carré (preto do balneario arteixán)

Foi Xose Manuel Barros, alma máter da Asociación Mar de Fábula, un dos culpables, directo ou indirecto, de que as nosas franxas litorais acabasen no punto de mira de toda España coa súa laboura, colectiva e voluntaria, de limpeza dos plásticos e refugallos que emponzoñaban “as areas de praias tan bravas”** . Foi tamén moi eloxiado pola crítica ese artigo seu falando do corredor marítimo de Fisterra que a vinte millas do litoral mantén un tráfico de buques que acada a cifra de corenta mil navíos o ano, nada máis e nada menos, de tódalas nacionalidades e bandeiras. Bidóns baleiros con letras exóticas e símbolos de “contido tóxico considerablemente perigoso”, riscos que aboian, en ocasións, nas nosas ribeiras. Outros moitos, a saber cantos, acaban no fondo do fondo do mar.

12235145_1648456602093071_4892633868642691845_nPrecisamente este mariñeiro xubilado, Xose Manuel, de orixen ferrolán, pero con casa en Camelle, e co seu corazón xa eternamente plantado nesta rexión agreste e oceánica, expoñerá unha pequena parte do seu traballo artístico e atlántico nesa mostra de artesanía comarcal, tan suxerente, que vai ter lugar o día 22 deste mes, domingo a tarde, no pavillón de Laxe, e por ali andarei ….“in person”, pois a cita esta promete sorpresas.

Décimo terceiro aniversario do afundimento do Prestige e 125º aniversario da traxedia do H. M. S. Serpent, Cabo Vilán,  foron só algunhas das escuras conmemoracións neste mes de novembro.

¿Será decembro un mes tan mariñeiro e soleado como foi este novembro? Este mes que foxe como ese misíl circular e celeste que nos deixou pasmados aquel día oito de novembro, algo antes dese venres trece tan lamentable que marcará a fogo pra sempre a lembranza dos nosos naufraxios….. e tamén o naufraxio da paz europea cando París se afundía en só unha hora.

Ogallá que sexa este nadal un decembro de cambios importantes e, ante todo, de paz.

Redacta: Óscar de Souto

pintor de follas en branco

http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/oscar-de-souto

Vila de Laxe, 16 de novembro de 2015.

 

Notas:

  1. Surfcasting: O surfcasting é unha modalidade de pesca deportiva ou de afición, consistente na pesca con cana, que se practica dende a beira da plaia. É unha forma de pesca moi coñecida e relaxante, excepto cando é  por competición.

* “as areas de praias tan bravas”** …. Extracto do poema Artaigo do poeta arteixán Antón Borrazás.

Artigo de X. M. Barros : “O corredor de Fisterra nutre de basura plástica a costa”

pincha aqui pra leer o enlace ó artigo:

 o corredor de fisterra nutre de basura plastica….

Cos refugallos, cordas, plásticos, etc que atopa pola costa Xose Manuel fai este tipo de xenialidades.

Cos refugallos, cordas, plásticos, etc que atopa pola costa Xose Manuel fai este tipo de xenialidades.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en CON LAXE NO PUNTO DE MIRA

ESTA NOSA COSTA DO SOLPOR

Foron moitas as voces que bruaron nestas agrestes soidades laiándose dese maldito alcume de “costa da morte” inventado nun pasado próximo onde as compañías de seguros tiveron que afloxar a carteira para pagar grandes sumas de diñeiro a eses armadores adiñeirados que xogaron os barquiños e os naufraxios nesta costa asediada de tempestades e salseiros. A morte foi un suculento lucro para capitáns alcóholicos e compañías extranxeiras que abrigaron as súas naves nos rochedos e baixeiros da nosa fermosísima “Costa do Solpor” para incrementar a liquidez das súas empresas sen ter en conta as tripulacións que afogaron nesta beira noroeste do Atlántico Norte.

 

Monleón-Torres-fue-un-pintor-y-arqueólogo-naval-valenciano-del-s.XIX_A mesma historia repítese o longo de tódolos mares da terra, dende a Finisterre francesa (a Bretaña) ata o Cabo de Hornos (ó sur da Patagonia en Arxentina), o desdichado Triángulo das Bermudas e centos de miles de puntos negros esparcidos por todo o globo terrestre. A gran mentira dese alcume absurdo que ocultaba trala súa maldición funesta a triste realidade do interese das ratas e dos boitres que sempre acompañan as lendas de vello, esas lendas onde a traxedia case sempre ben acompañada dunha letra pequena nun contrato sobre papel mollado afundido nalgún naufraxio pretendido por algún malentendido, nesa ponte de mando, onde, en certas ocasións, o afundimento da carga é obxectivo dun patrón, a rentes da xubilación, cun pé na popa e outro na única balsa salvavidas. Rios de tinta falan destas máxicas sereas mariñas cos seus cantos quiméricos e pulpos xigantes que, co seu abrazo mortal, tronzaban mástiles e cascos de madeira en mares mansiños e días de verán con calma chicha e poucos superviventes. Pero, nesta ocasión, quero falarlles da esperanza e a súa cor prefirida: o verde. Pois en toda Galiza importantes edificios emblemáticos tinguíronse desta cor na honra do noso Olimpo Celta, o monte Pindo, pois as mareas alternativas e os nacionalismos emerxentes apoian os patrimonios naturais máis nosos, un deles é o noso Pindo, símbolo emblemático desta franxa marítima onde o granito desta que, un día foi, primeira illa do Panxea, que agora está pelexando por proclamarse parque natural de interese para toda a nosa Nación galega, ainda que moitos apuntamos que a protección desta paraxe atlántica debería ser de interese europeo como patrimonio histórico, natural, e inmaterial de especial interese para todo o noso continente europeo, por moitos e variados motivos. A loita continúa porque os especuladores andan sobrevoando estes reductos verdescentes da galeguidade xa que o novo sistema macro-económico odia fondamente os patriotismos, as familias, as liberdades e calquera fórmula de unión que poida frear a súa apisonadora xigante que aplasta, día a día, conciencias, esperanzas e desexos. A clave do control mundial asentase nesta meta escura, dura e imparable, que só desexa máis poder e máis diñeiro tal e como sucedeu naqueles naufraxios dos séculos pasados para maior gloria de ricos con falta de máis fondos. E aqui, nesta costa da vida, os nosos devanceiros lanzáronse a tempestade, en gamelas e gabarras, para rescatar a esas tripulacións en apuros sen ollar as cores da bandeira que penduraba dun pao maior con destiño o fondo do fondo do mar. Aqui sempre imperou a unión indivisible das nosas vilas e pobos.

Ogallá que Fisterra, Xallas, Soneira e Bergantiños volten a ser esa costa da vida, unida e feroz, enxebre, rexia e galluda, que foi sempre, unha costa de baleas, lancheiros e mariños, labranza e muiños, vida por tódalas contornas deste País do Solpor onde os grandes armadores undian barcos mentras a nosa xente do mar rescataban vidas sen importar a cor do ceo ou o estado do mar.O-Castelo-de-Vimianzo-tinguirase-de-Verde-polo-Monte-Pindo-Parque-Natural

Ogallá que tódalas institucións, asociacións, concellos, partidos e persoas de ben, sexan quen de unirse desta volta para rescatar do lume do verán e da posible especulación urbanística dalgún can este monte Pindo noso, símbolo dunha costeira moi viva onde as almas todas da terra enteira partiron sempre cara o outro lado do MARE NOSTRUM para pagarlle o barqueiro esa peaxe precisa para o derradeiro descanso alén da brétema mariña no esquecemento desta fin da terra onde o verde e o azul fan o amor …..cada día.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO.

Vila de Laxe, 19 de outubro de 2015

 

http://quepasanacosta.gal/galicia-vistese-de-verde-polo-monte-pindo/

 

 

Monumentos-galegos-de-Verde-polo-Monte-Pindo-Parque-Natural

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

A NOVA POESÍA GALEGA

Novos abrentes poéticos agroman nesta renovada literatura onde a poesía, aberta e anti-crisis, xa é un berro unánime xermolando nos corazóns dun Pobo, farto de tantas mentiras e … ansioso de proclamadas verdades irrevocables. As estrofas que xorden na crecente poesía desta “era merkeliana” é un novo canto revolucionario, transgresor, realista, entendible, rebelde, social e, ante todo, contestatario.

 

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Nos círculos pechados seguen sen ideas creativas e sen posibilidade de sairse deses márxens técnico-morais que os afogan nesa escura prosa infumable, xélida, complexa e ultra-adxetivada, tan ortodoxa, tan hipócrita, esa triste escrita da antiga garda pretoriana ó servizo permanente dunha casta, caduca e obsoleta, que agora lles paga con esmolas a eses pobres lacaios prosianico-kafkianos, que exercen de poetas, só coa súa roupa impoluta, apariencia sen transfondo, e con ese gran caché de renome, listaxe de premios na wikipedia, que nembargantes está a ser o xugo da súa propia cárcere no esquencemento eterno o que dirixen a súa carreira meteórica, por ser o máis complexo dos autores de copia e pega ou por priorizar nese vocabulario que non di nada porque ese é o único sentido da súa traxectoria apoteósica. Demasio plaxio, demasiado premio amañado, demasiado caché preconfigurado, demasiada miseria agochada tras unha fachada de fume que se esfuma ante toda esta importante revolución das novas prumas galegas, libres e contestatarias, que falan co vocabulario da xente de a pé e co seu Pobo como único xefe posible. ¿Cómo mercar a  alguén que non quere diñeiro, nin caché, nin premios amañados, nin fotos no periódico? ¿Cómo?

A nova escrita que xorde da nova situación socio-económica galega esta a emerxer polasgalega800x600 canles naturais pre-establecidas dende os primeiros días da conciencia humana, os poetas, si, os verdadeiros poetas son os que agora xorden da nada. En recitais de balde, en roteiros (sen fondos públicos nin privados), en tertulias abertas, en foros e páxinas de poesía nas redes sociais, en actos plurais co selo deles mismos. Unha longa ringleira de poetas verdadeiros alzan un cantar diverso, rítmico e sonoro, sen regras na execución, musical e sinxelo, conciso e directo, falando alto e claro sobre os problemas que todos temos, sobre as cousas que todos sentimos, onde o lector se sente protagonista de cada palabra, e desta volta, falan con un abecedario do noso día a día que todo o mundo pode entender. ¿Galego normativo? Si, tamén. E galego mariñeiro, e galego con seseo e algún castelanismo, e galego lusista, e novas variantes de todos eles, as veces, todos eles a vez, e castelán, e llionés, e aragonés, e catalán e ata sesenta lingüas vivas da península son os canles de comunicación elexidos por este exército de cisnes cantores que arderon na cachela da desesperación a súa vergoña a expoñer os seus pensamentos e romperon en mil anacos a mesita onde agochaban as súa obra inéditas porque a necesidade de auto-defenderse tiña o mesmo tamaño que a necesidade de protexer os seus máis queridos, e a falta de metralletas, tamén pode servir a súa pluma bendita, porque, nos momentos transcendentes un home grande, ou unha muller grande, debe reconducir os acontecementos, coas armas o seu alcance, para reconducilos.

A poesía é unha fermosa arma cargada con esperanzas e soños, desexos e raiba, futuro, balas de futuro, eso si, cando o poeta exerce de poeta, e polo tanto, é capaz de empregar toda esa poesía para o, tan necesario, ben común.

Medre a poesía, compañeir@s !!!!

 

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto.

 

Vila de Laxe, 10 de outubro de 2015.

 

 

Publicado en Sen categorizar | 2 Comentarios

O CERROLLO DAS NOSAS VIDAS

Para un pintor de palabras, ó servizo permane do seu Pobo, é moi complicado posicionarse políticamente discrepando, como non, desa plaga de xornalistas, de copia e pega, que difunden unha mesma mensaxe coas mesmas mentiras para maior gloria desa casta noxenta como obxetivo fundamental das súas plumas de mercadillo.

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Pero todo é política, ata en que beira da cama te deitas cada noite, ou que roupa escolles para ir dar un paseo pola rúa, tódalas decisións do noso día a día, son en realidade, a nosa propia política cotiá. Nos tempos modernos nada está xa nas nosas mans a hora de tomar decisións de alcance sobre a política de estado, de este estado bananero composto por un feixe de colonias transformadas en autonomías sen autonomía que algún becerro insiste en chamar País. Son demasiadas as voces que afirman que os documentos de wikileaks son proba indiscutible que o grupo de poder masón Bilderberg foi o autor intelectual de cada un dos sucesos importantes da transición inconclusa na que navegamos nesta eterna deriba. Carrero Blanco, a sucesión real, o convite a Pedro Sánchez en Xaneiro deste ano, ou esa Monarquia Federal hipotecada que andan xa a cociñar esas sectas macro-económicas que manexan, xa fai tempo, os fios deste teatro de bonicreques onde non existe chave para libertar ó Pobo desta trampa xigante no que o cerrollo das nosas vidas xa non se decide nestas eiras. David Rockefeller, H. Kissinger ou Joseph Retinger foron patróns dun dominio mundial na sombra onde as mans que dirixen o Goberno Mundial Trilateral (U.S.A, Europa, Xapón) toman as decisións en luxosas ceas de élite para despois presentarnos nas eleccións os seus candidatos, xa previamente elixidos, para que poidamos votar libremente as diversas opcións que temos, que só é unha pero con tres ou catro cores diferentes. Coma ir comer a un restaurante e que no menú apareza: prato único- cordero, cordeiro, año ou cria de ovella, ….. ¡¡¡¡elixa vostede!!!!

Isto foi o que lles ocorreu os gregos nas últimas eleccións onde non tiñan opcións viables e dignas pero unha parte da poboación foi as urnas de todas formas. Portugal é outro claro exemplo de decepción tremenda con un goberno e unha oposición detestable como únicos candidatos a salvar un barco sen esperanza nin peirao nin patróns. O 20 de Decembro deste ano teremos que elixir entre Mangar, Malechor ou Vaiestafar, os tres reis magos, comer as uvas e agardar polo bloqueo das pensións, o terceiro rescate ou/e todo aquelo que decidan por nós estas ratas que dirixen o libre -mercado e poñen ou sacan reis e presidentes según a fariña que entre no seus muiños de Wall Street.

Eles son os donos do cerrollo das nosas propias vidas.

Amén.

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto.

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO

Vila de Laxe, 5 de outubro de 2015

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

BRUAN AS VACAS EN FISTERRA

BRUAN AS VACAS EN FISTERRA

 

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

Ese faro sonoro, hoxe mudo, era un rumbo invisible con sabor a caldo e lareira nos pensamentos, roupa seca e algarabía no peirao, nese fermoso peirao pequeno, aló, na fin da terra. As vacas de Fisterra son xa un símbolo nacional para tódolos galegos e para a memoria colectiva dos amantes do mar, que na espesa néboa da memoria, coma nun soño perpétuo, escoitan o máxico bruar desas bugüinas de salitre invocando a ledicia amatoria de chegar, san e salvo, o benquerido fogar.

imagesA seguinte páxina desta historia mariña escribírona os meus compañeir@s, poetas e poetisas, que recompuxeron un exército de batallóns literarios, os batallóns do mar, para que as dúas bocinas se escoiten de novo aló no faro antergo, como patrimonio cultural inmaterial da nosa Nación e tamén da UNESCO, como necesaria homenaxe as reivindicacións gandeiras do noso agro e as xustas peticións da flota artesanal de cerco que protestan polo zancadilla europea sobre o pan de cada día dos pobres do sur en beneficio dos ricos do norte. Europa, ese circo de ricos e pobres, esa gran traxi-comedia.

O sábado 19 de Setembro de 2015 foi un día importante para todos nós, os que ainda agochamos esperanza no faiado dos nosos pensamentos máis profundos, ilusionados desta volta polo canto unánime dos cisnes cantores proclamando a verdade co respaldo dun pobo, xa máis desperto, que, nesta ocasión, dende a lonxa ata o faro, secundaron a palabra reunida en tan impresionante escenario no berce dos ventos da costeira atlántica por fin unida. Algúns estivemos na tan necesaria retagarda, apoiando dende outros escenarios máis humildes, pero coas mesmas ansias de pedir xustiza para os nosos gandeiros e mariñeiros o mesmo tempo que pedimos a restauración das nosas sinais identitarias propias que algún becerro insiste en secuestrar …. unha e outra vez. Pero cando a salitre do mar percorre as túas veas ou cando a terra ten para ti o valor da vida, ningún corvo negro remediará ese balbordo incontrolable dos que berran con forza de mar e terra pedindo xustiza, coa razón na mochila, e co oceano cun carreiro no medio como única bandeira libertaria.galega800x600

¡¡¡ que bruen de novo as nosas vacas de Fisterra !!!

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO
Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en BRUAN AS VACAS EN FISTERRA

A MAXIA DOS SONIDOS OCULTOS

Os sons da Costa da Morte son outro dos nosos grandes tesouros, descoñecidos polo común dos mortais, pois permanecen ocultos, rodeándonos, de cote, sen que poidamos decatarnos desa importante e máxica selva invisible de poemas radiofónicos, ou olas rompendo na costeira, ou o balbordo dos paxaros da ribeira nunha noite de ardentía no verán, ou unha sinxela radial (facendo música rock) na túa mesma rúa, símbolo sonoro de que polo menos alguén anda a traballar en algo na obra do lado. ¡¡¡Esa fermosa selva máxica de sons que nos rodea!!!

 

thAgora que Radio Roncudo Corme xa ten reparada a súa vella antena, grazas os colaboradores e amigos que anónimamente contribuiron a dita reparación, vai ser o momento de que esta goleta bergantín radiofónica, “Ó NOSO XEITO”, o programa cultural no que son locutor voluntario, tódolos venres as dez da noite, re-inicie, por fin, eses directos trepidantes con novos ventos no velame e cunha nova singladura preñada de ilusión e novos contidos. As radios do mar, Radio Roncudo Corme e Radio Neria Corcubión, as radios irmandiñas, 106.1 FM e 108.7 FM, emiten xuntas este venres 11 de setembro as 22 h. o seu primeiro programa en directo desta segunda etapa do meu programa que será escoitado, coma sempre, polas dúas emisoras o unísono para asi estrenar antena nova en Corme e para que toda a nosa Costeira, dende Carnota ata Malpica, poida escoitar a voz de Serxio Moreira, o pianista descoñecido, falando da terriña que tanto ama, na que, coma o cisne cantor, olla dende o seu eterno anonimato, entre xira e xira, concerto e concerto, para compoñer novas xenialidades cunha radio antiga como instrumento, ou unha cafeteira vella, ou o tapón dun garrafón ou as gotas da choiva na xanela como melodía de fondo do seu novo tema, todo pode ser unha sinfonía perfecta cando a man do pianista arranxa as notas concretas no tempo exacto donde reside a maxia pura desa selva de sons que nos rodea.  “ELO”, o seu novo traballo xunto coa poetisa Rosalía Fernández Rial está sendo todo un éxito fóra das nosas Comarcas, especialmente, pero moi pronto, agardo que tamén aqui contemos con presentacións e actos para poder desfrutar destes mozos, cheos de arte e amor polo que fan, eles son o futuro, e ademáis esta mocidade emerxente fai que me sinta orgulloso de ser Bergantiñán, abofé. Neles reside o noso irreductible convencimiento por seguir rumbo a tempestade, sempre.Elo-son-os-Versos-e-voz-de-Rosalia-Fdez-Rial-e-o-piano-de-Serxio-Moreira

Política local, sociedade, novas culturais, entrevistas, radio-teatro, poesía en vena, persoeiros de aqui, …., todo esto ….e moito máis será incorporado a esa folla en branco, que me serve de guión cada venres a noite, neste “Ó NOSO XEITO” que emerxe novamente das nosas radios de salitre atlántica, que loitan por seguir vivas, falando de aquelo que calan os que non falan de nada importante, para ser máis altos e fermosos, cando te convidan a un café cun sorriso finxido e nada de seu que contar.

Pero nós seguiremos querendo ser un faro nesta selva, nocturna e pétrea, onde, as veces, a choiva é unha canción na xanela mentras Serxio Moreira toca algo imposible que endexamáis ninguén tocou, nin tocará.

Medren as nosas radios libres.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

Capitán da goleta “Ó NOSO XEITO” (Radio Roncudo Corme)

Máis información de interese:

https://radioroncudo.wordpress.com/2015/09/08/tempada-20152016-volta-o-noso-xeito/

http://www.quepasanacosta.com/?p=40343

https://www.facebook.com/proxectoELO

http://www.silviapenide.com/blog11_festivaldelaluz.html

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

a autoría desta imaxen corresponde a Eduardo Castro Bal, Santos-Díez, Distrito Xermar e Adrián Ferreiro. Con licenza CC-BY-SA 3.0

http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotosByAuthor.do?authorId=autor374

 

serxio moreira en radio roncudo

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A MAXIA DOS SONIDOS OCULTOS

CARTA ÓS SIMPATIZANTES DA RADIO LIBRE

Laxe, 26 de agosto de 2015  –

CARTA ÓS SIMPATIZANTES DA RADIO  LIBRE

 

Benqueridos  radio-oíntes:

10882111_1579298418967627_5399399917614253520_nDende Radio Roncudo Corme escomezamos nova etapa radiofónica con novidades e renovada enerxía. Ventos novos soplan neste atlántico asediado polas fortes tempestades que braman fondamente neste corazón da Costa da Morte onde a radio e a poesía fan o amor máxicamente, sempre co noso Mar como telón de fondo, e coa nosa xenuína re-evolución libertaria por mástil e, tamén bandeira, antena e voz, paixón e desexo…. destas radios libres e comunitarias que ainda resisten na beira desta costeira enfurecida, unha costa que promete sempre novos abrentes, alén do desánimo e da tristura. Un berro seco que xorde coma noutrora ante a necesidade de rachar o silencio, ¡¡¡este duro silencio!!!, daqueles que calan aposta, e daqueloutros que falan por falar, …sen falar endexamáis do que en realidade importa. O programa Ó NOSO XEITO, que emiten conxuntamente, Radio Roncudo Corme e Radio Neria Corcubión, amplía a súa colleita informativa para acoller novos espazos plurais e de interese xeral dentro do seu marco cultural e, ante todo, literario; pero, …. contaremos ademáis con novas voces e novos temas que centrarán, máis polo miúdo, unha especial selección de novas e debates moito máis próximos a xentes de a pé. Política local, noticias, persoeiros do Pobo, corais, asociacións, tradición, poetas vivos esquencidos polos seus concellos natais, músicos en activo, figuras de interese popular, novidades non noticiadas polos medios ordinarios, historias impresionantes dos nosos veteranos, etc, etc, etc, etc……… 10917317_1583529335211202_3987016138644983098_nTodo isto, e moito máis, será resumido nunha vertixinosa hora de radio que nesta segunda etapa, setembro 2015-xaneiro 2016, terá por meta  chegar con máis forza, amplitude e proximidade os veciños e veciñas de Bergantiños, Soneira, galegos de Galicia e galegos do Alén. Os xovenes, este gran futuro impresionante, tesouro en off, esta puxante xeración super-hiper-ultra-preparada terá un protagonismo prioritario nesta nosa vella radio reverdecida. Desexamos que novas cancións en galego animen unha resucitada e renovada emisión que pretende manterse nas ondas invisibles das nosas radios aproveitando esa falta de contido de Tele-Nodo por TDT, e sabendo, como non, da imprescindible notoriedade das pequenas antenas libres neste abrente con moitas voces calando e “censurando realidades” mediante o “not coment”, pero hoxe, máis que nunca, moitas orellas abertas con mentes inquedas están desexando que alguén definitivamente fale claro, alto e claro, para rachar con esta eterna noite de pedra secular.

10421592_1575231832707619_8945992211059797583_nCon poemas e historias como mar de fondo e contos novos como nordén no velame desta goleta bergantín, berrando en voz baixa, sempre con algo diferente que poder  contarlles. Setembro é o mes elixido para arriar amarras dende o 106.1 FM e 107.8 FM que cantarán regueifas libertarias de presente, co pasado no camarote dos latexos e co futuro sempre entre as letras.

Medren as nosas Comarcas e longa vida as nosas radios sempre abertas e libertarias.

Medre a radio.

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto.

Locutor de Ó NOSO XEITO (Radio Roncudo Corme e Radio Neria Corcubión).

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

A PUTA CONCIENCIA

É como espirse porque algún descoñecido cho pide amablemente, aquel que carece de moralidade fai eso, é moito máis. A clave que auto-limita o ben e o mal, nesta nova babel, preñada de fariseos e xudas escariotes. A conciencia e os valores das últimas boas persoas, os bos e xenerosos, cidadáns e seres honorables, aqueles valores morreron no ano 1913 nas mans de Fernando Pessoa no seu poema Oda Universal, que hoxe, fíxose, de novo, feito indiscutible. O mal tomou o control do planeta.

0Os barcos arrastreiros das grandes navieras arrasan co peixe das nosas costas mentres asistimos impasibles a destrucción total da nosa flota pesqueira. O agro galego protesta polas cuotas e as trabas impostas polos corruptos que dirixen este barco, sen escala no peirao da esperanza. E as derradeiras granxas galegas falecen, día a día, sen remedio nin intención de remedialo. Os viveiros privados fórranse vendendo cebo de pesca sen control mentras ispección marítima fai revisións exaustivas das miñocas que apaña cada pescador deportivo, eso si, todo según o protocolo establecido. Na area oposta, casualmente, un individuo aproveita e colle impunemente dez veces o permitido, para maior gloria dalgún empresario con dereito de pernada (posiblemente). Ninguén se espanta. Describir nun artigo as deficiencias dun sistema obsoleto e caduco é moi sinxelo, con poucas palabras é dabondo: o rico gaña e o pobre cala. As novas dictaduras modernas sacan peito.

buitre-leonadoAs feiras tradicionais das nosas comarcas están baixo a estricta vixiancia das autoridades para evitar que alguén defraude a facenda por vender duas ducias de ovos da casa sen factura e sen IVA pero a gran banca desvia grandes fortunas a Finlandia, sen que ocurra nada, porque o pequeno perde, como non, mentras o grande é máis grande cada día.

A presión sobre o cidadán de a pé aumenta exponencialmente debido a estas dramáticas eleccións estatais onde o trono da raiña está en xogo, un teatro no que as reglas cambian según o interese dos eternos gañanadores desta falsa democracia instalada eternamente no poder. Como unha pataleta de neno pequeno que pretende calar a razón mentres a viola e a tortura, eso si, en completo silencio.

  • Sssssssssssssss !!!!

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

TABEIRÓNS, RADIOS E POEMAS

 

O 25 de Xullo, día de Galicia, recibín a chamada de Isabel Pichel do programa “Un sitio a sombra” que emite tódolos domingos as cinco da tarde na radio galega. Falamos de tabeiróns pola radio, falamos tamén das nosas radios libres (Radio Roncudo e Radio Neria) e, como non, de poesía en galego. A radio é máxica, din moitos e moitas, abofé, ten esta particular frescura de parolar sobre calquera cousa interesante dándolle especial importancia as novas que os oíntes desexan escoitar en directo.

 

TiburonEfectivamente, a Presidenta das berberecheiras do Esteiro de Cabana de Bergantiños, xa non é o ser máis perigoso das nosas ribeiras, como afirmaban moitos, agora non, porque a quenlla, o tabeirón azul, xa ten carnet galego e as primeiras crias apareceron xa en augas mansas, dentro do esteiro, nadando apacibles nestas correntes inusualmente mornas onde estas dentudas atópanse como peixe na auga, nunca mellor dito. Tabeiróns peregrinos foron filmados nas augas de Maria Antonia, na Coruña, e tamén na zona de Doniños. Pescadores deportivos tropezáronse con algún de sete metros nas proximidades de Corme, non moi lonxe da concorrida praia de Valarés, en Ponteceso. Peixes lúa, ballesta, barracudas, túnidos, aves mariñas exóticas, andoriñas laranxas e toda clase de animais do sur emigran fuxindo de presa como esta marabunta de inmigrantes que desesperadamente procuran Europa como destiño, único posible, para sair das súas miserias desgobernadas e sen control. O clima cambiou drásticamente de forma, natural e cíclica, tal e como pronosticaron os Mayas con 14.000 anos de marxen ollando ese reloxo exacto que lles marcaron as estrelas. Este é o ano de máxima actividade solar, volcáns e terremotos, subidas na temperatura mariña, cambios no comportamento de animais e prantas, desertización, o Amazonas seca, “El Niño” aparece de novo, e quedan ainda oito anos máis de cambios extremos, cicloxéneses, furacáns, inundacións, gota fria e moitas outras plagas e calamidades, maiormente naturais, e xa acontecidas neses finais da conta longa que marcan os calendarios solares e cósmicos doa antergos, tan importantes para as economías e sociedades agrícolas do pasado.

O agro galego segue coas tractoradas, como a de Santa Comba no 1 de Agosto, para berrar alto e forte ese derradeiro salaio de  desesperación total. Problemas, sen solución, na flota de cerco, condenada xa a falecer por inanición pero, ante todas estas calmidades artificiais, a invasión de migrantes seguirá co seu ronsel dirección o noso Norte hipotecado, embragado e secuestrado, agora tamén silenciado con esa mordaza tan comentada últimamente. Un pequeno parche para tapar un derrame incurable xa sen remedio posible. Mentras a poboación segue entretida con fútbol, praia, festas e bombas de palenque, desfrutando dun verán, moi caluroso, que promete quedar ata setembro iluminado por un sol potentísimo con sinales claras de últimos latidos, como comentan Stephen Hodgkins e outros entendidos na materia. Os acontecementos e os biorritmos do planeta azul aceléranse, de novo, coa mesma velocidade que arde o monte galego, organizadamente coa premeditación de tódolos anos. Agora, que tamén prohibiron apañar miñocas para ir de pesca, podemos poñer carne de porco no anzuelo….. que malo será que non pique algún tabeirón. Xa facía tempo que abundaban os tabeiróns de dúas pernas e, …que máis da que teñan aleta ou non!!!!!! .increible-tiburon-devora-a-calamar

Todo é peixe.

Revolucionariamente,

Óscar de Souto

PINTOR DE PALABRAS

 

Laxe, 3 de Agosto de 2015.

Enlace co video do poeta e mariñeiro Xosé Iglesias, avistamento dun tabeirón peregrino en augas galegas:

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

A CREBA DOS POETAS A SOLDO

cropped-libro-en-llamas.jpgEsta imposición de recortes en cultura, trouxo consigo, o silenzo dos poetas “por vocación económica”, eses mercaderes de premios e cachés amañados, eternos señores feudais da prosa abstracta, sutíl, técnicos do normativo, eternos artelladores da estrofa inintelixible, que hoxe, sen cartos por diante, sen subvención, nada farán pola poesía galega, que tanto amaron, ….amaron ata que o muiño deixou de moer, esa fariña, por eles desexada. E morreu, de súpeto, a elucuencia imposible deses famosos círculos pechados, secuestradores da cultura deste noroeste, sempiterno asedio, dos caciques da palabra.

262632_544323945595955_1263374871_n        Os medios de in-comunicación seguen sen publicar dignamente as novas literarias dos novos recitais e actos culturais, que xorden por tódalas contornas do noso País, pero desta volta, sen a porta pechada e da man dos verdadeiros poetas do pobo, que ahora, de balde, coma sempre, son a única voz alzada nesta noite pétrea….. hoxe destronada. José Estévez, Mar Beres, Iolanda Teixeiro, Claudia Castro, Miguel Melero, Ricardo Souto, Ramiro Vidal, Iria Lestón, Rosa Lois Caamaño, Roberto Traba, Branca Vilela, ….., ……, ……, …….compañeir@s, que alume o faro da liberdade e da palabra alzada coma un soño endexamáis soñado e, coma noutros tempos xa pasados, para que esta nosa voz, antonte en OFF, e de cote ó servizo da nosa xente, por ela creada, a ela adicada, por ela loitada, traia esperanzas dun futuro, ainda sen debullar, sexan por nós sementadas, en forma de poema, nesta verde Nación, azul e dourada, que non oe, nin ve, nin sabe, do amor dos poetas que a aman, só escoitan á estirpe maldita de traidores sen alma que a manteñen calada. Porque, por fin, terá que ser voz en ON, berro seco, regueifa de loita e cantar entendido, ese cantar endexamáis cantado.

Medre a poesía: libre, aberta e cun pobo por camarada !!!

 

Revolucionariamente,

Óscar de Souto.

 

Laxe, 15 de Xullo de 2015.

Publicado en Sen categorizar | 2 Comentarios

FESTAS E INCENDIOS: ESE REQUELORIO DO VERÁN

 

Galicia pagará medio millón de eurazos ó Exército Español para que vixie os montes galegos, outra proba máis de que somos unha colonia dentro do Estado das castillas.

incendios_forestales_mexico350Este requelorio é máis que necesario para a gran queima forestal de tódolos veráns, eso si, ata que as cuadrillas e os chiringuitos non estén preparados, non comenzará a foliada. Posiblemente sexa este mesmo mes de xullo cando lle dean o pistoletazo de salida para o lanzamento de granadas incendiarias e vengalas nesta gran cachela anual veraniega e, asi, teñan que apagalo con medios dabondo e persoal cualificadísimo, eso si, co exercito paseando polas corredoiras na procura dalgún pirómano perigoso e protexer ó pobo galego deses terroristas do lume que queiman sempre dacordo coas datas de contratación, con sincronizada organización, e coas casas lonxe. Aqui, os pirómanos, son uns verdadeiros artistas.

Pronto poderemos ollar os desfiles militares polos altos cúmios dos nosos montes rapados, cos prismáticos ben altos, enfrontándose o nordés na eterna búsqueda dalgunha sinal de fume deses indios apaches que agora teñen a cerilla nunha man e o extintor na outra, … agora que se pode recalificar o chan ardido e urbanizar despois desta gran cachela inmensa que será Galiza neste 2015, pasado por áscuas, para maior gloria deses emperadores dun teatro xigante, xa sen solución posible……. ¡¡¡¡¡¡ menudo show !!!!!

E, namentras acontece todo isto, a campaña verbenera está dándolo todo, a dolor, nas nosas festas rachadas, para deleite do xubilado e para maior gloria de Espectaculos Lito e as oitenta orquestas Panorama que ainda temos, grazas a Deus, para ter entretida a xente con este sistema, tan ben trazado, de Panem et circus, bombas de palenque, xantares e festas gastronómicas, alcohol dabondo, como non, rios de viño…. e, que tampouco falte nunca un constructor quita-pieles dirixindo a caixa rexistradora da Comisión de Festas. Somos potencia mundial nesto das Comisións verbeneras, un argallo anarquista que descoñece a burocracia actual e funciona, ano tras ano, como un reloxo suizo; pois nesto de “dar pra festa”, nesto, non se pode reparar en gastos para que a parroquia indique os demáis pobos veciños, con sendos cartelazos e bombardeos masivos, que sómolos máis potentes da volta, ¡¡¡ buah !!!, será por cartos, ainda que os fillos e netos sigan no paro ou emigrados, ou pasandoo mal, eso non importa, porque aqui só é prioridade máxima traer catro orquestas a xeito e, ademáis, as orquestas non veñen de balde, como non, para eso do peto dos cartos hai sempre algún voluntario, moitos máis que cando foi o do Prestige.

¡¡¡¡ E veña festa, ….. e veña lume !!!! …….¡¡¡¡ Arde Galicia !!!!!

10/7/2015

 

Redacta: Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO
Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en FESTAS E INCENDIOS: ESE REQUELORIO DO VERÁN

O RESCATE DAS GAFAS VERMELLAS

A causa máis común de naufraxio de gafas de sol é o clásico despiste tonto de ollar para o mar coas lentes instaladas no pelo. Ante o afundimento dun obxeto tan persoal só queda agardar polo desenlace das tarefas de rescate das  gafas do poeta.

O desafortunado suceso aconteceu fronte a lonxa da vila de Laxe pola mañán cedo, nun día de verán, deste xullo tan caluroso, rachando aquela calma relativa do peirao de Portozás, a fermosa xoia da coroa da nosa vila morena. O instinto empurroume a abordar un barco de cerco, coma se un pirata quixese tomalo control da nave, un deses barcos de cerco que ainda quedan neste mar asediado, para poder coller prestado un trueiro na proa coa intención manifesta de pescudar polo fondo do mar na procura dese tesouro mariño ….. xa propiedade do Atlántico.

http://sr.photos2.fotosearch.com/bthumb/CSP/CSP170/k21240148.jpg

http://sr.photos2.fotosearch.com/bthumb/CSP/CSP170/k21240148.jpg

Nada, nin rastro, algún pulpo simpático, pensei. Ata soñei con ese pulpo risitas paseando pola beira da praia coas miñas gafas vermellas decorando o seu cabezón esponxoso. Máis aconteceu axiña o milagre inesperado porque os héroes salgados asexaban dende as contornas aquela maniobra arriscada de intentar desesperadamente atopar unhas simples gafas vermellas. Si, deinas por perdidas, e marchei triste para a casa, imaxinando o pulpo gafotas escarallándose de risa.

Pero chegoume un aviso:

– Un dos patróns de Laxe ten as túas gafas de sol na súa casa. Rescatáronchas.

Xusto onde a Virxe do Carmen saca do mar milagrosamente os naufragos mariñeiros tódolos anos, ali, nese mesmo recuncho, perante da Cruz Vermella, a operación de rescate concluiu con éxito. As gafas do poeta están xa en terra firme.

Medre o mar ….e viva a nosa xente mariñeira !!!!!

 

Redacta: Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO
Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en O RESCATE DAS GAFAS VERMELLAS

FESTAS E INCENDIOS: ESE REQUELORIO DO VERÁN

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en FESTAS E INCENDIOS: ESE REQUELORIO DO VERÁN

OS EMPERADORES DO MUNDO

Patróns do mar, muiñeiros do vento, duques da auga, condes do lume, reis do peaxe, marqueses da miñoca e príncipes das feiras.

BARCO-YEMEN-280x200No esteiro do Anllóns, coma noutros moitos feudos, andan os da Xunta contándolles as miñocas os pescadores deportivos, eses pobres domingueros coas súas eternas vacacións impagadas que foxen do bar, da casa e dos problemas para procurar un xantar de balde nesa paz inmensa que transmite o noso Atlántico. Mentras tanto, catorce berberecheiras, de amplia silueta, cruzan o canal da ribeira nunha lanchiña miúda, arriscando as súa vidas, con gran valentía, para apañar ese cupo diario para deleite extraordinario das súas lozanas economías. Unha escena dramática digna dun cadro de Dalí.

1743052_249pxAinda que os do ás para matar o tres foron os do Ministerio de Industria poñéndolle prezo a luz do sol, ¡¡¡¡ manda carallo !!!! e fixérono para maior gloria dos Césares das eléctricas privadas porque eses si que teñen dereito de pernada grazas os contadores dixitais por pasos e os ventiladores que plantaron nos cúmios rapados das nosas venteadas serranías para poder peneirar o nordés. Nembargantes, os paneles solares, pagan ese novo xuro que impuxeron para que o seu sol alume moito máis.

Queren ilegalizar as fontes e os pozos, etiquetar os ovos da casa, facturar nas feiras pequenas, multar os cafés sen IVA, pechar as lonxas, contalas miñocas e indultar os mangantes de mansión e piscina, eso si, esto último retransmitido por Tele-Nodo en TDT.

1377595_10153003756897177_1515783840737705128_nEste vai ser un verán de festa rachada, constructor na comisión da festas, paro sen prestación e, como non, a pensión de Suiza do pai dunha garrida berberecheira será revisada por facenda, con lupa, mentres esquia un banqueiro nalgúnha famosa estación de montaña alén de aqui.

¡¡¡ Panorama ya llegó !!!!

Laxe, 29/06/2015

Redacta: Óscar de Souto

(PINTOR DE PALABRAS)

oscardesouto@hotmail.com

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en OS EMPERADORES DO MUNDO

TURISTAS DE CANTIMPLORA

rusellRematouse aquel tempo de centoladas apoteósicas e percebadas de muy señor nuestro. O novo turista deste mes de xuño trae cámara dixital, pantalóns de boy scout e cantimplora incluida. Traen tantos cartos para gastar que nin sequera van pola autopista por seas caso acaban na bancarrota. De momento os pisos seguen sen alugar e os restaurantes das nosas Comarcas están rezándolle a San Antonio bendito para que o milagre aconteza axiña e a abalancha de visitantes de carteira alegre salve unha campaña desastrosa que amiaza co peche dos derradeiros locais familiares que, a trancas e barrancas, foron capeando o vendabal, ata o momento, por pura subsistencia.

10421592_1575231832707619_8945992211059797583_nNestas datas o anuncio do Goberno de Madrid amiazando que vai meter man dura na contabilidade da hostelería galega non causou, a priori, moito asombro, máis se a teoría se converte en práctica, con total seguridade, o peche definitivo de bares e mesóns será un feito antes deste mesmo nadal. Xa fai algúns anos que o sector está permanentemente afogado en vida por todo tipo de taxas abusivas que impiden a proliferación de negocios pequenos nas vilas e pobos de todo o País. Eu son dos que opino que o principio de dignidade que recolle a Constitución debería ser algo máis que un texto decorativo e a exención fiscal tiña que ser para o pequeno comercio familiar e non para as grandes fortunas e para os comerciantes chineses, ¿e logo os nosos? Pode ser que os grandes defraudadores e as mafias teñan moitos máis cartos e, por iso, sucedan estas inxustizas, tan ilóxicas, que tanto sufrimento causan, e seguirán causando, máis, desta volta, falamos xa da supervivencia das maiorías, e xa sabedes todos, ….cando derrubas a fundación e os pilares dunha casa, ….., o normal e que se desplome todo xunto, cecáis sexa o que pretenden. Porque isto é como estar no cumio dun pino e teu cuñado coa motoserra cortando nel, ¡¡¡¡como para animalo!!!!

 

GAIVOTAS CON DUPLEX

11287320_10200811113718316_1281721386_nOs desafiuzamentos e despidos masivos son o pan noso de cada día, tanto na prensa de celulosa, como na nova Tele-Nodo que nos acaban de implantar, ademáis con TDT incluído, nembargantes, aqui, na nosa terriña, as gaivotas aniñan nos tellados das vilas costeiras e algunha ata ten duplex, con sendas vistas, aproveitando que no mar non queda nada que comer víronse obrigadas a facerse ocupas e aniñar nos edificios paralizados por falta de inversión e por falta de inquilinos. Sen emprego e sen turismo, sen agro e sen flota de cerco, sen fábricas e sen o pequeno comercio, sen solucións a curto plazo…….., que me perdoen as pobres aves mariñas, pero, o filete de gaivota pronto será un prato axeitado nas nosas mesas, ¿por qué non?, patacas de Coristanco, longueirón de Fisterra, filete de gaivota con pementos da horta, e de postre…..uns percebes do Rocudo con auga da fonte.

Bo proveito.

Redacta: Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO

oscardesouto@hotmail.com

 

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en TURISTAS DE CANTIMPLORA

OS LOBOS FEROCES

Mentres timaban a avóa de caperuchiña vermella, uns banqueiros corruptos, cunha patraña dunhas preferentes e algunha que outra mentira dourada, a nai de caperuchiña, miña pobre, era desahuciada do piso coa bendición dos almirantes desta canción triste xa tantas veces cantada.

1907551_10204098930653878_5438110728683501709_n¿Qué diría Espinete se fose un dos testemuños deste caos xigante? En verdade eu endexamáis confiei no porco espiño xigante, menudo gordinfón, rosa, vago e maleante, todo o santo día no kiosco da plaza rascando o seu bandullo seboso, vaia exemplo pos meniños da miña xeneración, da igual, están todos na diáspora e por aqui só quedan os das faces pardas, si, os grandes triunfadores do gran boom da construcción, os das anécdotas laborais como única conversa posible, que agora só aspiran a cobrar unha pensión que endexamáis percibirán, NIN DE COÑA, e tamén, como non, esa plaga inmensa de pensionistas ultra-aforradores que pasaron de ser, caporal e referencia, nunha casa chea de xente, ledicia e sorrisos, pandeireta, tambor e bombo, a ser meros matemáticos solitarios calculando, de cote, como poder chegar a fin de mes, sen matar a ninguén, para emprender novamente esa enigmática fila india ás portas dunha caixa galega….. agora venezolana. Xa parecen Golum, o samesuga de “El Señor de los Cartiños”.

¡¡¡ Mi tesoro !!!

 ¡ Menudo desastre !

11393180_10200776147564184_5725310645834339152_nCando un participa nun conta-contos xa non sabe un moi ben que conto contarlle os nenos porque as olladas dos proxenitores tamén inundan a sala e….. xa sabedes, as porcentaxes de voto nestas municipais delatan que a participación foi masiva por estes lares, total, non podemos nin falar de abstención, porque a porcentaxe de abstención equivale integramente a eses mozotes empadroados só pola taxa da rodaxe do coche, que é máis barata na aldea, e polo tanto, ese voto pantasma, esa eterna abstención, non creo que sexa nin sequera legal. O que si está moi claro e que aqui a inmensa maioría está dacordo co que temos e asi o reflectiu nestas pasadas eleccións a alcaldía, onde algún mentireiro patolóxico pese a incumplir, punto por punto, todo o seu programa anterior, revalida con forza o seu feudo caciquíl, puuufff, ………, ……. ¡¡¡ menuda mafia !!! Quen me dera que os nenos modificasen todo isto no futuro….. pero, tal e como van as cousas, fuxirán deste xeriátrico tuceríl o antes que poidan, algún non retornará nin no nadal, e non me extraña nada.

Sinalei xa, en demasiadas ocasións, que o noso Pobo debe comprender as mensaxes dos seus defensores: poetas, articulístas, radios, etc, etc, (xa non contamos sindicatos, valedores do Pobo e demáis inútiles) , e, repito de novo, como somos moi poucos os camicaces da verba que ainda temos a ilusión de mellorar todo isto deberiamos preguntármonos todos cal é a causa desta fobia extrema á lectura, xa irremediable, nalgúns casos. Porque a lectura é a derradeira salvación desta tontura manifesta. E, sen cambiar de tercio, a aqueles que saen sempre nos medios oficiais creando eventos públicos co selo dalgunha institución, sempre cobrando, sempre os mesmos, sempre con oratorias infumables e sempre sen público na sala, …. , …..encantariame poder saber, a ciencia certa, se é que dormen ben de noite, porque, a conciencia …..é moi filla de puta.

 

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto.

PINTOR DE PALABRAS

 

oscardesouto@hotmail.com

 

 

Publicado en Sen categorizar | 2 Comentarios

EN LAXE, OS MENIÑOS, …… ¡¡¡¡¡ ESCOITAN CISNES !!!!

11289499_1594108114194587_5076260206855875722_oCo verán, xa as portas, escomezamos o mes de xuño coa nova de que os rapaces do colexio de Baio recolleron 100 kilos de basura na praia de Soesto, acondicionando o areal, para a tan ansiada chegada dos primeiros turistas, e para que volten, polo ben de todos, debemos manter limpa a nosa costa (a toda costa) porque o sector turístico é o último bastión da nosa maltreita economía e o civismo e as novas iniciativas deben imperar e proliferar, …. pola conta que nos trae. Os nenos, de cando en cando, recórdanlle os adultos o que está ben e o que está mal, e a situación actual de certos paseos marítimo-fluviais, sendas, castros e outras senlleiras zonas das nosas comarcas, están en completo abandono e nun estado deplorable, visiblemente, cousa que a vista de todos causa unha fonda tristeza e a imaxen é tremendamente importante para os visitantes ocasionales nestes meses de sol e praia, fidelizalos é responsabilidade de todos e cada un de nós, sen agardar a que ninguén resolva esta papeleta tan importante para noso ben común.

O Domingo 7 será Laxe o centro operativo desta limpeza xeneralizada da nosa franxa oceánica. Medre o mar !!!!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/06/04/alumnos-baio-iniciaron-calendario-limpiezas-soesto/00031433367475843643836.htm

http://www.quepasanacosta.com/?p=43818

cartel cisne finalPor outro lado, este sábado día 7 de xuño, as cinco da tarde, celebraremos o terceiro ESCOITO CISNES, desta volta na nosa vila mariñeira, na Vila de Laxe, na famosa trastenda do Panignacio Laxe, contando con Claudia Castro e un servidor, será un conta-contos semi-poético, con ledicia e música como telón de fondo, e os máis novos serán público e parte principal do acto, porque animar a lectura pode ser unha idea de futuro para que as bibliotecas, algún día, teñan xente e as nosas Casas da Cultura, algún día, albergarán actos culturais co beneplácito do noso Pobo. A longa noite de pedra está cómodamente instalada neste noroeste atlántico porque os nosos meniños fan do que ben e copian todo coma se fosen esponxas e, por desgraza, Belén Esteban e Paquirrín son as “cousas” máis culturais que poden ollar pola casa porque os libros, por aqui, causan repudio agudo e o abrir un libro asi sen máis “pode causar cegueira fulminante” e este 1,5 % de lectores cotiás non é dabondo para resolver esta migración masiva i esta taxa de paro sen precedentes que ben animada pola fobia extrema a abrir un simple libro de texto, pode parecer algo ridículo, pero é máis que sabido que as rexión máis desenroladas do mundo teñen porcentaxes do 70 ó 80 % de lectores asiduos e as rexións máis deficientes teñen analfabetismo e libro-fóbicos, e por aqui teños superávit de alérxicos ó papel. Ogallá que este tipo de actos contaxien as administracións dos nosos Concellos e no canto de teatro e circo escomecen a facer eventos literarios para animar os máis novos a que rompan con este sistema pre-establecido que tanto dano fai as nosas vilas. A responsabilidade recae integramente nos proxenitores porque as escolas só imparten as materias que bendice o gobernallo nacional ainda que outros Países europeos confían nos seus mestres e cada profe fai o que está o seu alcance para dar formación i educación nas aulas, pero, repito, o sistema educativo, aqui, non é educativo senón que hai un contido limitado que se imparte a todos os nenos por igual e a educación xa é cousa da casa de cada un ……e na casa, o pouco tempo que andan por alí os nenos, por norma xeral, a pregunta máis común é : – E a ti …. ¿que che enseñan no colexio? Pois….meus nenos, ante esta pregunta de vosos pais deberiades respostar …..  – O da miña educación, polo momento, é cousa vosa, no colexio só damos materias, exercicios e algunha excursión ….. e nada máis. Cando un neno nace nunha casa chea de libros onde todos aman a lectura, por empatía, acaban copiando os maiores e acaban xogando coas letras e leen polo mero placer de saber algo máis, ¡¡¡como debe ser!!!!.

Amigos, veciños, lectores, vou revelar aqui un gran segredo ….. os libros, se lles levantas a tapa…… non explotan.

Redacta:  Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO

oscardesouto@hotmail.com

1413812583_1 (1)

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en EN LAXE, OS MENIÑOS, …… ¡¡¡¡¡ ESCOITAN CISNES !!!!

O DÍA DAS LETRAS …. SEN LETRAS

Nas nosas comarcas celebraron o “Día das letras galegas” na honra de quen determinou que un escritor de dereitas e pro-franquista fose o finado homenaxeado neste 2015, e decidírono asi só por amolar…. a quen lle amole. E foi un paupérrimo titular de prensa na “Coz de Malicia” , só por esta vez escrito en galego, só unha vez no ano, como único agasallo das altas esferas …. iso é como un desprezo comedido, argallado con moi pouca clase….., máis ben ningunha. Isto é algo somellante a festexar o día dos enamorados cun paseo de cinco minutos pola plaia e ser un maltratador agresivo o resto do ano, dame que ademáis, neste caso, atopei o exemplo perfecto.

galega800x600O único concello que fixo os deberes foi o de Fisterra xa que Branca Vilela ainda argalla recitais de poesía e actos culturais dignos do día máis importante para os amantes do noso idioma e da nosa existencia por nacemento. Reunindo gran parte do vello batallón literario a gran homenaxe ás nosas letras foi ali, no fin do mundo, contando cos escritores vivos e coas verbas presentes como embaixadoras da Terra, do Mar e do Verso, ….. ¡ como ten que ser !

Nembargantes as grandes fundacións, con  fondos dabondo, decidiron apostar este ano por paiasos, teatro, contos e todo tipo de funcións circenses contando con xente de fóra, previo pago, principalmente, e despreciaron os centos de escritores que temos na nosa rexión, foi un día das letras…  pero sen as letras.

10518686_10202924703583391_3395078089151809313_nEu celebrei este gran día recitando nas terras do norte, no Cabo Prior, coa xente da vila de Covas como patróns do barco e contando con poetas vivos: Iolanda Teixeiro Rei (Ferrol), Miguel Melero (Culleredo),  e Mar Beres (Güitiríz)…. ademáis sen fondos e cunha soa bandeira, a nosa bandeira branca e azul, entre amigos fixemos unha foliada con versos e guitarra, ainda que o meu corazón estaba soñando con recitarlle o meu Pobo, na miña Patria, no meu eido, pero ninguén é profeta na súa terra mentres as nosas cousas máis importantes sigan nas máns de catro lampantíns, coma sempre.

Revolucionariamente,

 

Óscar de Souto.

PINTOR DE FOLLAS EN BRANCO

 

oscardesouto@hotmail.com

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en O DÍA DAS LETRAS …. SEN LETRAS

II ESCOITO CISNES – FERROL 16 DE MAIO

Os círculos abertos celebrarán, ó seu xeito, o día das letras recitando para o pobo e coas portas abertas. Será un recital con música e amistade, entre amigos, para que a poesía, a música, e maio, se xunten o norte das palabras.

 

 

Os artistas que participan desta volta no segundo Escoito Cisnes Ferrol 2015 son:

– Iolanda Teixeiro Rei,

– Mar Beres,

– Miguel Melero,

e Óscar de Souto.

AINDA FALTAN ALGUNHAS CONFIRMACIÓNS

11179994_1647682332133604_669735514_nCONVIDAMOS A TOD@S OS AFECCIONADOS A POESÍA A ESTE EVENTO ENTRE AMIGOS COA XENTE DE A PÉ FESTEXANDO A NOSA VERBA AINDA VIVA,  ………………….. CONVIDÁMOSVOS A QUE NOS ACOMPAÑEDES NESTA CELEBRACIÓN COA PORTA ABERTA.  

MEDRE A POESÍA !!!!!!

ORGANIZAN : Iolanda Teixeiro, Mar Beres, Miguel Melero, Óscar de Souto, Mari Lago, e Comisión de Festas de Cobas 2015

 

 

Evento en facebook :

https://www.facebook.com/events/912546172139391/

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en II ESCOITO CISNES – FERROL 16 DE MAIO

RADIO RONCUDO CORME, A NOSA RADIO LIBRE

 

 

 

 

 

RadiosNo ivox de radio roncudo están xa descargadas as grabacións dos programas de radio xa emitidos polas ondas libres desta radio comunitaria que emite música, novas, literatura e todo tipo de cousiñas de interese, esta radio veciñal con moito sabor a sal está resistindo dende Corme para o mundo enteiro.

 

Poderedes escoitar as radios da Costa en vivo i en directo, de balde, dende internet nestas entradas:

https://radioroncudo.wordpress.com/

http://radioneria.blogspot.com.es/

 

Medre a poesía, medrea radio, medre o mar, e medre a Comarca !!!!!!!

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en RADIO RONCUDO CORME, A NOSA RADIO LIBRE

AGORA QUE AS NOSAS CASAS SON A CASA DO MAR

Os novos heróes da nosa costeira foron mariñeiros de Muxía que rescataron a uns navegantes ingleses e acubilláronos nos seus fogares tal e como se facía nos séculos pasados, roupa seca, comida quente e unha cama na que repousar, a vella lei do mar.

xose-iglesias (1)

imaxen de Xosé Iglesias

Esta historia non aconteceu fai cen anos, non, ocorre neste mes de florido de maio de 2015 onde, a falta de todo, menos indecencia, que deso temos superávit, tamén é patente na nosa costeira malferida, xa sen redención posible, porque nin Casa do Mar se quera, nin eso. Teñen que ser os nosos mariñeiros os eternos gardiáns deste atlántico embargado. Xa nolo confirmaba un mariñeiro de Cee cun artigo moi poético que, facendo soar a súa buguina falanos en video, dende o seu barco, e cóntanos a dura realidade da xente do mar, moi dura. Xosé Iglésias tamén é un loitador da proa a popa como Francisco Castro, o patrón do barco Os Castro de Muxía, que foi nova destacada estes días por tan notable suceso que alterou os rumores, disques e diretes das nosas vilas mariñeiras. Hoxe, as lonxas, teñen as horas contadas e mercaremos peixe de fóra, a prezo de ouro, moi pronto, mentres subvencionan o desguace da nosa gran armada invencible que xace derrotada neste xogo de cuotas e maletíns, un novo xogo que endexamáis pensamos que afectaría tanto as nosas humildes vidas insignificantes.

Apagaron aquel berro mariño da vaca de Fisterra e agora son as caramuxas ancestrais as que que se laian fortemente como un derradeiro mayday, último aviso sonoro, neste velatorio imparable do que somos testemuños e victimas, calados ou non.

Medre o mar !!!

Redacta: Óscar de Souto

Pintor de palabras.

oscardesouto@hotmail.com

Foto: Óscar de Souto en Fisterra

Foto: Óscar de Souto en Fisterra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

http://www.medreomar.gal/xose-iglesias-a-union-europea-e-un-cancro-alleo-a-nos/

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en AGORA QUE AS NOSAS CASAS SON A CASA DO MAR

OS NOVOS POEMAS DE RICARDO SOUTO

galega800x600

 

Erguinme da cama cavilando

Quen nos ensina a nós poesía,

Se temos de mel a nosa fala,

O que ben se nota escoitando.

AUTOR :  

FONTE: http://lembranzasdelecer.blogspot.com.es/

——————————————–

 

374006_2065780382271_1782255498_n

Cando esteas no camiño

Non penses xa no destino

Ele, xa elexiu, ese camiño

Sin destino, non hai camiño

Camiña pois nel ao teu xeito

Aló onde chegues é o destino.

AUTOR :  

FONTE : http://lembranzasdelecer.blogspot.com.es/2015/05/teu-destino.html

 

 

OUTRAS ENTRADAS DE ESPECIAL INTERESE :

http://lembranzasdelecer.blogspot.com.es/2015/05/para-vos-no-dia-das-mamas.html

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en OS NOVOS POEMAS DE RICARDO SOUTO

O BOTÓN VEMELLO

¡ Non me ía internet ! ¡ Menudo drama ! Ata que caín na conta de que o modem marcaba un botón vermello no apartado que poñía …. INTERNET. Efectivamente, ¡ non teño señal de internet ! E foi nese preciso instante, case máxico, onde caín na conta de cal é o gran problema que temos e cal é a dichosa solución, prendíuseme a bombilla e descubrín o pastel, polo puto botonciño vermello.  A dichosa solución é o cabrón do botón vermello …. esa é a chave de todo o asunto ……,  ….. ¡ eurekaaaaa !Eject_by_jsdu19

E lembro ben aquelas pelis dos anos setenta cando algún mando militar chamaba o dichoso TELÉFONO VERMELLO e, normalmente, collía o teléfono o Señor Presidente. Lembrei tamén, que o Sistema económico Capitalista que temos baseouse no LIBRE MERCADO e, como non, pouco despois, decatámonos que o mercado en ningún momento foi libre, e claro, eso quere dicir que o Sistema está fundamentado nunha nube de fume, nunha mentira, e o chegar a esta clave tan sinxela, tan tonta, que cousa tan entendible…. ¿non? Pois chegados a este punto …. pregúntome a min mesmo :

 – e …. ¿se xente que non coñecemos domina o mercado, a bolsa, e o goberno, de todo o planeta, se esta mentira chegase o seu final ? ¿qué pasaría? ¿ quén controla o teléfono vermello agora mesmo ? ¿quenes son os donos dos cartos e do poder e da economía de todo o planeta? Pois está claro, o que ten moito capital en black, as mafias máis xigantes endexamáis vistas!!!! e …. claro, se a esas mafias macro-económicas que controlan a euro-diputados, presidentes, senadores, lobbys, medios de comunicación, bolsas, a santa sede de Roma e o mismísimo banco do Vaticano, e todo o Sistema por completo e …. ¿se os seus asesores económicos lles comentan que gañan máis poder e máis diñeiro apretando o dichoso botón vermello ?

 Pois a resposta queda clara…… estamos jodidos !!!

20804_957861037600098_8526806525723853757_nEsa é a solución do problema do noso mundo no presente, separados, aillados, descomunicados, desinformados, ou excesivamente malinformados ou as dúas cousas….. pero,  en definitiva,  sen o control do botón vermello, estamos moi jodidos, e esa é a solución do nos dichoso problema. E nin sequera a podo redactar aqui por completo para poder seguir escribindo mañán, …. pero case, case, case a chego a redactar aqui, neste artigo, case, case, andivo moi preto.  Faltoulle só unha liña máis e redactoa por completo.

Replúcica Independente de Neaño,

Comarca de Bergantiños – 29 / 04 / 2015

Redacta :

Óscar de Souto.

(Un, eu, un só, un nada máis, entre os 7.000 millóns de  jodidos que somos na actualidade)

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en O BOTÓN VEMELLO

SEN CORPO PRA FESTAS

SAM_0495A Basílica de San Pedro,  o Santo Cristo do Bazil, o santuario de Muxía, e agora tamén cae un raio no cuceiro máis enxebre do famoso fin do camiño. O Xefe anda anoxado, con alguén, eso está claro, e ademáis onde pon o ollo, pon o raio.

Porque xa remata o mes de abril e comeza xa a temporada salmonera nestes rios sen salmóns mentres se abre a veda os contratadores indiscriminados de orquestas i eventos varios, colleitas de toda clase, e xénero, e número, pero a hora de ir pra leira ninguén se achega ó sacho, ……nooo….¿o sacho? …. ¡¡¡ queima !!!

Non queda outra que refuxiarse na literapia, alleo a esta incultura que algúns alimentan e, seguirán alimentando, mentres eu, cun libro na man, e co televisor apagado, escribo estas liñas en bata e zapatillas como para contarvos algo de andar pola casa. E lembro aqueles batallóns literarios, hoxe dispersos, e ós mozos e mozas que andan pola emigración, e lembro, aquel pobo ergueito e vivo, …. e alegre, que un día ollei, bailando na madrugada, e hoxe, a desnutrición de moitos conveciños é un feito, o paro reinando este reino sen rei, a emigración tocando xa o teito, co agravante da xente que retorna, que esa é outra, e a censura nos xornais intentando non contar as cousas de valer, ….. e ante todo isto …… a un ….“xa non lle queda corpo pra festas”.

Óscar de Souto

PINTOR DE FOLLAS EN BLANCO

oscardesouto@hotmail.com

Neaño, 28 de Abril de 2015

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario

A INDECENCIA DOS INDECENTES

O respeto e a tolerancia son básicos para a convivencia pacífica e para o entendimento inter-persoal pero tamén sucede que existen individuos que non toleran nin respetan a opinión dos demáis e procuran que o escritor cale a boca, é moi común, chámase censura.

E FALEMOS, DESTA VOLTA, DE COLECTIVOS LITERARIOS:

20150419_184016Tolerancia, respeto, liberdade. Cando un pequeno grupiño de amigos toman, por asalto, unha sala para tomar decisións fundamentais sobre un colectivo literario, por exemplo, deben ter en conta a todos e cada un dos membros de dito colectivo, no presente e no pasado, e moito máis, se esa reunión é un segredo a voces. Calquera decisión que se consolide en dita reunión clandestina non se debe determinar como democrática, …. se de catrocentos membros só acuden sete a dita conferencia…. Deben ter en conta, estimados lectores, que unha reunión, en segredo, nunha sala privada pero nun local público, sen a configuración legal de dita formación, asociación, fundación, etc, …. tratarase esta, dun acto ilegal, según as leis vixentes e según a constitución. A ética e a moral de calquera ser humán, mínimamente decente, levaría a estes elementos a facer unha convocatoria aberta, como se fai normalmente, para que en reunión extraordinaria, convocada pola directiva e ordenada polo Presidente, en dita xuntanza debatir calquer orden do día, con acta con e Secretario/a, tal e como debería suceder, lonxe desto, nada pode acabar ben. ¿Por qué? Pois porque existen certos escritores que loitan a prol da lingüa, da idiosincrasia do seu Pobo, da historia da Literatura, sexa na cidade que sexa en calquera punto do seu amado País, e tamén, como non, a prol da decencia, da ética, da moral, da tolerancia, do respeto, da liberdade de opinión, dese respeto polos vivos e tamén polos mortos, porque, tarde ou cedo, estes escritores decentes, HONORABLES, acabarán sendo cronistas necesarios….  narrando, en primeira persoa, a indecencia dos indecentes. Pois non existen poetas mansos, pero, si existen malas persoas, con moi malas intencións, procurando endeusarse, sexa como sexa, e sen ningunha clase de escrúpulos, facendo todo tipo de ultraxes e raposerías que danan gravemente a poesía e danan a todos e cada un dos que a valoramos.

E, falando de escrúpulos…..

FALEMOS TAMÉN  DE HOMENAXES:

big_19152890_0_399-300Como falar non ten cancelas, se un sabe ben o que di e….. como o di, evidentemente. Falemos aqui de homenaxes e de poesía. As obras dun poeta pertencen a familia unha vez que ocorre o pasamento, ese momento final que a todos nos chega, e ten que ser a familia a que (por escrito) permita homenaxear ó seu ser querido, ou tamén os propios familiares, os que dirixan o debandito homenaxe póstumo, case sempre ocorre anos despois do suceso, polo respeto lóxico, pola dor, por esa mágoa atroz de perder a alguén moi querido. Ocorre, en certas ocasións, que a familia non é fan da poesía, nin moito menos, e chegados a este punto, debe ser respetado este punto, como é lóxico, o desexo dos herdeiros da obra e únicos responsables da figura que representa dita persoaxe, serán os que den un paso adiante para, con ou sen apoios institucionais, crear un acto de homenaxe a dito poeta.

Setenta anos de respeto que terminan na consecución inevitable do “home que escribe” cando, nesa metamorfose, longa e dura, chegamos o cumio, o coroamento póstumo executado por todo un Pobo, …que finalmente recoñece a importancia do xenio indiscutible, case sempre, fusionados poemas e feitos, como elementos fundamentais para proclamar a un sinxelo escriba como …..  poeta do Pobo.

Redacta:  Óscar de Souto

APRENDIZ DE POETA

 

“El sabio puede cambiar de opinión. El necio, nunca.”
Autor: Immanuel Kant

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A INDECENCIA DOS INDECENTES

OS TIMADORES DA BOMBONA

Esta primaveira de 2015 ven plagada, plagadísima, de todo tipo de timadores e “artistas de guante blanco” que revisan o gas, remexen na factura la luz, trócanche a compañía de teléfono, ou lian a calquera nun “vira-vira” con toda clase de estraxias de raposo cando, en realidade, só pretenden esa ración de cartos en efectivo que gardan na casa, os nosos anciáns, para abonar este tipo de incidencias extraordinarias.

butano2O modus operandi é moi sinxelo, primeiro fan unha oportuna chamada a un teléfono fixo, con calquera disculpa absurda, só para comprobar se hai xente moza pola casa, e, acto seguido, aparecen pola porta e, a boa fé dos nosos maiores, fai posible que máis de trinta empresas fraudulentas e outros tantos timadores profesionais, uns máis que outros, operen (hoxe en día) polas nosas comarcas (Bergantiños e Soneira), …. e fano, principalmente en casas humildes de aldea usando toda clase de artimañas e desculpas …. por exemplo: un cargador de pilas dos chinos (que vale só tres euros) e véndencho só polos gastos de envio (quince euros, vinte euros) argumentando que é un trebello aforrador de electricidade estupendo. Todo o mundo se rie deste asunto pero, non son poucos os que ainda o teñen enchufado na casa, …. (por seas caso). As autoridades están moi ocupadas resolvendo cuestións moito máis graves, por isto motivo,  non teñen tempo dabondo para perseguir a estes asaltadores de camiños que fan das súas con total impunidade. Lamento moito, eso si, que non teñan a fermosa afición de sachar na leira, ir o xornal no tempo da sementeira ou claquera outro deporte dos que practicamos por aqui, pero, lamentablemente estes raterillos de pouca monta prefiren atacar ó animal débil e fano a plena luz do día…. sen medo a ninguén…… ni a nada. Se estes asaltos premeditados fosen a vivendas de alto standing, moi posiblemente, estarían xa en prisión preventiva a espera dun xuizo, que con total seguridade, os levaría directos o único lugar onde comen e beben sen ter que traballar.

Redacta: Óscar de Souto 

PINTOR DE FOLLAS EN BLANCO.

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en OS TIMADORES DA BOMBONA